lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Co Outono... cambeos


Xa sabedes que este noso blog necesitaba unha "lixeira" reparación, xa o lixamos un pouco, agora estamos co barniz.

Estes días estamos a repartir as fotos da carpeta "Chegaron por Correo Electrónico" para outras carpetas. Mirade o que deciamos cando a inauguramos..."Esta galería convírtese nun caixón de sastre onde se mezclarán imaxes que deberían de estar en diversas galerías pero ao non contar coa cantidade suficente de forma temática pois optamos por xuntalas todas nesta."

Bueno pasaron catro anos, xa esta ben, hai que refundicionarse ou como se chame, non debemos ter espacios mal amañados.

A subida de hoxe vai a estar presente nas seguintes Galerías:

ATOPANDO DETALLES (3)

TASCAS, ULTRAMARINOS ,TAHONAS E COMERCIOS (1)

FAMILIA (1)

OS DEPORTES CHEGARON COA ESCUADRA (1)

OS AMIGOS (1)

PERSONAS RECORDADAS (1)

SOBRADELO (3)

TERRA DE ARTISTAS (1)

Feliz Outono

P.D.- Se alguén non escoita falar ultimamente do documental é por que o temos en paro. Non por que nos faga ilusión, non, é por que temos que desenvolver un traballo en Porto do Son para o seu futuro museo do mar e temos que entregalo antes da primeira quincena de outubro. Por iso estamos a traballar a contrareloxio e temos que aplazar o final do noso documental. Así, ao mesmo tempo, dámoslle tempo ao noso querido Arturo, realizador da música, a que a poida rematar... e tendo en conta de que anda alá polos eeuu, pois vai a cousa con mais calma. Pero pronto estaremos ahí. Mentras, tamén lle damos tempo ao concello a que remate (ou polo menos que comence) as obras do teatro da casa da cultura (que oxala lle poñan o nome do noso amigo Ricardo Urioste que tanto tivo que facer alí) xa que é o sitio onde nos gustaría estrenar o documental.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 22-09-2012 19:12
A NOSA XENTE DO MAR

Mariñeiros, pescantinas, bateeiros,... a todo aquel e aquela que teñan algo que ver co mar, o Faiado (xa era hora!) acaba de actualizar a súa carpeta. Só tiña dez fotografías e pasamos a cincuenta e dúas. Non está mal, pouco a pouco será grande, porque dos mariñeiros temos unha chea de imaxes.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 19-09-2012 18:33
A ILLA DE CORTEGADA

Mellorando a carpeta, pasamos de vinte fotos a cen. Esto, dunha tacada, non está mal. ¿A que non?.

Algunha das fotos van sair do Carril e formar parte de Cortegada, e de xustiza, ou polo menos asi o consideramos nos.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 18-09-2012 18:12
As subidas son mais faciles

Para os do Faiado claro esta, porque xa vos contamos que aquelo que faciamos era un queime. Esta seman imos darlle un puliño a carpeta "Lobos de Mar" con xente mariñeira e pescadora do noso concello, tamen a "Cortegada" que a temos penosa.

SUBIDA DE HOXE

GUILLAN 2

DE BARES E TENDAS 1

O CENTINELA 1

PERSONAS RECORDADAS 1

OS AMIGOS 1

SOAN CAMPAS DE VODA 2

MULLERES TRABALLADORAS 1

FAMILIA 1

Destacar en esta portada a labor de Marite Montesinos, que vive no Ferrol, que non coñece a nadie porque ainda que naceu en Vilagarcia, fai mais de coarenta anos que se foi. Marite esta a escribir nas fotos que estan soias, que non teñen comentarios. Todo un merito porque sempre atopa palabras, a foto falalle. Gracias Marite
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 15-09-2012 18:09
XA ESTA AQUÍ A SUBIDA SEMANAL!

Non podía ser menos, novo fin de semana, nova subida.

E esta vez a pesares dos calores que nos traen un tanto atolandrados, pero O faiado, casi inmune ao desfalecemento, consigue meter dez novas fotografías no seu blog.

E estas están nas seguintes Galerías:

Bamio (2)

Guillán (2)

Mulleres e traballo (1)

Traballando duro (1)

De bares (3)

Sobradelo (1)

E agora xa podedes ir a sentaros nos bancos de Ravella. Quizás non sexan aqueles bancos que lembrades da vosa infancia e xuventude, pero mellores que os dos anos oitenta si que son. Polo menos teñen cor e non son dun azul monocorde.

Disfrutade tranquilamente.
Comentarios (3) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 08-09-2012 23:54
CHEGOU SEPTEMBRO

Tíñamos moitas ganas de que finalizara Agosto. Foi un mes tortuoso, con perdas irreparables, tamen para o Faiado, indudablemente.

Chegou Setembro, como a canción*, imos cara o outono, que tamén é unha bonita estación, ten follas caidas (traballo para os da limpeza das rúas que non falte), follas roxas, amarelas, esas postas de sol por riba do Barbanza, por riba do noso mar... ai, que bonito!

Bueno, imos dar unha noticia que igual é un pouco cabreante para os nosos blogueiros. Imos ter un tempo de traballo fino, temos que ter rematado para este mes o aporte audiovisual para o futuro Museo do Mar de Porto do Son, chegar ao remate de Desde Dentro do Corazón o documental que será integro sobre Vilagarcía coma xa ben sabedes, logo pensamos que para Outubro teremos que trasladarnos para o noso novo domicilio... todo esto vai para deciros que as subidas semanais nunca serán de mais de dez fotos. É imposible seguir desta maneira, con tantas fotos que dedicamos toda a semán a subida dos sábados. Non podemos seguir así polo menos nas próximas datas. Esperamos que sepades comprendelo.

No Agosto tamén fusionamos algunhas carpetas. esapareceu Dando a Nota, as súas fotos están agora en Terra de Artistas. As que había en color, dalgunha exposicion ou acto, as pasamos ao blog de O Paseante. Ainda nos quedan algúns arreglos no blog pero xa iremos aos poucos. Mañán diremos as fotos que temos no blog, tamén a cantidade de comentarios.

Escomenzamos hoxe unha nova etapa, un ano mais de blog, xa sabedes que hai moitas fotos sen comentarios, non nos gusta, nos parece un desprecio... ¿Poderíades facer un esforziño?

Subida de hoxe. Por ser a primeira pasamos do límite das dez fotos, pero so como unha deferencia logo de un mes de vacacións.

As 22 novas fotos están nas Galerías de:

ATOPANDO DETALLES (3)

CREO EN DIOS PADRE... (1)

TERRA DE ARTISTAS (5)

OS AMIGOS (10)

SEMPRE EMIGRANTES
(1)

RUBIÁNS (2)

Disfrutade.

(*) Para os que non teñan a cultura musical de Margarita temos que decir de que Setembro é unha canción interpretada pola portuguesa Madalena Iglesias que conqueriu o segundo premio da Canción do Mediterraneo de 1966. Ahí queda este apunte emocional.
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 01-09-2012 19:49
AGOSTO DE VACACIÓNS NO BLOG

Imos dar outra noticia... ¡COLLEMOS VACACIÓNS¡. ¿Acaso non o merecemos?. Gustaríanos que fosen pagadas, pero é o que hai.

Este blog vai camiño dos catro anos... de forma ininterrumpida... Bueno, como neste momento estamos rematando o documental, (xa sei que esto xa o dixemos moitas veces, pero é verdade, da un traballiño!), ainda que para agosto, non. Sen embargo para ese mes estamos coa sorpresa da exposicion (ostras, xa non é unha sorpresa) que imos ter nas festas, estamos a mellorar o libro que sairá logo do documental, estamos cos obreros no piso (por certo, o xefe das obras é o noso Roberto Ocaña, mais vale que quede ben). Entón... son demasiadas cousas.

O blog no verán baixa en comentarios, é normal, a xente esta na rúa, na praia. Este ano todos necesitamos festa, senón caemos nunha depresión. Bueno, entón declaramos vacacións as subida de fotos semanais. Non queremos decir con isto que vamos a realizar unha desconexion total... ¡Non¡. De vez en cando diremos cousas, informaremos... Se tedes moito mono... porfa facede comentarios nas fotos que non o teñen, que están orfas, que ninguén lles escribe.

E dito isto realizamos a derradeira subida do mes de xullo e continuaremos en setembro:

A PRAIA COMPOSTELA (1)

ATOPANDO DETALLES (6)

BAILAMOS? (3)

CEA-CASTROGUDÍN(1)

FAMILIA (11)

OS AMIGOS (3)

PERSONAS RECORDADAS (7)

PRIMEIRAS COMUÑÓNS (4)

SOAN CAMPAS DE VODA (1)

VILAXOÁN Vilagarcía de Onte 10

Bo verán, Boas Festas e Boa Saude.

E disfrutade, ante todo, disfrutade.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 28-07-2012 22:08
A ESCOLA DE DON JOSÉ

O Chichirico, en Guillán, no ano 1965. A foto, donada por Roberto Ocaña, invita a identificación dos rapaces. ¡ANIMÁDEVOS¡

Hoxe a nosa subida vai a empezar no pobo do Carril con sete fotos, en Vilaxoán temos outras sete fotografías novas, e Guillán dúas. E oito na Vilagarcia de onte.

Disfrutade do verán que os calores xa chegaron e, ao mellor, o luns xa non están (bueno os Pemáns din o contrario, pero vai ti a saber).
Comentarios (1) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 20-07-2012 21:38
MEDIADOS DE XULLO

Onte abrimos unha nova carpeta, vai de noticias do noso pobo, pensamos que é interesante e apréndese cousas que nunca tal supemos.

Chámase: PERCURAS E INVESTIGACIÓNS

Empezamos con vintesete noticias, esperamos que sexa interesante para todos vos.

Tamén na carpeta de POSANDO incorporamos doce fotos novas.

Nas Galerías de SOAN CAMPÁS DE VODA, PRIMEIRAS COMUÑÓNS e FAMILIA hai fotos novas.

Temos peticións de varias personas para que lle coloquemos fotos da súa xente, pedimos disculpas polo retraso, pero non paramos quietos e os días non dan para mais. A ver si chega o veran e collemos enerxía.

DISFRUTADE
Comentarios (0) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 14-07-2012 22:25
SUBIDA PARA ALEGRAR A SEMANA


Para a nosa xente que lles gustan as fotos, lembrar como eramos, non esquencer o que somos. Para o nosos fieles blogueiros e para os que chegan novos, a todos eles e elas, vai adicada a nova subida.

E aquí, nestas Galerías, podedes contemplar o traballo:

A Vilagarcía de Onte (10)

Familia (6)

Gaudeamus Igitur
(2)

O Carril (2)

Os Amigos (2)

Primeiras Comuñóns
(1)

Terra de Artistas (con Maiúscula)
(1)

Traballando Duro (2)

Trabanca a Torre (10)

Vilaxoán
(4)

Unha cousiña, o primeiro pedir perdón aos donantes que ainda non lles subimos fotos ao blog, as veces o tempo, outras veces a propia filosofía da páxina, temos que incidir en algunha carpeta e non coincide cos últimos escaneados... bueno tranquilos, sen fotos no blog non vai quedar ninguén. GRACIAS

E agora a disfrutar.
Comentarios (2) - Categoría: Actualizacións da Galería de Fotos - Publicado o 07-07-2012 21:36
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [28]
© by Abertal