lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

DE VILAXOÁN

A subida do fin de semana.

Nesta semana, e como a previa ao festival das Revenidas do venres e sábado que ven, as festas do Carme e o luns seguinte (día 18) co Vilaxoán canta facemos unha subida en consecuencia. Pero non só van a ser eses tres actos o que fan protagonismo de Vilaxoán neste blog, senón que o mércores, día 20, proxectaremos o vídeo que tiñamos realizado para os Encontros e que, ao final, non se poido pasar.

O lugar será no Salón da Cofradía "virxe do Rosario" e a hora as 20:30 (as oito e media da tarde). A proxección dura sobre corenta minutos e vai acompañada cos sons de Manso e os seus amigos. Para disfrutar con tranquilidade.

Por iso, na Galería de Vilaxoán, colocamos este fin de semana 15 fotografías.

Pero non só é iso, tamén na de Atopando detalles hai 14 fotografías mais e na de Outra maneira de vivir, outras 6.

ATENCIÓN!!

Despois da lista de fotografías posta anteriormente, temos que engadir 16 novas fotografías a Galería de Personas recordadas que foron subidas este domingo.


Agora vos deixamos para que disfrutedes destes traballos e non ter medo de realizar comentarios. Ti estás desexando ler o que escriben outros e os outros o que podes escribir ti. Polo tanto, adiante.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 09-07-2011 13:03
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Teñen toda a razón os responsables do FAIADO .Non devemos entrar temerosos a facer os comentarios que a cada cual lle parezca ,pois temos que pensar que basándonos nas fotografias somente non teria razón de ser este blog. Precisamente o bo de todo esto son ese cambio de pareceres dos blogeir@ ,polos cuales chegamos á conclusión de si determinadas fotografias corresponden a tal ou cual lugar, ou persoas ;atinando moitos deles incluso en f#blgtk08#echas concretas e lugares difíciles de recoñecer; polo que ó ler os comentarios dos demais solemos dicir ¡pois ten razón¡ ¡Non me lembraba eu de tal lugar ou de tal persoa ¡¡O fin e o cabo esa é a esencia deste blog ;entreter e refrescarnos a memoria.E por iso ;que todos devemos colaborar ;cada un na medida das suas posibilidades, pois será a única maneira de que o FAIADO perdure por moitos anos.Seria unha lástima que non fose asi.Saudos
Comentario por Roberto Ocaña (09-07-2011 23:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal