lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Unha Benvida

Pois si para o noso blog e unha ledicia contar cos comentarios de Eduardo Garcia "Cousas de Eduardo". Como un terremoto maravilloso vai desgranando e contandonos as lembranzas de parte da sua vida. Eduardo ten un blog, o Faiado ten un link que vai direto a os traballos de Eduardo. Repetimos e unha ledicia escoitarte Eduardo, GRACIAS
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2012 18:09
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Hola a todos, que pena de casa, co bonita que era, quen me dera que alguén a mercara para facela de novo, tal cual, como a recordamos ós vilagarciáns e p#blgtk08#ara que, os nosos netos víran as cousas bonitas que tiñámos fai non tantos anos, pero penso, que, vámonos ter que contentar con ver unha foto. Un saudo.
Comentario por Mari Patiño (26-12-2012 21:07)
2 Foi para min unha sorpresa ver que os meus artículos valen para algo e que no
mundo non estou só. Que hai xente que
lee. Xa me gostaría a min leer cousas
como as que eu escribo. Esa casa que
puxéchedes estaba na beira de rio Con ó
lado do Lavadeiro Público moi grande.
Tantas mulleres lavando... Tantos traxes á medida feitos no momento. Non
sei o que pensarían as mulleres de aquél tempo, hai 70 anos ou máis. Esa
casa era de unha familia de maestro/as
e tiña dúas palmeras diante da casa.
Era un camiño para mín de tódo-los días
porque a miña Escola estaba frente á
Igrexa Parroquial. Era a Escola de Don Santiago. Ó chegar a esta finca que non tiña a cancela pechada, tirábamos
pedras á palmera (había dúas) e cando
acertábamos caían os dátiles é iso se
agradecía moito nos anos da fame. a esa
hora non había nadie, porque eran maestros e tiñan que e#blgtk08#star na escola ou
en camiño. Era antes das tres da tarde.
A veces, as pedras iban parar ás ventás
e rompiamos os cristales. Eran moi ricos aquéles dátiles e a fame facía o resto. Chamábanlle os Sres. de Reigada
é eran moi boa xente. Sabían que éramos
meus hirmáns e máis eu,pero nunca foron
falar co meu pai. Nosoutros vivíamos
nas Bocas. E casi sempre tíñamos ese camiño hasta a Escola. ¡Qué tempos tan
felices a pesar da fame que había nas
casas! Había moitos pratos, pero nunca
se poñía algo que valira a pena. Como
non había pan que estaba racionado,
pasábamos a lengua polo prato e quedaba máis limpo que si fora a un lavavajillas de esos modernos...
Nos anos cuarenta a xente estaba tan
fina que parecía sacada do Museo de Cera. Había que comprar colorete para nenos e mulleres. Dos homes, non falo porque eu, era neno

Cousas de Eduardo EGG
Comentario por e. García González (26-12-2012 21:08)
3 Está visto que o meu non é a informática. Nacín moi pronto e por iso
quedan as cousas mal postas. non como
eu hubera querido. Quero facer as cousas ben, pero non me salen, por todo
esto, pido perdón. Fun tipógrafo na
miña vida laboral, pero esto de agora non é o meu. Vos rodo que teñades un
pouso de paciencia con este vello.
Mil gracias. E teño que decirvos tamén que a xente do meu tempo están casi
todos con ordenadores do outro mund#blgtk08#o.
E hai outros que non saben o que gusta
esto de escribir para que outros o lean
MIL GRACIAS A TODOS VOSOTROS por leer
estas parrandadas da miña terra querida
Nunca creín que se lle pode querer tanto ó teu povo. Levo 56 anos fora de aí... e isto se nota moito. Sempre digo
que nacín nas Rías Baixas, cando non quero especificar moito. non quero ser
de outro povo. O meu, me henche máis en todo.

Cousas de Eduardo EGG.
Comentario por E. García G - Santiago (26-12-2012 21:32)
4 Eduardo.¡E vostede un fenómeno#blgtk08#¡...Así de claro o digo.Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (26-12-2012 22:54)
5 Eduardo, esa casa da foto non estaba no Rio do Con, era a casa da Familia Guimil no principio do Barrio da#blgtk08# Prosperidad, frente a casa de Cachumbala ¿Lembras Eduardo? Sigue a contarnos as tuas cousas, nos encantan
Comentario por FAIADO (27-12-2012 09:54)
6 A casa do rio do con era naque vivia Rogelio Otero o Pediatra, de feito as palmeras que ha#blgtk08#bia na entrada da casa, conservanse, donde agora hay un paso de peons, a altura de fexdega
Comentario por kaly (27-12-2012 16:35)
7 Tes razón, Roberto. Se da a casualidade
que meus abós viviron ó lado de esa finca. Enfrente do Balneario Municipal
de madeira. Eu falo dos anos anteriores
a 1940. Eu tiña oito anos. Había Escola
para nenos. En esa casa viviron os irmáns Güimil. Eran pequeniños e gemelos. Especialistas garganta, nariz e oídos. O outro creo que era oculista. A casa do Río do Con, que
había dúas parecidas, estaban no meu camiño para ir á escola de Don Santiago é vivíamos daquela en Las Bocas. Repito, tés razón, e cando hai
unha razón, todos a calar. Digo esto
para que te dés conta que naquél tempo
as casas podíamos contalas, porque nin
Dios facía u#blgtk08#nha, cando tanta fame había. Hasta os maestros pasaban mais... Non desexo polémicas cos meus
paisanos. Si as casas que se citan aquí
están en pé, podes observar a similitude que hai entre elas. Agora,
cando vou por ahí, casi non vexo ninguha. Vaise en coche e todo pasa
de largo. Se vive de outra maneira. Vou
decir tamén que o Balneario de pau, foi
tamén salón de baile de "tranca", si non sabes o que é, pregunta ós vellos.
Nos meus tempos, nunca houbo consulta
médica na casa do Con. Que eu sepa.
Quizá porque o camiño se facía en bici.

Cousas de Eduardo EGG

Cousas de Eduardo EGG

Comentario por E. García. Santiago (27-12-2012 17:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal