lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Dia vinteseis de confinamento

Cada un, cada habitante do pobo colabora como pode pra pasar o rato, homenaxear a xente que esta partindose a saude pra curar, levar informacion, dando a cara nos super, transportistas, os das resistencias de balcon, cantando o aplaudindo, e por suposto o Faiado da Memoria, con ampliacion de fotografias pra colaborar con todos.
Veremonos na rua, coidadevos, imos ben, bos dias saude

Imaxen cedida pola familia Fuentes de Cornazo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-04-2020 08:06
Dia vintecinco de confinamento

Unha chea de tempo, un cambio nas nosas vidas, lembrade que obedece a un feito que pasará, sin duda pasará. Xa vai alá tamen unha seman do mes de Abril, pasan os dias rapidos, pensade con animo, en positivo, chegara o vran, saira o sol.
Mentras non o faga, PACIENCIA. Bos dias, saude
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-04-2020 08:30
Data vintecatro de confinamento

Pois eiqui estamos, xa e dificil decir algo novo, salvo que lembraremos esto e o valoraremos con outra perspectiva cando pase un tempo, por ahora tiremos pra diante, os datos son optimistas e nos tamen. Sin esquencer nunca os que quedaron no camiño. Bos dias, saude para todos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2020 08:04
Dia vintedous de confinamento

Todo ira a millor a os poucos, porque nadie sabia nada do que nos viña encima, na actualidade a ciencia os cientificos estan estudiando as formas de combatilo. Ate aqui esta sociedade foi autenticamente disciplinada, quedouse na casa, colectivamente pra non seguir deixando vidas no camiño.
O final seguramente esta mais cerca, pero hai que seguir confinados polo ben de todos. Saude e bos dias








Familia Recio
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-04-2020 08:06
Dia vinteun de confinamento

Ahi fora chega outro dia precioso de sol, non podemos sair a rua imos ser responsables polo ben de todos, tamen do noso, da xente que queremos, pensemos en positivo, quedan moitos dias que saira o sol e poidamos disfrutalo.
Mentras tendes o Faiado, o vello e o novo, xa sabedes que temos duas paxinas, merecen a pena, intenta visualizalas e moi facil,sinon pide axuda.
Saude, bos dias
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-04-2020 09:12
Dia dezanove.de confinamento

Do encerro coletivo, que estamos a sofrir, nas nosas casas metidos, loitando contra un enemigo que causa morte e destruccion por donde pasa.
Temos que botarlle animo, moito animo e sacalo uns de outros, esto non e un problema noso, e de todos e mundial.
A investigacion e crucial, si non atacamos o virus ca ciencia, non habera forma de acabar con el.
Bos dias moita saude

Na imaxen Luisa Veloso e Ricardo Baltar cos fillos mais vellos, Maria do Carmen, Moncho e Vicente.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-04-2020 12:25
Dia dezasete de confinamento


Adeus a Marzo, imolo despedir como merece, dandolle unha boa pitada, nunca tal pensamos, e iso que a xente normal do Pais, os traballadores temos que sentir que non hubo dubidas pra o confinamento por parte da nosa administracion politica, o Reino Unido, Alemania, Estados Unidos, Brasil resistironse a tomar medidas por aquelo de non resentir a economia. A dereita e os cartos. Si o goberno español tomase no seu dia ese camiño, non sei donde chegarian os mortos.
O mes de Abril, o mes das Letras chega mañan, esperamos que sexa bó, que se porte ben e nos deixe sacar de enriba as angustias do anterior.
Bos dias saude para todos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-03-2020 09:16
Co Director do IES

Do Instituto Proval de Nigran esta un carrilexo de pura cepa, Daniel Mulet Perez, meu primo, da circunstancia que acabo de escribir de que estaba no colexio e de que era o seu director entereime onte, cando se presentou, a verdade quedamos moi ledos do trato recibido, polos alumnos, docentes e director.
Gracias Daniel, é moi gratificante que o noso traballo se leve polos centros como coñecemento de unha situacion vivida polas mulleres durante decadas. Un saudo, agradecidos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2020 08:58
No MUSEO DO POBO GALEGO


O sábado inaugúrase a exposición AS PEQUENAS COUSAS no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. E alí estamos os de O Faiado Da Memoria colaborando, como non ía a ser menos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2020 20:44
Polo mundo adiante

Neste mes de marzo que entra tamén é o punto inicial da programación de exhibicións do noso documental EU TAMÉN NECESITO AMAR.
E comenzamos por Oia, Nigrán, Vigo, San Sadurniño e Santiago de Compostela (ainda que de esta última ainda non sabémola data).
Esperamos contar con todos/as vos nas distintas proxecións e esperamos que COMPARTADES esta nova para que chegue a información a mais personas que lles gustaría asistir.
Gracias.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2020 17:23
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [121]
© by Abertal