lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O Sabado Ingles

O 29 de Xaneiro de 1921 Clifford Secly, de 17 anos, natural de Bristol e aprendiz de mariñeiro, faleceu en Vilagarcía a consecuencia dun golpe nun partido de futbol entre os ingleses e a nosa xente.

Xa poden vir os de Riotinto decindo que o futbol en España naceu en Huelva... pois non, naceu en Vilagarcia de Arousa (e as hemerotecas nos remitimos), enseñáronnos a xogar os inventores... os ingleses.

Amplio é o enraizamento que deixaron entre nós, tamén morrían con nos, por iso contamos cun cemiterio inglés a beira do noso, na estrada que nos leva a Rubiáns.

Os dos pobos de arredor aos de Vilagarcía chámannos...¡Ingleses!. Pois levan razon... temos un punto moi british.

Durante mais de sesenta anos viviron entre nós, divertíronse e choraron entre nós...

Hoxe celebramos en Vilagarcía o final do antroido... ¿E como se chama?: ¡SÁBADO INGLÉS¡
Non o podemos remediar... Lembrade que estamos a facer un documental que recollerá aquelas visitas dos acorazados, torpedeiros, destructores, … que sementaban de barcos a nosa ría e de vida e cartos a unha Vilagarcía con vitalidade, que impulsaban a economía do noso pobo e das nosas xentes.

A fotografia recolle outro dos antroidos vividos no noso pobo, onde os nosos veciños mantiñan o humor en tempos dificiles, onde os disfraces non costaban unha perra, onde primaba a fantasía e imaxinación, onde se buscaba divertir e pasalo ben, tíñamos verdadeiros expertos como a familia dos Pitilleros, Dito e Pepito, Enrique Campos e os seus fillos, Marina Casabella e Lola a churrera, Pasarin,... vestidos de choqueiros con roupa vella tíñanos a rir unha semana enteira. O noso agradecemento
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2012 17:08
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Durante toda mi vida escuché lo del "sábado inglés" y aún uso la frase para decirle a alguien que está sin hacer nada o si pretende marchar sin avisar... pero no recordaba que mi frase fuera de Villagarcia. Sigo aprendiendo. Y lo paso muy bien.
En Ferrol por causa de los astilleros vinieron a trabajar muchos ingleses y alguien tuvo la idea de "coleccionar" las frases que surgieron de los ingleses.#blgtk08#r /> El Brus del inglés brush que es el cepillo de cerdas duras para fregar suelos duros, cubiertas de barco ...
Choni del inglés Johnny, todos los ingleses eran Chonis.
Filispín, "corría a todo filispín" del inglés "full spead" por ejemplo...
Seguro que en Villagarcia también hay nombres "vulgares" procedentes de los ingleses. Salvo que todo el mundo supiera hablar inglés, claro...
Comentario por Marité Montesinos Castro (28-02-2012 19:05)
2 En 1960, en la visita del Arosa C.F. A Cambados vi una pancarta en la que decia " #blgtk08#LOS CAMBADESES DAN LA BIENVENIDA A LOS INGLESES "



Comentario por ramiro (02-03-2012 17:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal