lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

TOCA ESTAR XUNTOS

Non tiñamos mais tempo, nin datas libres, decidimonos porque temos moi pouco tempo, tende en conta que sinon xa seria para o ano proximo. O dia 9 de Decembro no restaurante O Boliño de Tremoedo sexta comida do Faiado da Memoria, no mismo sitio que a ultima vez, porque todos e todas habiamos quedado contentos. Xa sabedes que podemos estar todas as horas do mundo, cantando bailando e parolando, boa falta nos fai, esquencer a crisis e todas as desgracias cantas trae.
O noso correo electronico e damemoria@gmail.com, ou apuntadevos aqui mesmo no blog, ou nos chamades por telefono. Mañan diremos o menu e o seu coste, xa sabedes que temos pouco tempo, é un domingo, non se traballa, pasaremolo ben
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2012 21:16
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 O vello Manso foi un acordeonista como para quitarse o sombreiro ante él. Eu o conocín e certos bailes de pago. Un deles estaba en San Roque (Covadonga), e alí actuaba o home como un espectáculo único. A veces era acompañado de outros chavales para poder botarlle unha man.

Recordo que naquél tempo non había micros para poder cantar, e este home desgañitábase todo-los días de festa.
Por alí andaban as parexas que bailaban cando O Manso traballaba e algún fotógrafo con máquina que sacaba as fotos despois dun fogonazo.

Aquelo era como desplazarse ós tempos de Napoleón e máis o Botella. Pero era o que había. Sempre estivemos moi atrasados en todo. Creo que si medimos o tempo, temos que irnos por aqueles anos da Guerra Mundial. Hai 65 anos. Agora anda o fillo por Vilaxoán cantando#blgtk08# cos nosos veciños na Praza do Campo da Festa. Aquelo é para velo. Non conozo cousa igual. Todo un povo cantando a eito, que sempre superan a vez anterior. Vaia coro se facía ahí... Antes dirixía Maximino(+). Pero agora o amigo Manso ten chollo a bondo. No ano 42 ou por ahí, recordo a Manso tocando nunha "cachada" de San Xoán, en Cornazo de Abaixo. Creo que alí mesmo vivía unha familia con apelido Oubiña, que nada ten co outro tan famoso. Creo que cobraba 20 pesos.

Meu recordo máis respetuoso para o gran acordeonista MANSO e seu ACORDEON.
.......................................
"Hai Pepiño adiós,
hay Pepiño adiós,
hai Pepiño por Dios, non te vaias,
a fuxir de nós,
a fuxir de nós,
non te vaias afogar na praia,
como nos pasou a nós"...
Comentario por E. García - 30.01.2013 (30-01-2013 21:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal