lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

O FAIADO de exposicións



Estimados Amigos e Amigas (con maiúsculas, loxicamente), está semana que ven, e tan pronto cheguemos de Madrid de presentalo documental de "A Memoria nos tempos do volfram" na universidade complutense, daremos os últimos retoques dos vídeos que serán expostos na sede de O Gato Negro (desde o 27 de xuño) e os que serán proxectados os sábados 25 de xuño e 2 de xullo en Vilaxoán e O Carril, respectivamente.

Un traballo que nos ten encerrados no faiado (pómolo en minúscula posto que é o espazo real no que estamos a traballar, ainda que a nós nos guste mais chamarlle "o ático") para rematar todos estes traballos.

Mentras tanto o Faiado tamén se extende a outros municipios cos que comenzamos a colaborar como, por exemplo, Nigrán. Os que vivides pola zona poderedes vela exposición que montamos en colaboración coa Consellería de Cultura e que está exposta no centro comercial de A Ramallosa. Titúlase "Nigrán, luz e vida" e está composto de nove paneis cunhas noventa fotografías e un televisor que emite un programa de televisión da desaparecida RTN con intervencións de personas maiores de todo o concello.

Na espera de informaros sobre a nova subida, verémonos, a parte de en este espzo voso, nos distintos lugares por onde vamos paseando.

Bicos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2011 16:07
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal