lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

CHEGOU SEPTEMBRO

Tíñamos moitas ganas de que finalizara Agosto. Foi un mes tortuoso, con perdas irreparables, tamen para o Faiado, indudablemente.

Chegou Setembro, como a canción*, imos cara o outono, que tamén é unha bonita estación, ten follas caidas (traballo para os da limpeza das rúas que non falte), follas roxas, amarelas, esas postas de sol por riba do Barbanza, por riba do noso mar... ai, que bonito!

Bueno, imos dar unha noticia que igual é un pouco cabreante para os nosos blogueiros. Imos ter un tempo de traballo fino, temos que ter rematado para este mes o aporte audiovisual para o futuro Museo do Mar de Porto do Son, chegar ao remate de Desde Dentro do Corazón o documental que será integro sobre Vilagarcía coma xa ben sabedes, logo pensamos que para Outubro teremos que trasladarnos para o noso novo domicilio... todo esto vai para deciros que as subidas semanais nunca serán de mais de dez fotos. É imposible seguir desta maneira, con tantas fotos que dedicamos toda a semán a subida dos sábados. Non podemos seguir así polo menos nas próximas datas. Esperamos que sepades comprendelo.

No Agosto tamén fusionamos algunhas carpetas. esapareceu Dando a Nota, as súas fotos están agora en Terra de Artistas. As que había en color, dalgunha exposicion ou acto, as pasamos ao blog de O Paseante. Ainda nos quedan algúns arreglos no blog pero xa iremos aos poucos. Mañán diremos as fotos que temos no blog, tamén a cantidade de comentarios.

Escomenzamos hoxe unha nova etapa, un ano mais de blog, xa sabedes que hai moitas fotos sen comentarios, non nos gusta, nos parece un desprecio... ¿Poderíades facer un esforziño?

Subida de hoxe. Por ser a primeira pasamos do límite das dez fotos, pero so como unha deferencia logo de un mes de vacacións.

As 22 novas fotos están nas Galerías de:

ATOPANDO DETALLES (3)

CREO EN DIOS PADRE... (1)

TERRA DE ARTISTAS (5)

OS AMIGOS (10)

SEMPRE EMIGRANTES
(1)

RUBIÁNS (2)

Disfrutade.

(*) Para os que non teñan a cultura musical de Margarita temos que decir de que Setembro é unha canción interpretada pola portuguesa Madalena Iglesias que conqueriu o segundo premio da Canción do Mediterraneo de 1966. Ahí queda este apunte emocional.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 01-09-2012 19:49
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal