CÁMARA EN MAN! SOBREVOANDO A BRECHA DIXITAL
Memoria, apoderamento, diversión e aprendizaxe das novas tecnoloxías. Este é o enriquecedor resultado dunha simbiose con moitas potencialidades e grandes camiños que percorrer por diante: a das persoas maiores cunha plataforma como YouTube. O certo é que de primeiras, cando pensamos nunha youtubeira ou youtubeiro ao uso, o máis habitual é que nos veña á cabeza algunha persoa moza que xa case nacese sabendo utilizar YouTube. Mais, como adoita acontecer, non é de todo xusto quedármonos nesa primeira impresión: o YouTube galego é para todas as xeracións, para todas as idades!
Boa proba disto son canles de YouTube coma Contos do mar, Cóntallo a Cambados ou Memorias da Pontragha. As tres buscan poñer en valor a través do vídeo as vivencias de quen xa leva moita vida ás costas. Un particular taller de memoria, unha aula dixital e a ansia de buscar novas historias que contar foron a semente destes tres proxectos cos que moitas persoas non familiarizadas coas redes sociais e co YouTube entraron nestes lares dixitais.
Para coñecer de primeira man estas experiencias e achegármonos ás aprendizaxes e dificultades que puideron atopar polo camiño, falamos con Fátima Rodríguez, parte de Promove Consultoría, impulsora de canles como Contos do Mar, a Memoria dos Lugares ou Muros Memoria; con Maca e Balbina, profesora e alumna da aula de informática na que agromou Memorias da Pontragha (en Ordes); e con Antonio Caeiro e Margarita Teijeiro, creadores da webserie Cóntallo a Cambados, do Faiado da Memoria.
E non só se viralizaron entre a veciñanza máis achegada. Un poder das creacións audiovisuais das persoas máis maiores no YouTube ten que ver coa gran capacidade de alcanzar proxección internacional a conta da poboación galega migrada en países latinoamericanos e europeos, onde resoaron as historias que contaban. “Esta foi unha parte moi chula do proxecto, houbo persoas de fóra que deixaron comentarios, e nas estatísticas de visualizacións víanse perfectamente as conexións destes vídeos coas colonias de persoas emigradas”. Sabemos ben que o YouTube non ten fronteiras, e as memorias destas youtubeiras teceron así un valioso fío entre a emigración e Galiza.
Isto mesmo tamén o conseguiu a webserie Cóntallo a Cambados, creada por Faiado da Memoria, unha asociación que ten como obxectivo a busca e a dixitalización de material gráfico, audiovisual, sonoro e documental sobre Galiza en xeral, e Vilagarcía de Arousa en particular. “Chegaron mensaxes dende Arxentina! Foi emocionante. Elas estaban tremendamente encantadas de recibir este apoio emocional a esa idade, cando nunca pensas que vas ser parte do mundo virtual”, relatan Antonio e Margarita, quen dirixiron o proxecto. Participaron nel un total de 15 persoas de entre 50 e ata 96 anos de idade. “Viviron o proceso de gravación dun xeito moi natural, rápido se desinhibían”, comentan.
O Faiado da Memoria ten xa unha longa traxectoria na Internet, e esta canle supón o salto a YouTube a través dunha webserie. Grazas a isto, moita xente maior, especialmente de Cambados e de Vilagarcía, está pulando por rachar coa fenda dixital e manterse conectada aos proxectos da asociación. “Hai quen nos pide pola rúa que lles expliquemos como ver os vídeos ou a páxina web, e nós creámoslles accesos directos ao YouTube para que entren máis facilmente”, explican Antonio e Margarita, que non descartan levar adiante unha segunda parte da webserie. “Hai moitas historias aínda por contar!”.
Subidas en OS VECIÑOS, GAUDEAMUS IGITUR, CORNAZO.
En portada a Praia Compostela, nunha fotografia con unha forma estrana, nada que ver ca maravilla de foto creada polo fotografo.
Somentes queriamos compartila, a dereita a casa da familia de Mary e Juan Luis Patiño entre outros .
Ahi vamos, transcurrindo Xaneiro, con moito frio
Bos dias, saude para todos
Subidas en OS VECIÑOS, SOBRADELO é TERRA DE ARTISTAS.
En portada, fotografia da vanguardia vilagarcian da cultura a finais dos anos coarenta. Grupo, cuadro de zarzuela coa xente que xa facia anos que estaba a o servicio da movida cultural da epoca. Entre eles Luis Gomez, Mary Fernandez, a tiple do Carril, Ricardo e Quinso Lores, Vicente Jamardo, Bernarda Sosin, Lolita Penide, Rogelio e Martina Vazquez. Eles foron os alumnos de aqueles mentores chamados, Urioste, Buhigas é Manolo Rey este ultimo autor da LENDA DE MONTELONGO.
Bos dias, derradeiro fin de semana de Xaneiro.
QUE BEN O COCO. Na infancia todos escoitamos algo parecido. Asi é o titulo que Carlos Rey,colocou na sua obra.
O autor sera presentado pola sua curman, Beatriz Comendador, Arqueologa na universidade de Vigo. Ambolos dous, netos do irrepetible Manolo Rey, autor de unha chea de traballos entre eles A LENDA DE NONTELONGO, unica no seu xenero escrita e desenrolada en galego.
Esperamosvos, entrada gratuita, como sempre
Porque ABERTAL donou douscentos euros, para mercar sillas, tamen Katy Silva e Fernando Blanco, Eduardo Garcia, bueno un pulo importantisimo para a compra do material que solicitamos.
Nunca podemos esquencer de dar as ¡MOITISIMAS GRACIAS¡¡¡¡SODES FORMIDABLES¡¡
LOLA CECILIA RUIZ
JUANA LOLITA CAMIÑO
ROSA ANA DEL RIO
MARTINA CANDIDO CASTRO
MAMA NIEVES ROSANA CUESTA
NITO CAMBRE 2 SILLAS
PEPE ALVAREZ 2 SILLAS
XOSE CASTRO RATON-CASTRO RATON
ALBERTO AVENDAÑO 50 EUROS
ROBERTO OCAÑA 35 EUROS
ANONIMO,ALBERTO 35 EUROS
MARIA RITA DE LA TORRE BOVEDA 35 EUROS
M OTILIA GARCIA CONDE 50 EUROS
M JESUS ESTEVEZ RODRIGUEZ 40 EUROS
EDUARDO GARCIA GONZALEZ 50 EUROS
fERNANDO BLANCO E KATY SILVA -PATUCAS E TERESA
ABERTAL CINCO SILLAS 200 EUROS
Subidas en OS VECIÑOS, é VILAXOAN.
En portada, filla mais vella de Daniel, propietario do Restaurante Carballines, na fotografia con os seus nenos.
Oxe, venres, temos un acto no Faiado, presentacion de un libro especial, reflexo da infancia de todos nos, resultado da investigacion de Carlos Rey. A todos nos tocará o corazon é a memoria.
Presentara o acto Beatriz Comendador, curman de Carlos.
Nos vemos no Faiado, bos dias.
QUE BEN O COCO. Na infancia todos escoitamos algo parecido. Asi é o titulo que Carlos Rey,colocou na sua obra.
O autor sera presentado pola sua curman, Beatriz Comendador, Arqueologa na universidade de Vigo. Ambolos dous, netos do irrepetible Manolo Rey, autor de unha chea de traballos entre eles A LENDA DE NONTELONGO, unica no seu xenero escrita e desenrolada en galego.
Esperamosvos, entrada gratuita, como sempre
Xa pasamos das quince sillas, a solidaridade enche os corazons de unha calidez extraordinaria.
Ahi vai a nova lista:
LOLA CECILIA RUIZ
JUANA LOLITA CAMIÑO
ROSA ANA DEL RIO
MARTINA CANDIDO CASTRO
MAMA NIEVES ROSANA CUESTA
NITO CAMBRE 2
PEPE ALVAREZ 2
XOSE CASTRO RATON-CASTRO RATON
ALBERTO AVENDAÑO 50 EUROS
ROBERTO OCAÑA
ANONIMO,ALBERTO
MARIA RITA DE LA TORRE BOVEDA
ANONIMO
M JESUS ESTEVEZ RODRIGUEZ 40
Subidas en Os Veciños, Tascas é Centros de Traballo, Os Durans.
En portada, foto de finais dos anos cincoenta, nela se recolle, casi toda unha xeneracion, a que logo co paso do tempo, seria parte do aval economico da vila,traballadores que colaboraron co crecemento economico e social do noso pobo.
Entre eles, Rosarito, Jose Enrique é Esperanza, fillos das tres irmans Dominguez, Dito e Manolo Bueno, Manolito Trillo, Gonzalo Bouza Brey...se agradecen mais nomes.
Bueno seguimos a vivir un Xaneiro moi frio, coidadevos, bos dias.
QUE BEN O COCO. Na infancia todos escoitamos algo parecido. Asi é o titulo que Carlos Rey,colocou na sua obra.
O autor sera presentado pola sua curman, Beatriz Comendador, Arqueologa na universidade de Vigo. Ambolos dous, netos do irrepetible Manolo Rey, autor de unha chea de traballos entre eles A LENDA DE NONTELONGO, unica no seu xenero escrita e desenrolada en galego.
Esperamosvos, entrada gratuita, como sempre