lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Artigo sobre unha foto do Faiado

Artigo escrito por Susana Luaña na Voz de Galicia, que fala das relacións sociais dos vilagarciáns nos bancos de Ravella.

A fotografía a enviou Miro Caamaño e está na Galería de Os bancos de Ravella.

Enlace ó artigo.

Comentarios (1) - Categoría: Os Artigos do Faiado - Publicado o 23-10-2012 19:28
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Creo que non é de recibo que alguén deste siglo, ou quizá do outro, se atrevera co Patrimonio de todo-los arousáns.

Todo o que deixaron os nosos antergos e que corresponde ao Patrimonio do Concello vilagarcián é para defendelo sempre. Que pensen que os nosos vellos sabían moi ben o que facían. Non podemos ir en contra de certas casas que eran monumentos da nosa vila, desapareceran víctimas dos cartos que se puxeron sobre unha mesa. ¡Así, calquera! Claudicamos todos, se queira ou non. Soamente se respeta aquélo que figura como Patrimonio Nacional.

De non haber sido así, todas as casas que están no casco vello de Santiago, desaparecerían, para buscar un mellor rendimento económico. Eu tiven un tío político que compróu unha casa no centro da Rúa do Villar, próxima á Catedral, e as súas escrituras viñan de fechas anteriores o Descubrimento de América..., que foi, como todos sabedes no ano 1492. ¡Xa chovéu! Moitas veces é complicado facer obras de restauración nestas casas, porque merecen un tipo de materiales e mán de obra adecuados á ésa época, e por tanto, todo é moi delicado, si se quere facer ben. En ésos anos en que foron construidas estas casas, para facer un tabique, non poñían rasilla e recebo, non. Se poñía unhas tablillas recebadas e eso non o sabe facer calquera hoxe. Son técnicas
de antes, que hoxe non pasaron de moda. ¡Os tabiques hai que facelos así! E non valen os modernismos de agora. Unha vez feita a obra,#blgtk08# vai o arquitecto municipal a comprobala. Non valen as nosas xudiadas, polo ben da casa...

Eu tamén creo que si temos que ser responsables de todo canto facemos, non sería mala cousa que a persoa "tan moderna", que se metéu co noso Patrimonio, que pague os danos habidos nun xardín municipal, como ése. E si ten que ir á cárcel, que vaia, tamén está agora Don Luis, aquél home rico, que escupéu moito ao aire, hasta que o "levaron en taxi", hasta a cárcel. Todo esto por falar de tantos cartos que lle roubaron a os pobres "ésos" de sempre. Que viven obsesionados cos sobres... Algúns eran sobres de Radiografías. Pero a xente sigue comendo nas esterqueiras. E veñan impostos. A eles non lles chegan os millóns. Ós obreiros, na calle e sin comer...

¡Que pase o que queira arreglar esto!. En Italia hai un 12% de Paro. Aquí un 27%. En Italia están asustados co deles, pero aquí nadie protesta. Con tal de que o Madrí gane adécima, vale.
Vaia país o noso, queridos galegos.
Agora sólo valen os Mercedes, Os chalés de 500 m. por planta. Cruceiros polo mar
casas en todas partes; e os nosos traballadores andan coas preferentes...
E os curas, caladiños!
........................................
"Máis son probe e ¡mal pecado!
a miña terra n'é miña,
qu' hastra lle dan de prestado,
a veira porqué camiña,
o que nacéu desdichado.
.................
Rosalíade Castro
Comentario por E. García - Santiago (29-06-2013 12:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal