lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A banda sonora de O Faiado
Hoxe vamos de estrea, os do Faiado e decir, todos vos. O noso Artista Juan Carlos Porto compuxo unha musica para o noso blog, el é así de xeneroso. Escoitade...fala do mar, fala do tombo de Vilaxoan, do calexon da mexona, do Xiabre e Lobeira, do monte de San Xoán en Bamio, do Loureiro en Trabanca, de Rubiáns, de Cea, da Torre, do Carril, da Tomada, de Cortegada, do Balneario da Concha, da Escuadra Inglesa, do Casablanca, do Con...escoitade, sona ó mar, o noso mar...o de Arousa.


tema de "o Faiado da Memoria"
Comentarios (48) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 19-09-2009 20:08
Vilagarcía nos 60

Cesar Díaz de la Jara envíanos un vídeo familiar gravado en Vilagarcía no comenzo dos anos 60.

Nel podemos apreciar a praia de Compostela, a rúa Daviña (daquela lucía outro nome), regatas de dornas, unha lixeira visión do cabo Razo ó fondo, en Ferrazo, o carril,...

O remate de todo contemplamos, a pesares da escuridade e da deficiencia da sensibilidade cinematográfica, o combate naval de San Roque.

Este é un dos exemplos do que tamén nos gustaría recibir como donación. Esta é unha cinta familiar pero donde vemos os cambeos tidos no pobo despois da súa gravación. Esperemos que o exemplo sirva como acicate para que estas películas pasen ó servicio público para o disfrute de todos.

Xa comentamos noutros apartados a recollida de materiais deste tipo que vai desde os anos vinte hasta principios dos sesenta en formatos semiprofesionais ou profesionais pero, paradoxicamente, ainda non recibíramos ningunha en super 8 ou 8mm, un formato mais popular e caseiro.

Ter en conta de que nos encargamos da dixitalización dese material e proporcionaremos os donantes unha copia do donado en DVD para que o poidan ver tranquilamente na súa casa e a devolución do material orixinal, claro.

Disfruten con estes catro minutos de documento visual.



Vilagarcía nos sesenta
Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 30-07-2009 22:46
Un cine para rematala semana
íamos a colocar unhas cantas fotografías no día de onte, mércores, moitas delas chegadas por correo electrónico, pero entre as cousas de sempre, a preparación do material para subilo e outras historias, a cousa quedou no desexo. E como hoxe o cincoenta por cento do faiado vaise cara o extranxeiro a subida queda posposta para o fin de semana. Daquela teremos que esmerarnos.

Pero non queríamos marchar sen deixar algo con que poder entreternos mentras nos mantemos a espera. En vez dunha fotografía vai a ser unha imaxe en movimento. Bueno, non unha senón dúas.

O Arquivo Social da Memoria, como ben sabedes, aparte de recoller fotografías e documentos tamén o fai con sonidos (eses casettes e bobinas magnetofónicas que hai por casa con gravacións feitas por un e que hoxe, a pesares dos seus defectos técnicos, poden ser auténticas xoias) e películas caseiras (tipo super 8 ou incluso 16 mm. Xa as encontramos tamén de 35 mm e de 9.5 mm) que fixemos das festas, vodas e comunións ou das nosas estadías pola praia ou das peliculiñas que facíamos intentando emular a Cecil B de Mille.

Precisamente a primeira que vos vamos a amosar é unha viaxe vacacional dunha xente, probablemente da Coruña, ó Carril e Cortegada alá polos finais dos anos vinte do século pasado. Na gravación que se fan a eles mesmos mentras disfrutan dos baños ou da viaxe pola ría podemos entrever anacos do muelle de ferro, o trafego de dornas pola ría, a contorna do Carriñ e Cortegada, etc. Non coñecemos quenes son as personas, nen os visitantes nen os autóctonos xa que esta cinta foi atopada de forma circunstancial.



Vilagarcía e Cortegada, anos vinte


A segunda xa é máis nova. Data dos cincoenta e está gravada polo fotógrafo José Luis Leal Soto e foi donada ó Arquivo Social da Memoria polo seu fillo Peto Leal. Trátase dunha regata de dornas pola ría. Podemos observar distintas maniobras destas embarcacións pola ría co forte reflexo do sol sobre as augas arousáns. Esta gravación é a primeira dunha serie delas que iremos amosando feitas polo mesmo fotógrafo que teñen a Vilagarcía como elemento principal e que formaron parte da primeira exposición que realizamos en 2008. Esta peliculiña ten a característica engadida de ter como fondo sonoro unha composición musical do noso querido amigo Arturo Solar, que é o culpable, tamén, de que esté escribindo isto as seis e pico da madrugada xa que non é conscente de que onde vive e traballa (Los Ángeles, EEUU) ten un desfase horario considerable con Vilagarcía e chama a unhas horas intempestivas. Pero seguro que vos llo agradecedes por riba.



Regatas de dornas
Comentarios (6) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 16-07-2009 07:01
CIRO, análise dunha traxectoria
Tras unha intensa semana de traballo onde o Arquivo Social da Memoria estivo inmerso na preparación da conferencia que o artista plástico CIRO ía a celebrar na Sala Rivas Briones, o escaneado de novas fotografías e a preparación do complemento fotográfico que sobre a década dos sesenta vamos a ofrecer co motivo da exposición "do "gaudeamus Igitur" o "venceremos nos"" que se vai a celebrar a partires do día 26 de xuño no auditorio vilagarcián non temos nin cinco minutos para poder subir unha simple fotografía o blog.
E iso que xa temos preparada unha boa batería de imaxes sobre distintos apartados, un deles, o entroido.

Pero vamos a mostrar o resultado do noso traballo para a conferencia de CIRO Sánchez Suárez. Este artista estivo expoñendo unha antoloxia do seu traballo artístico na sala Rivas Briones, tal como xa especificamos, e como acto final relatou unha conferencia sobre a súa obra no mesmo marco da exposición.

O Arquivo realizou un pequeno documental preludio dos que vai facer a distintas personas e feitos reseñables de Vilagarcía para que queden como videoteca para xeneracións futuras.

Este que mostramos a continuación é o resultado dese documental que co título xenérico de "SobreImpresións" e o particular de "CIRO, análise dunha traxectoria" exhibimos como introdución a conferencia do artista.


CIRO análise dunha traxectoria from o faiado da memoria on Vimeo.



Esperamos que a disfruten mentras se manteñen a espera de novas fotografías
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 16-06-2009 08:29
correo electrónico alternativo

Debido a problemas xeneralizados con moita xente que ven como o correo electrónico que nos envían lles vai de volta, engadimos un correo alternativo para que, en caso de devolución, o envíen o enderezo damemoria@gmail.com

Ese será o correo que figure, de forma oficial, na banda esquerda do noso blog.

Gracias e perdoen as molestias que poideran sufrir.
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 26-05-2009 22:51
Os talleres de Renfe

Luis López envianos un enlace no que se pode ver unha película dos arquivos de Renfe, realizada por Daniel de Linos, no que se poden ver os talleres de Vilagarcía e as obras da que sería a nova estación, e que foi inaugurada o 21 de xaneiro de 1956.



Na foto superior, donada por Jacobo Rey, podemos ver un momento da inauguración da estación que, en breve, vai a realizar remodelacións estructurais. Nela, nun día propio de inverno (estamos en xaneiro), as autoridades, entre elas o alcalde Rey Daviña, e moita xente de Vilagarcía, esperan a chegada do tren inaugural.

Gracias, Luis, por compartir estes espazos e esperemos que cunda o exemplo.
Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 20-05-2009 09:09
Os Duendes cantan Galicia Terra Nosa
Unha das actividades do Arquivo Social da Memoria é a recuperación da memoria sonora de Vilagarcía. Comenzamos gravando a distintas personas contándonos a súa vida. Recuperamos discursos institucionais. Conseguimos as cancións da cantante Matilde Vázquez. E queremos ter no noso arquivo todo o material posible que a xente poida ter pola súa casa. Esta é unha desas. Trátase dunha gravación, ainda que moderna, do grupo Los Duendes, Galicia Terra Nosa, o mítico tema que popularizaron os Tamara no ano 64. O vídeo que se acompaña nesta audición está composta con fotografías do grupo vilagarcían. Como algúns dos seus comp´ñentes son asiduos a este blog espero que nos ilustren cos seus comentarios algunhas das súas vivencias.




Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 14-05-2009 22:47
Nova Galería...de Vídeos
Comenzamos agora un novo espazo onde vamos a ir colocando vídeos, ben gravados e realizados polo Arquivo Social da Memoria, ou de outras personas ou productoras e que teñen relación con Vilagarcía e o seu contorno.

O que inicia este espazo é un fragmento dun traballo do "taller de edicións J.A. Durán", dirixido e guionizado por J. A. Durán e realizado por Jorge Durán.

Trata sobre o Señor da Golpelleira, López Ballesteros, nacido o 21 de xullo de 1782 no pazo da Golpelleira. Foi un dos artífices do levantamento de Vilagarcía contra a invasión Francesa. O documental leva por título, Luís López Ballesteros: El estratega de la Revolución "legal"




Taller de Edicións J.A. Durán
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 23-02-2009 13:28
© by Abertal