lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

DESDE DENTRO DO CORAZÓN XA É FINALISTA!
Si, amigos e amigas, o noso documental (noso no mais amplo sentido da palabra abarcando a todo aquel que observa e participa deste blog) xa chegou a final dos Jerry Goldsmith Awards, unha das mais importantes certames de música para películas do mundo e que se celebrará en Córdoba o vindeiro mes de xuño.

Dos cinco finalistas, somos os únicos representantes de España na sección de documentais. Os outros traballos son de Colombia, Francia e dous do Reino Unido. Isto nos satisface mais xa que un pequeno traballo realizado en, e de Vilagarcía, alcanza os mais altos honores. E só levamos dous meses desde a súa estrea no Liceo Casino

O maior mérito, é de xustiza decilo, a de recaer no compositor da banda sonora, o noso amigo Arturo Solar. El supo colocarlle as nosas imaxes aquel sonido que precisaba para alcanzar a emoción que emanaban delas e das testemuñas.

Tamén temos que recoñecer aos outros músicos que aparecen ou interpretan os temas de inicio e final do documental Desde dentro do corazón.

Por iso vos deixamos un dos vídeos que gravamos no Teatro Principal de Pontevedra (a onde tivemos que dirixirnos ao non nos permitir facelo en Vilagarcía) dos momentos da interpretación, neste caso, do tema O mio babbino caro, por Loli Crespo e Alejo Amoedo.

Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2013 00:49
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Hola a todas-o:
Xa cho dicia eu nun comen#blgtk08#tario anterior, dereitiños aos Oscar. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (29-05-2013 09:41)
2 Desde Brasil, enhorabuena a los incansábles rectores y colaboradores do Faiado, por tan destacada participación del documentário "Desde Dentro do Corazón", disputando ahora con los mejores del mundo. Habéis conseguido llevar #blgtk08#Villagarcía de Arosa hasta los pínáculos de la cultura mundial...!.
Ya sois vencedores por llegar tan lejos, pero seguro que conseguiréis también el "Oscar", como dice Mari Patiño.Saludos carinõsos de Ane y José Manuel.
Comentario por José Manuel Casalderrey (29-05-2013 13:32)
3 O VELLO EDUARDO, algo sabía...
========================================
Houbo un tempo que eu, sentíndome moi optimista (moito máis que hoxe), dixen o que iba a vir, sin ter remota idea de todo canto faltaba por chegar. Porque, ése era o meu desexo e parece ser que o vello de "arriba de todo", me fixo caso.
As cousas hai que saber pedilas para que se fagan realidade.

Cando eu escribira aquélo, alguén do FAIADO me contestou como si quixera mofarme dos que traballástedes a reo. Soio quería darvos un pouco de optimismo para chegar á meta, o millor posible. Despóis de todo o que se leva sufrido á espera dun millor resultado, soio faltan esos metros para romper a cinta do campeón. Eu tamén falei do OSCAR, no plan optimista, sin saber nada polo que había que pasar...

No mundo do fútbol, p.e., o tirar un penalti e marcar gol, parece igual para todos, e non é así. Porque hai a parte psicolóxica do lanzador e tamén do porteiro, que ten un 50% de acertar e impedir que o balón traspase a liña da meta. Hai veces que parece máis fácil que outras. A inseguridade do lanzador, o porteiro pode notalo e daquela, xa non é un 50% de posibilidades. É menos. Quizá a cousa está en un 30%, máis ou menos. Si quen bota a falta domina ben o balón pode marcar fácilmente, porque pon o coiro lexos do alcance do porteiro. Así de fácil, cando todo parece fácil. Hai xogadores, que se negan a lanzar un penalti, porque non ten moita seguridade do éxito final...

Volvendo ós éxitos do FAIADO, eu sería moi feliz si conseguírades o que todos desexamos para o "noso equipo". E daría moitos ánimos para futuros traballos, como todos temos que imaxinar. Oga#blgtk08#llá que todo esto acabe dun modo moi bonito, para que poidamos brindar polos nosos artistas. Non todos teñen porqué ser dalá do fin do mundo americano. E con eses nomes tan difíciles de escribir... e falar. Co fácil que é chamarse MARGARITA e ANTONIO, que sempre foi santo, abogado das modistillas madrileñas. Xa veredes coma os meus santos, nos van a axudar...¿Ou pensades que eu veño do inferno?

Xa vedes como tamén MARY PATIÑO, a miña amiga, tira do carro como calquera dos que levades as riendas. Como sabedes, eu teño a película que comprei na Librería FOLLAS NOVAS de Santiago. Son de esas cousas que me gusta ver máis de unha vez. Cando recordo o Cabo Razo, alá polo ano 1958, recordo que uns días despóis, se casou a miña muller... ¡Sí!
E que guapiña iba. Fixo as BODAS DOURO hai uns anos, alá por 2008. E agora, a pobre, non fai máis que darme sustos, desos de morrer.

A ver si co novo Papa arreglamos esto,
para que non se volva a repetir. Si llo digo ó meu Cura, enseguida me dí que pasa por non ir moito pola Parroquia.
¡Meu probe, segue igual que sempre!...
.......................................
"Alá arriba o coitadiño,
ouía gromas e cantigas,
e cecais Rosa se ría,
mentras él se enrabexaba.

Por fin, cando xa Martiño,
se iba a meter na súa casa;
Rosa somouse, i entonces,
trabaron estas palabras:

-Gracias a Dios, miña Rosa,
¿Dásme un ramiño de albahaca?;
-Cando o que podo me piden,
nunca neguei nada a nadia"...
..................

Manuel Curros Enríquez
en "AIRES DA MIÑA TERRA".


Comentario por E. García - Santiago (29-05-2013 18:03)
4 Yo espero que os den el premio, pero creo que ya es un triunfo muy importante estar entre los cinco fin#blgtk08#alistas, pero ahora hay que rematar la faena, de todas formas enhorabuena por esta nominación.
Comentario por Elena (29-05-2013 22:13)
5 Non van ser todo malas novas, eiqui temos unha boa. Moitas felicidades Antón e Margarita, e tamén #blgtk08#a tódolos colaboradores.Imos cruzar os dedos.
MOITA SORTE E MOITOS EXITOS
Un abrazo
Comentario por Lolita Camiño (30-05-2013 10:00)
6 Enhorabuena, por la buena noticia de estar en los cinco finalistas, me supongo Margarita y Ant#blgtk08#onio que estareis felices y nerviosos a la vez a la espera del resultado.Un abrazo a todos-as
Comentario por Margarita Mosquera Porto (30-05-2013 10:31)
7 A Margarita a colledes con cara de susto nun mundo que nada ten que ver con ela, o Antonio é o que ten practica na autoria dos documentais e tamen nos p#blgtk08#remios, pero os tres conto con Arturo estamos felices. Gracias compañeras y compañeros vosotros tambien apoyasteis este proyecto, un abrazo de gratitud
Comentario por Margarita Teijeiro (30-05-2013 21:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal