lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

GALA DO DIARIO DE AROUSA

Estamos coma sempre....embalados, temos que facer un traballo audiovisual para `proxectar na gala do Diario de AROUSA, se nos fixo o encargo e nos encantados, pero co que temos encima fainos andar de aquela maneira. Por certo, non perdades a gala, vai ser de traca, grande, é o traballo do Faiado, hai que velo. Sera o proximo dia dezaseis de Marzo
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2013 07:40
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Hola a todas -os:
Eramos poucos.....
Esto de ser famosos, e moi canso, menos mal que xa estades a mil revolucións, e, podedes c#blgtk08#on todo o que vos pidan. Cousas da fama.
Mágoa que non poida ir a gala, pois por esas datas, estou de viaxe, outro día será. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (04-03-2013 22:14)
2 ¡Veña¡.... A traballar a destaxo ata o dia 16 pra nos presentar un bo documental,(cousa que non poño en dúvida).Xa estou desexando ver, Desde dentro do corazón,que p#blgtk08#olos comentarios recibidos,é todo unha mostra do traballo ben feito...Merecédelo polo voso ahinco.Dicir de paso, que a foto e unha pequena xoia do Carril.Unha aperta
Comentario por Roberto Ocaña (05-03-2013 00:44)
3 Esta parte do paseo Marítimo, e o tramo final, si vés de Vilagarcía, polo mesmo Paseo. Ignora cántos metros ten ése percorrido. Penso que desde FESDEGA, pode haber 1700 metros, máis ou menos. Pero se fai nun anaco porque todo é moi variado. Xente que ven ou vai, todo, perfecto.

En ésa foto pode verse un Bar-Café que sole ser parada para todo o meu grupo, en total 8 persoas. Bon servicio e como ten terraza polo verán, sempre aproveitamos para sentarnos e dialogar entre nós. Vale a pena a parada porque o trato é exquisito e os prezos serán coma os outros, máis ou menos.

Como ignoro o nome deste Café-Bar vou deixalo de mán porque podo tropezar e non deseo recibir unha reprimenda. Outro día farei o posible por visitar o Bar do Berete. Un home apreciado en Vilagarcía pola súa nobleza cando xogaba ó fútbol no Campionado de Modestos de Arousa. O San Martín de Vilaxoán foi outro club modestos dos grandes, porque era apoiado pola clase mariñeira. Alí, escomenzaron a xogar homes da talla de Sarío, Serantes, Chocolate e outros que me é difícil recordar. Pero era un equipo moi bon, cando xogaba contra equipos da Ría; Céltiga, Vilalonga, Cambados, Póboa, Ribeira, etc. Sempre era este equipo de Vilaxoán como o Real Madrid na Primeira División da Liga BBVA. Co equipo, cando se xogaba fóra, iba acompañado de unha man chea de socios e simpatizantes que poñían a "salsa" para o que iba vir despóis. Todo con mo#blgtk08#i boa armonía e ademáis acompañaban cos seus cánticos moi amistosos.

Como formábamos un equipo duro de roer era normal que ganara e coa alegría da victoria, viña o resto. Pero respetando sempre ó equipo rival, como é de supoñer. E tamén a afición de turno. O pasábamos moi ben que era a parte principal da cuestión. Era tan importante a victoria, coma o comportamento da nosa afición e o equipo do San Martín de Vilaxoán.

Con frecuencia encontro por aquí, en Santiago a un home que xogóu no San Martín e cando falamos deste equipo se emociona coma un rapaz, e ten xa, máis de 80 anos. Recorda e o vive con moita pasión o ben que se portou sempre esa xente mariñeira de Vilaxoán. Me decía que nunca viveu cousas como aquélas con xentes diferentes, como era aquéla xente mariñeira, pescadora... Creo que vale a pena oílo, porque sabe valorar e moi ben, o carácter da xente nosa.

O digo para que sepades que hubo xente que se deixóu querer pola de ahí e hoxe se lle empañan os ollos mirando "hacia atrás", hay máis de 60 anos, por poñer unha cifra. Se chama Carlos (non sei apelidos) e foi moi bon plateiro, para máis señas. Como xogador, creo que cumplía moi ben.
.......................................
"No hay quién pueda,
no hay quién pueda;
con la gente marinera,
marinera, pescadora,
no hay quién pueda,
por ahora"...
...........
Comentario por E. García - 26.03.2013 (25-03-2013 22:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal