lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Subida abundante

Os do Faiado somos como os políticos: temos os barrios e lugares totalmente abandonados. Por iso hoxe tócalle un pouquiño a todas.

A verdade e que ainda que pareza que sempre decimos o mesmo non é así. Estamos rematando o documental que estamos a facer sobre Vilagarcía (é un decir por que ainda queda bastante por facer, pero o gordo xa está).

Para os do Faiado é un honor que nos tocara o premio de ser os primeiros en facer algo (audiovisual) por un pobo que lle queremos por un pobo... que é o noso, pero que ademais ten historia, pero e que ademais tivo mala sorte, moi mala sorte con quen a gobernou.

As 45 fotografías que foron subidas este fin de semana corresponden as seguintes Galerías:

A Laxe (2)

Bamio (2)

Cornazo (8)

O Carril (4)

Rubiáns (7)

Sobradelo (15)

Trabanca - A Torre (2)

Trabanca Sardiñeira (6)

Vilaxoán (5)

Esperemos que disfruten con esta nova subida fotográfica. Nos trataremos de descansar un chisco xa que mañán, domingo, temos que volver as gravacións.
Comentarios (5) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-01-2012 21:10
ERA A CASA DE TÓDOLOS VILAGARCIÁNS

Produce tenrura a foto, temos razón cando as paisaxes da infancia quedan pegados nas retinas e nos corazóns, alguén, con menos sensibilidade, virá e roubaránoos para sempre.

Iso pasou ca casa dos Buhigas... e con tantas cousas mais.

Anunciamos a subida de nove fotos na Galería de A Vilagarcia de Onte.

Disfrutade e que o pasedes ben.
Comentarios (6) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 21-01-2012 13:47
Subida segunda de Xaneiro


E do ano novo.

Hoxe temos sete novas fotos na galeria A Praia Compostela, dúas en Creo en Dios Padre... e catro en Gaudeamus Igitur, fan o numero de trece que non esta mal para saborear e facer comentarios.

Lembrade que hai moita foto triste, sen palabras que a acompañen.

Pasadeo ben e disfrutade.
Comentarios (5) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 14-01-2012 18:43
AQUELA VILAGARCIA E A EMIGRACIÓN


Queridos Amigos e Amigas, estamos ante un novo comenzo de ano e unha nova subida, a primeira do ano. É como un regalo de reis, que foi onte.

En primeiro lugar presentamos trece fotografías na Galería A Vilagarcía de onte. Ahí poderedes ver aquel pobo que era e como o tempo e a xente o foi modificando, unhas veces para ben e outras para mal.

E despois tres fotografías na Galería de Sempre emigrantes.

Disfrutade deste novo comenzar, a cuarta temporada do noso proxecto no mundo virtual.
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-01-2012 19:08
FELICES FESTAS CON SUBIDA


Fai tres días tíñamos preparada unha subida que lembrase o noso pasado que lembrase Vilagarcía e os vilagarciáns. Ía adicada aos nosos no exterior, na emigración, aos de nantronte, onte e hoxe. Aos que xa non están pero estiveron, aos que siguen o blog desde calqueira rincón do mundo, tamén aos que ainda non se enteraron de que existe O Faiado da Memoria. Pero o destino quixo cun dos ordenatas quixera coller unhas vacacións e fastidiounos a rapidez.

Desde unha Vilagarcía ferida pola morte dun traballador no seu porto, saudamos a todolos nosos blogueiros, amigos e seguidores.

Que o novo ano vos traia saude e sorte, unhas institucións que non falen tanto de crisis, nin de recortes no benestar. Que non abusen, crisis as tiñan os nosos avós, crisis de todo, e hasta foron felices.

Amigos durante toda a semana iremos poñendo imaxenes na carpeta de SEMPRE EMIGRANTES para lembrar que houbo outras crisis.

Feliz Ano 2012
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 24-12-2011 17:42
Lembrando os mariñeiros

Na foto de Francisco Miguéns de Vilaxoán, rendímoslle a él e a tódolos mariñeiros a homenaxe do Faiado.

É unha triste desgracia que o teu Pobo, o teu País, non che poida garantizar unha estabilidade económica para ti e os teus.

A nosa lembranza para Francisco Miguéns a quen lle adicamos a subida de hoxe no seu Vilaxoán querido.

Trátase de 19 fotografías na Galería de Vilaxoán.

Disfrutade e ide preparando os corpos que despois destas pontes ven o camiño da navidade con esas papatorias que nunca rematan.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 10-12-2011 11:11
A nosa benvida a Bamio


Con moito retraso, sobre todas as previsións, pero pensade que ainda quedan parroquias e lugares que non están no noso blog. Abrimos unha nova Galería con 14 fotografías: a de a parroquia de Bamio lembrando a unha das súas queridas familias, a familia Durán Dorgambide.

Tamén teñen subida fotográfica dúas Galerías xa esistentes:

Trabanca a Torre (14)

A praia de Compostela (1)

Disfrutade que xa é fin de semana.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 03-12-2011 09:21
ADIANTANDO SUBIDA

Mañán imos a Carral, proxectamos Aillados, nunha xornada de memoria organizada pola Asociación Cultura Aberta. Aillados é un documental moi viaxeiro, si da tempo mañán antes da viaxe subiremos o resto.

E aquí estamos, hoxe sábado, preparándonos para marchar para o sur (de Galicia) non sen antes deixar unha subida ben preparada.

Son trinta e sete fotografías (pouco a pouco e gracias a que a participación nos comentarios é maior) o límite de fotografías vai rematando e Margarita abre mais a man. Estas están nas seguintes Galerías:

Tradicións nosas, festas e actos (3)

Familia (2)

A praia Compostela (9)

A Vilagarcía de onte (8)

Gaudeamus Igitur (3)

O Carril (10)

Os Amigos (2)

Pois xa está. Agora ir disfutando e comentando, queremos saber mais das historias que están nesas fotografías, que vos traen de lembranzas, os lugares onde están sacadas, todo o que se vos pasa pola cabeza unha vez que as vedes. E ter en conta de que non se valora de ou como se escribe, interesa o que se conta non como.

Gracias e un saudo.

(P.D. E se andas por Carral, e é sábado 26, non te esquenzas de pasar as sete pola Casa de Cultura, alí estaremos)
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 25-11-2011 21:57
FRENTE A ESTACION VELLA


Algún saberá como se lle chamaba a esta casa que se podía ver, a beira da praia de Compostela, tan pronto como baixabas da antiga estación de ferrocarril de O Carril.

Pero tempo teredes para facer os comentarios correspondentes e de realizar o paseo polas novas subidas realizadas as Galerías durante este fin de semana. E digo tempo, xa que co tema das elecións este fin de semana aventúrase do mais aburrido para os humáns comúns (a parte política xa se sabe que se diverte moito nestes días). Por iso é bo seguir os enlaces que aquí os pomos para poder ver as 25 novas fotografías:

a Vilagarcia de onte (8)

Familia (3)

Os amigos (8)

Traballando duro (2)

Outra maneira de vivir (3)

Personas recordadas (1)

Agora disfruten e sigan reflexionando.

Un saudo e bicos.
Comentarios (4) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-11-2011 09:08
NOTICIAS DO FAIADO E NOVA SUBIDA

Hoxe, sábado 12 de novembro, no Faro de Vigo sae a noticia do traballo documental que está a realizar o Faiado da Memoria (pinchando aquí vades a noticia orixinal).

O artigo orixinal ten un lixeiro erro na cantidade de mortos do Cabo Razo que foi correxido nesta traslación do texto ao blog.

Di así:

Las cicatrices de Cabo Razo

Algunas víctimas recuerdan en un documental del Faiado da Memoria la tragedia del hundimiento del buque en O Chazo

"Desde dentro do corazón" es el título del documental que prepara Antonio Caeiro, del Faiado da Memoria, para recordar acontecimientos que marcaron, en cierto sentido, el devenir de Vilagarcía. En el documental se fija tanto en la Escuadra Inglesa como en el hundimiento del Cabo Razo en agosto de 1958, del que aún quedan supervivientes.

REDACCIÓN - VILAGARCÍA El documental que prepara el Faiado da Memoria promete al hurgar en una tremenda cicatriz, la que dejó el hundimiento del Cabo Razo, y recordar la que hasta 1936 era habitual presencia de la Escuadra Inglesa en la capital arousana.
En el trabajo "Desde dentro do corazón", los realizadores tratarán de captar las secuelas que aún perduran de aquella tragedia en el mar de Arousa y para ello no han dudado en desplazarse hasta el País Vasco y Cantabria para entrevistarse con los supervivientes.
Antonio Caeiro señala que han tenido la oportunidad de hablar con una de las pasajeras que aquel fatídico día se convirtió en víctima por partida doble, ya que además de ser rescatada de un barco hundido a la vez vio como su hermana fallecía a consecuencia del accidente.
"Aunque ha pasado más de medio siglo, la mujer aún sigue traumatizada pues aún recuerda aquel duro trance", expone Caeiro.
Incluyen en el reportaje una conversación con el tercer oficial del barco, un vasco de apellido Iturri, quien explica los motivos que provocaron un accidente en el que se contabilizaron 13 muertos entre tripulación y pasajeros.
Se incluye en la cinta una conversación con el hijo de una de las vícitmas, un hombre de 64 años, que habla de cómo marcó este suceso tanto a su familia como a él mismo.
El trabajo ha sido posible gracias a la amplia labor de recopilación de fotos, películas y documentación que ha hecho el Faiado da Memoria, lo que permitió la localización de algunas de las personas que han vivido en primera persona tanto el acontecimiento del barco hundido en O Chazo como también de aquellos testigos de excepción respecto de las visitas de la Escuadra Inglesa a Vilagarcía. Caeiro señala que todavía quedan algunas personas que han vivido en aquella época y que cuentan sus impresiones.
En el documental también se incluye una "narración" de los hermanos Manuel y Verino Diz, de Carril, que además de su actividad como marineros han tenido una gran implicación en la formación de la rondalla de la localidad.
El anuncio de este documental coincide con la participación del Faiado da Memoria en la programación de Cineuropa, que comenzó en Santiago de Compostela y que organiza el Centro Galego de Arte Contemporánea.
Las obras que se exhiben en este contexto son "Esta noite, velada" sobre la historia del grupo de teatro aficionado de Asados (Rianxo) y que ya fuera seleccionada por el Festival Internacional de Cine de Ourense y "Arde Madrid" que recoge el testimonio sobre la "infancia perdida" a consecuencia de una Guerra Civil que les ha tocado vivir entre los cascotes de una ciudad sitiada. En este documental participa el periodista Eduardo Haro Tecglen, muerto escasos meses después de ser entrevistado y Ángeles García Madrid, Concha Carretero o Josefa Borrel, presas que fueron de la cárcel de Ventas y que narran sus vidas de niños durante los tres años que duró la contienda.
Faiado da Memoria tiene 70.000 fotos históricas de Vilagarcía y reclama un espacio municipal para su actividad.

............................

Hasta aquí o artigo. Na cabeceira deste post podedes ver unha das fotografías da impresionante mostra de dor no enterro dalgunha das vítimas do afundimento do Cabo Razo e que forman parte dos arquivos últimos que foron atopados desde que estamos preparando o documental.

Agora ven a información sobre a subida semanal.
Seguimos cos recortes, esa palabra maldita que se introducíu nas nosas vidas ao igual que a de crisis (coido que non lles será molesto ao estado que nos tamén lles recortemos no momento de pagar impostos), pero así estamos. As 10 fotografías repártense nas seguintes Galerías:

Familia (4)

Os deportes chegaron coa escuadra (3)

Os Amigos (3)

Disfrutade este fin de semana entre castañas e amigos, que o tempo está para tomar en quente, por en acción as vellas cociñas de ferro, as lareiras e as chimeneas. Pobres de aqueles que non as temos, pero sempre nos quedará a catalítica superser ou meternos na cama, co ordenador portátil, dúas mantiñas a maiores e un chiculate quente (e as castañas, loxicamente, asadas ou cocidas, ao gusto dos presentes.
Comentarios (11) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 12-11-2011 10:39
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [28]
© by Abertal