lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

LAVADOIRO EN CORNAZO

Agustín Romero García, natural de Cornazo, emigrara ao Uruguai no 1854. Amasou fortuna invertindo na compraventa de terreos e noutras empresas o que gañara nos negocios agrícolas.

Gracias o diñeiro conseguido realiza unha serie de obras filantrópicas na súa parroquia como a escola no lugar de San Pedro de Cornazo. Era unha escola para alumnas exclusivamente. Deste xeito o ensinante era unha mestra (a primeira foi a profesora Bouza Trillo) á que se lle dispuso unhas estancias no mesmo edificio da escola.

Según se pon de manifesto nas actas de entrega de edificios e demáis material para a escola de nenas en Cornazo, Agustín Romero mandou levantar un edificio “ por amor a su patria y muy especialmente a los vecinos de esta parroquia en que ha nacido y en el vehemente deseo de combatir el analfabetismo”.

En Vida Gallega explicábase a intención de ensinar ás nenas a ler e escribir “y otros conocimientos superiores, aquellos niños que antes estaban condenados a perpetua ignorancia o al sacrificio de un largo viaje” cara a emigración.

No ano 1928 Agustín Romero cedeu o local da escola ao concello de Vilagarcía, máis unha renda anual de 100 pesetas.

Hoxe xa non se conserva o debandito edificio.

Este lavadoiro é outra das obras que mandou facer. Data, como podemos ver na placa, do ano 1921.

Así celebramos os do Faiado a subida semanal, e tamén nos permite celebrar a inclusión da foto 700 na Galería de A Vilagarcia de onte.

A Vilagarcia de Onte (8)

O Carril (1)

Os Amigos (4)

Posando (1)

Tempo de Antroido (2)

Soan Campás de Voda (1)

Disfrutade desta subida e que teñades unha boa semana.

Nota: Partes do texto anterior están extraidos da Enciclopedia da Emigración Galega.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-02-2012 06:42
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal