lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

REPORTAXE SOBRE CORTEGADA

Ofrecémosvos un vídeo da TVG, recuperado da red no que se pode ver a nosa colaboradora Pastora Franco (finada recentemente), co seu home Agustín Insua, lembrando como era a vida dos poboadores de Cortegada. Dos lexítimos propietarios, antes de que a famosa comisión de notables lla entregasen ao rei Alfonso XIII.

Pastora era filla e neta de orixinarios da Illa, tamén logo seu abó foi nomeado guardián dela.

Comentarios (5) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 24-09-2010 16:31
POBOADO MINEIRO DE FONTAO
Como hoxe nos sentimos un pouco tristes posto que un proxecto de documental que tíñamos presentado ante a Xunta foi desestimado (trataba sobre Vilagarcía contada polos vilagarcianos e titulábase, Desde dentro do corazón) pero, no fondo, iso so consigue espolearnos e seguir co proxecto adiante. Será mais lento pero chegaremos a porto. Porto, Juan Carlos, precisamente nos fixo uns primeiros temas para ese traballo.

Polo tanto botemos abaixo a tristeza e botemos cara adiante.

Por iso hoxe traemos hasta vos un novo vídeo do fondo documental. Trátase da inauguración do poboado mineiro de Fontao en Vila de Cruces. ¿E que ten que ver iso con Vilagarcía?. Pois de dúas formas, unha, por estar gravado polo fotógrafo Leal e dúas... bueno esta segunda vamos a copiala literalmente doutro blog:

Entre los años 1886 y 1888 el ingeniero de minas Henry Winter Burbury, asentado en Noia desde 1883 aunque de nacionalidad inglesa, y que ya había solicitado en dicho año las concesiones "Phoenicia", "Edita" y "La Pilara" en el término municipal de Lousame, que serán la base del grupo minero San Finx, solicita en el término municipal de Carbia las concesiones mineras "Sidón" y "Tiro", que serán junto con la mina colindante "Angelita", ya en Silleda, el inicio del importante grupo minero de Fontao. En 1897, probada la viabilidad de la explotación se crea en Londres la empresa "The San Finx Tin Mines Ltd." con el objetivo de explotar las minas de Fontao y de San Finx.
La nueva empresa se propone la explotación de los grupos mineros de San Finx y Fontao hasta la obtención del preconcentrado de estaño, que se trasladaría después hasta la planta construida en Carril para su concentrado definitivo y su envío a Inglaterra desde el cercano puerto de Vilagarcía.
La planta de concentrados de estaño de Carril, con el primer proceso de separación magnética mediante bandas cruzadas que se instaló en España (tipo Wetherill-Rowand), se inauguró en 1897, beneficiándose de un entorno industrial propiciado ya desde 1848 con la constitución de la "Compañía de Fundición de Hierro en el Carril" (promovida por Luis de la Riva y vinculada a las industrias de Sargadelos) y la instalación en el puerto de Carril –la actual Vilagarcía de Arousa– de un alto horno para la obtención de hierro colado al carbón vegetal.
El concentrado de casiterita obtenido (al que acompañaban volframita y piritas férreas, cúpricas y arsenicales) se ensacaba para enviarlo por medio de carros del país arrastrados por bueyes hasta la anteriormente mencionada fábrica de separación que la sociedad había construido en Carril, a unos sesenta kilómetros de las minas.
En la fábrica de concentrados de estaño de Carril el mineral recibido sufría una calcinación previa, sometiéndose después a la acción de dos electroimanes de diferentes intensidades, con lo que se lograba la separación del estaño y el volframio del resto de materiales, que eran desechados. Como se indicó antes, este proceso de separación magnética mediante bandas cruzadas, del tipo conocido como Wetherill-Rowand, fue el primero de su clase que se instaló en España.
” (de mineralogía hispánica)
Como vedes si ten razón de ser e así as mostramos. Disfruten delas.




video fontao
Comentarios (4) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 10-08-2010 20:49
"O CARRIL CHEIRA A MAR", nas noticias

Hoxe pasas por diante do Gato Negro e ninguén diría que alí hai unha exposición. E sen embargo, cando subes o primeiro piso daste conta de que todo o mundo sabe o que alí hai.

Grupos de xente que desde as once da mañán hasta as 11 da noite (o peche é relativo posto que abren a man para que poidan disfrutar ampliamente das fotografías) están a contemplar as fotografías e vídeos que alí se pasan.

E o boca a boca corre mais rápido que a pólvora. E por iso vos damos a gracias posto que vendo ese interes, ese entusiasmo, danche forzas e enerxías despois do traballado e dos nervos para poder montala.

E nesto aparecen os rapaces dos informativos e dan conta do que alí hai, cunha esplendida señora presidenta respondendo as preguntas como se fose cousa que fixera tódolos días.

Aquí poderedes ver esta noticia:

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 02-08-2010 22:46
VÍDEO FILLO PREDILECTO A JOSÉ MOREIRA

O prometido é deuda e aquí está o vídeo gravado o día do seu nomeamento como fillo predilecto de Vilagarcía de Arousa.

Comenza cunha ofrenda floral diante do monumento a súa honra colocado na rúa que, logo, levaría o seu nome.

Logo, no concello, tería lugar o nomeamento de forma oficial dentro dun pleno extraordinario de honra.

Esperamos que podades velo tranquilamente se non poidéchedes estar presentes nese acto de homenaxe a un dos nosos mellores veciños.

Gracias pola vosa atención.



Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 01-07-2010 09:40
O PROMETIDO É DEUDA
Iste é un traballo feito con moito amor. Por un lado o de Antonio que montou as imaxes, polo outro o de Juan Carlos Porto que creou a música, fixoa nacer pensando nos seus Pais sobre todo. O Faiado quérelle a Juan Carlos, sabemos da súa cruzada coa memoria de Manolo e de Gelina, os seus Pais. Acaba de facer trinta e un anos do seu pasamento, a Juan Carlos sigue doéndolle a ferida, a súa ausencia. Os seus recordos siguen vivos no seu corazón. Compuxo unha musica na súa memoria e o Antonio fixo o resto. Que o disfrutedes, merece a pena.

Comentarios (21) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 13-05-2010 18:14
OS CAMPANEIROS de VILAGARCÍA
Estando a revisar, reordenar e reclasificar o noso disco duro atopei esta reportaxe que formou parte dun dvd que editamos para o libro sobre os Campaneiros de Vilagarcía e que editou Edicións do Cumio.

Non sabemos de quen é a reportaxe pero non nos gustaría que esta se quedará no fondo escuro da memoria do disco duro. Os irmáns Valiñas do Sixto, xunto cos Carballa, espallaron polo país adiante (o mundo é parte do país) a súa música que nace do mais profundo da terra e que é sachada a golpe de ronco e palleta para ir a parar os surcos dos nosos cerebros. E parte do noso acervo cultural, como o é o rock, a polka, o hip-hop ou a cumbia. Somos un universo que colle nun fol, somos unha terra que crea e dela, ben regada e cuidada, crece de todo, tamén hervas malas, para que o vamos a negar, pero é máis grande e fermoso o que é bo e xeneroso.

Coido que a idiosincracia particular dos Campaneiros, vilagarciáns de terra adentro, é parte do espíritu que nos fai crecer.

Escoitémolos con agarimo, recollidos, cos ollos abertos e a mente tamén. Para seguir adiante temos que ver moito para atrás, como o mariñeiro que vai bogando de costas o seu destino, posto que ten que fixarse nas referencias que vai deixando tras súa.

Disfrutade con esta reportaxe e quen sepa de quen é a autoría que a diga e así farase xustiza xa que non conta con títulos de crédito algúns, só os iniciais que lle colocamos nos mesmos.

Os Campaneiros de Vilagarcía from o faiado da memoria on Vimeo.

Comentarios (2) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 27-03-2010 00:42
O SUBMARINENTÍN ZEPPELENTIANO
Seguindo cos capítulos adicados a Orde do Zeppelentín traemos hoxe unha gravación sacada dos mais profundos e negros arquivos do cesid.

Trátase da posta en marcha do segundo enxeño realizado polos zeppelentianos: O submarinentín. O buque insignia da orde vilagarciana.

Un submarino chamado a suceder o nautilus que anos antes fixera a súa viaxe baixo o casquete polar.

O submarinentín logrou, con éxito, permanecer varios días baixo as augas arousáns. E alí seguiría hasta hoxe si non o foran a buscar.

Todo un fito da puxante inxeñería zeppelentiana.

Queda aquí esta testemuña visual daquela historia tan colosal.

Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 06-02-2010 01:06
E AQUÍ ESTÁ O REGALIÑO!!
Da man de Tino Silva, que xa aportou unha boa cantidade de fotos o Faiado e do que esperamos ainda moitas máis, chega a nos este anaco de película que datamos nos anos 30 do pasado século na praia Compostela.

As imaxes son preciosas e con moita calidade para ser unha gravación doméstica, posiblemente en 16 milímetros ou Patte Baby.

Algunha das personas están identificadas pero esperamos que vos aportedes datos e, especialmente, para saber quenes poderán ser eses nenos pequenos que ainda poderían estar vivos a día de hoxe.

A música que se escoita de acompañamento non é unha calquera, senón que está feita expresamente para este anaco de memoria. ¿Por quen?. Sentímolo pero non nos está permitido decírvolo, pero como somos uns cotillas (de feito adicámonos a escudriñar nas vosas lembranzas) non nos podemos resistir... ¿que?, ¿como dices, Juan?, ¿Que non podo decilo teu nome?. Pois punto-pelota. Non o digo.

Pero é mellor deixar de ler e e que vos poñades a ver este cachiño de vida na praia Compostela.

Disfrutade deste regalo de aniversario.

Comentarios (15) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 03-02-2010 21:34
o vó do Zeppelentín

Vamos a relatar, en curtos capítulos, por aquilo de darlle máis emoción, algunhas das actividades da Orde do Zeppelentín.

Nesta primeira entrega podemos ver unha gravación do lanzamento, o 22 de agosto de 1970, do Zeppelentín que, como o nome indica, trátase dun inxeño voador inventado, construido, patentado e probado polos xenios non sufecentemente recoñecidos (g.a.d.) da devandita Orde.

Gracias a que neses anos non estaba recoñecida a lei de delito ecolóxico hoxe moitos dos membros zeppelentinianos gozan dun descanso na súa casa en vez de en sanquintinentín.

Pasemos a observar con atención e detenimento o ocurrido naquel día sen necesidade de atender os diálogos, mais que nada por que non os ten.


zeppelentin
Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 25-01-2010 21:29
O Arosa tamén é parte da nosa memoria
O son forma parte tamén da nosa memoria. Con ese motivo realizamos o espectáculo "...coa axuda dos meus amigos", un reencontro visual e emocional pero tamén, e moi importante para nos, era a recuperación daquel sonido do que non había nada gravado. Por iso dispuxemos a súa gravación sonora e visual que pronto poderedes contemplar vos mesmos.

Hoxe é outra cousa a que vos queremos amosar.

Aproveitando a retrasmisión dos sete últimos minutos do partido de ascenso a segunda B entre o Olot de Girona e o Arousa s.c. realizados por radio arousa, na voz de Felipe Suárez, alá polos inicios dos anos oitenta, facemos un percorrido visual polo equipo vilagarcían a través das fotografías que nos déchedes e algunhas do fondo da entidade deportiva.

O resultado do choque no partido de ida celebrado no estadio de A Lomba fora de 2-0 a favor do Arousa, polo que o equipo vilagarcián ía cunha lixeira ventaxa no seu desplazamento a Cataluña. Pero os poucos minutos de comenzar o encontro os de Olot marcaban un gol que cae como un xerro de auga fría sobre os nosos. Quedaban por diante case os noventa minutos do encontro. Aquí está a emoción do remate do encontro a espera de si o Olot logra empatar o encontro (ou de superalo que tamén podería ser) ou si os de Vilagarcía consiguen resistir e ascender a segunda B.

Pasen e vexan, escoiten e disfruten.

Comentarios (3) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 04-01-2010 17:57
© by Abertal