lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A LUZ DO NEGRO

A LUZ DO NEGRO, un audiovisual, promovido pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, e dirixido por Encarna Otero, dá forma documental ás testemuñas da época gravadas para o Arquivo Sonoro de Galicia. Son mulleres que viviron esa época e dan conta dun modo de vida arriscado e duro.

Conta coa colaboración do arquivo de O Faiado da Memoria a través do fondo do fotógrafo vilagarcián José Luis Leal Soto.

Fai 10 anos nos elaboráramos un documental sobre o mesmo tema que se titulo A memoria nos tempos do volfram que foi premiada no certamen de documental etnográfico Espiello 2005.

Aquí vos deixamos o documental de A Luz do Negro.

Comentarios (7) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 28-01-2014 11:19
PRESENTACIÓN "ARDE MADRID" NA CORUÑA

O amigo Luis Carlos Penide estivo na presentación do documental de ARDE MADRID na Coruña e nos enviou este vídeo que gravou co seu mobil.

O pobre do Antonio sufrindo durante as súas presentacións.

Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 27-10-2013 11:21
PARRANDA na VII Xuntanza de O Faiado

Pois Mari Patiño regalanos estas imaxenes que fixo co seu movil, desde logo ten un movil moi potable, aparte de ela ser unha artista grabando. Para artistas os que tocaban, pero tamen os que poñiamos a voz. Pasamolo de medo, calquer dia...outra

Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 24-09-2013 13:46
LEMBRANDO A RICARDO URIOSTE (III)

O sábado, 21, vamos a realizar unha rolda de prensa para presentar a HOMENAXE a RICARDO URIOSTE do día 29 (domingo) que será, como sabedes, no cemiterio de Vilagarcía as 12:30 do mediodia.

Mentras non chega ese día vamos a lembrar un pouco mais de Ricardo na memoria de Purita Ramos.


Comentarios (1) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 20-09-2013 20:23
LEMBRANDO A RICARDO URIOSTE (II)

Unha nova intervención de Purita Ramos contándonos as andanzas de Ricardo Urioste. Persona a que pretendemos homenaxear o vindeiro 29 de setembro (domingo) de 2013.

Neste caso nos conta as súas impresións ao estreno de a obra LA GRAN VELADA.

Disfrutade.


Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 19-09-2013 22:42
OS COMENZOS DE FEXDEGA
Deixámosvos aquí unha recopilación de imaxes que extraemos dunhas cintas de super 8 que nos cedeu o amigo Suso Méndez e onde podemos ver unha das primeiras feiras de Fexdega.

Disfrutade e xa nos contaredes se atopades a alguén coñecido polo medio desas imaxes.

Comentarios (2) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 19-09-2013 21:30
CHEGA O TREN A 7ª XUNTANZA DO FAIADO

Anaco de vídeo da sétima Xuntanza de O Faiado da Memoria que celebramos no Galeón Vikingo de Catoira.

Trala comida viu a conseguinte sobremesa musical e tras sacar as guitarras e laudes das súas fundas e quentadas as voces, alá van as melodías ao aire.

Un amplio arsenal de cancións foron sainda das cordas da xente do Carril que eran cantadas polos de Vilaxoán, Vilagarcía e tamén Carril. Aquilo si que era a conmemoración do centenario.

José Carlos Dasilva foi gravando coa súa cámara estes momentos e aquí vos mostramos un deses vídeos.

Disfrutade.

Comentarios (3) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 31-08-2013 15:01
VÍDEO EMITIDO NA GALA DO DIARIO DE AROUSA
Con motivo da entrega dos galardóns dos Arousáns do Ano, organizadp polo Diario de Arousa, realizamos un vídeo que se emitiu con motivo do Centenario da fusión dos concellos do Salnés.

Por extrañas circunstancias fallou nos primeiros momentos non permitindo a súa visualización nun pequeno trozo.

Pero o vamos a solucionalo permitindo a súa visualización a continuación.

Felicitamos a tódolos galardonados, especialmente a o grupo de teatro Airiños de Asados, que tiveron unhas agradables palabras para nós. Ao final, todos somos familia.

Comentarios (5) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 17-03-2013 01:05
FIN DE ANO A BORDO DO SOLVA


Engadimos este vídeo realizado a partir doutro enviado por Valentín Gómez e que nos mostra a vida no buque MS SOLVA no fin de ano de 1987.

Sirva como homenaxe de todas e todos aqueles que viven ou están nestes momentos fora da nosa terra.

Para eles, que nos ven desde a lonxanía, que sepan que seguiremos en pé, como faro costeiro, alumeando para que sigan tendo a referencia do seu pobo.

Bicos para todos e disfruten, faga sol ou chovan chuzos de punta.

Comentarios (0) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 06-12-2012 18:37
HAi QUE VER.....
Hoxe subimos esta vídeomontaxe realizado polo Faiado da Memoria

Vai misturando imaxes da Vilagarcía que está desaparecida con outras de lugares que ainda se manteñen en pe para disfrute de todos (que, por desgracia, son as menos).

Esperamos que as disfruten.


Comentarios (7) - Categoría: Galería de Vídeos - Publicado o 18-03-2011 06:05
© by Abertal