lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A BILBAO

A verdade e que estamos felices do conseguido para o noso documental, no Pais e un momento duro, dificil, nos coarenta deberon estar pior pero aquelo xa se esquenceu e iso de rascar o bolsillo para unha pelicula....pensandoo ben estamos quedando sin CULTURA, por falta de cartos, por falta de apoios de subvencions. Todo e tan triste, que si tiramos a toalla pode ser terrible. O que pasa que sin cartos non se fai...¡NADA! Non coñecemos a nadie que faga, que traballe gratis...

O Antonio onte con unha crisis de vertigo hasta as duas da tarde no hospital, as nove da noite sairon rumbo a Bilbao, a grabar a maqueta do Cabo Razo...bueno acabamos de falar e xa estan vindo de volta. Sin gastar en hoteles, pero unha forma un pouco "fuerte" de facer o documental, ou de facer calquer cousa, pero non podemos recurrir a o que non temos.

O documental xa vos dixen que a todos gustara, millor non pensar nos sacrificios, millor nas alegrias. Os soños, as esperanzas e de que todo saia ben. Por eso queremos dar as gracias a xente do blog que maioritariamente danos un pulo para axudar...por eso vai ser unha cooperativa de documental, vai ser de todos, asi o sentimos e temos que pensar que a estrea vai ser unha festa. Desde Dentro do Corazon do Faiado, Gracias, moitas GRACIAS


A Foto e do rodaxe no Gato Negro da parte adicada a o ouro nejro do Carril, Antonio entrevistou ese dia a Moncho "Pasensias" e a Julian Iglesias dous mariñeiros historicos, dous cachos de mariñeiros.

Fotografia do FAIADO DA MEMORIA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-05-2012 21:23
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal