lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
EN ABRIL, DEUVEDÉS MIL (ou mais) |
|
 A partires do martes, día 2 de abril, xa estará na rúa o DVD do documental "Desde dentro do corazón". Xa podedes disfrutar na vosa casa destas historias saidas dos corazóns de moita xente e que queren entrar nos de outras moitas personas.
O deuvedé, cos extras que permiten poder ver as distintas historias por separado, subtítulos en castelán, unha curta documental de Xesús Méndez do ano 1979 sobre o berberecho e a ameixa e os seus conflictos,... vai a estar á venda nos seguintes sitios:
Vilagarcía:
librería NOBEL (Edelmiro Trillo, 19)
librería PAMPÍN (Juan Francisco Fontán, 4)
kiosco CORA (centro Comercial)
Vilaxoán:
estanco de CELIA (praza Rafael Pazos)
estanco das FARAS (avda. de Cambados)
O Carril:
kiosco WALDINA (Rosalía de Castro, 204)
Pontevedra:
libraría PAZ (Peregrina, 29)
Santiago:
librería FOLLAS NOVAS (Montero Ríos, 37)
libraría PEDREIRA (Home Santo, 55)
Vigo:
librería VERSUS (Venezuela, 80)
Ademais tamén se poden conseguir en tódala rede de librerías NOBEL de España (Ourense, Vigo, Conxo (Santiago), Cambados, Vilanova de Arousa, A Coruña, Ferrol, Burela (Lugo), Águilas (Murcia), Molina de Segura (Murcia), Rivas Vaciamadrid, Clara del Rey (Madrid), Villamuriel de Cerrato (Palencia), Palencia, Valencia, Torrent (Valencia), Vila-Real (Castellón), Castellar del Vallés (Barcelona), Pineda de Mar (Barcelona), Vera (Almería), Balaguer (Lleida), Granada, Cáceres, Cortes de Aragón (Zaragoza), Santa Isabel (Zaragoza), San Pedro de Alcántara (Málaga), Valdepeñas (Ciudad Real) e Orihuela (Alicante).) así como a través da súa páxina web www.libreríasnobel.es.
Decir que "é difícil de atopar" vai a ser imposible. En todo caso é por que xa se esgotou. Haberá que ir facendo reservas de aquí ao martes (so faltan cinco días e a maior parte festivos) tendo en conta de que a primeira tirada non vai a ser moi grande.
O precio de saida será de 15 ?. Toda unha ganga xa que está pensado para os tempos de crisis e de que a súa visión produce no corpo un placer que non o supera unha estancia nun spa ou balneario.
Lembrar que os patrocinadores (personas ou empresas) que fixeron unha donación de 20 ou mais euros terán a súa disposición unha copia deste traballo que lle será anunciado por correo para vela forma de recollelo.
Gracias a todos e todas que estivéchedes ahí e que estaredes presentes nos próximos traballos que realicemos. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|