lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NON É UNHA BROMA CONSEGUIR CEN FAMILIAS |
|

O aval de cen familias, cartos que deron para colaborar co noso documental, documental no que levamos traballando unha chea de tempo e sen recursos económicos... ¿QUEN TRABALLA SEN COBRAR?.
Facemos cultura, lembramos as vidas anteriores do noso pobo, pobo que tivo varias vidas... ¿Sabedes de que temos ganas?: DE REMATAR.
Faise bastante feo esto de ter que pedir axuda, esto non hai corpo que o aguante.
GRACIAS A TODOS E TODAS, de corazón. |
|
|
|
FALTAN OITO DÍAS |
|

Casi estamos na última semán.
Onte me decía unha amiga por telefono: "Si los amigos que teneis en el Facebook dan cinco euros cada uno pues ya estaba"... E sobraba,pero bueno, en realidade moitos dos que entran no noso facebook son "amigos" con moitas comillas, os facemos felices vendo fotos e nada mais. E están no seu perfecto dereito. Pero a hora da verdade...
Bueno xa sabedes e luns, entramos nunha nova semán. Derradeira e definitiva para a nosa campaña. Ou agora ou nunca. |
|
|
|
DENTRO DE NOVE DIAS REMATAMOS |
|

Por suposto, con éxito, porque faltan douscentos e pico de euros. Non nos cabe ningunha dubida de que imos chegar. Sobre todo porque sabemos da xente que nos chama pedindo o número de conta. Non hai fallo... chegaremos.
Os donantes estarán no remate dos creditos do documental... sera bonito, o día de mañán, que os biznetos vexan aos seus bisavós colaborando co primeiro documental en homenaxe a Vilagarcía. É o noso pobo, un orgullo de pobo. Lembrade que os donantes tamen terán o documental sen pagar un euro mais.
Coa foto queremos homenaxear a amistade, a boa veciñanza, a lealtade, a bondade. Así nos sentimos os do Faiado coa familia Penide-Pérez. AMIGOS desde as nosas infancias. Como dí a canción, AMIGOS PARA SEMPRE... |
|
|
|
FALTAN DEZ DIAS |
|

Foto da Illa de Cortegada no 1907, triste ano para os seus propietarios, colonos que lles obrigaron a cederlle a illa ao rey daquela, o Alfonso XIII, quen por certo, nunca se ocupou nin dos veciños nin de Cortegada. Salvo cando foi de vendela e cobraren os seus herdeiros.
Bueno, logo da parrafada, decir que só nos quedan dez días para poder facer a donación para o noso documental "Desde Dentro do Corazon".
Nos está chamando moita xente que queren donar, xente a que nós lles quedamos moi agradecidos, nos tempos que corren só o Faiado pode ter xente tan xenerosa. |
|
|
|
FALTAN ONCE DIAS |
|
 Entramos en Xuño, son as sete da maña do dia primeiro e esta a caer unha fina tormenta sobre Vilagarcia
O Carril. 21 de xuño de 1957 Carril 2- Bamio 2. Equipo do Carril: O Pirulero, Ricardo Lijó, Moncho Iglesias (Pelones), Manuel Bóveda, Felix, Pablo Obelleira, Pepe Abuín, Pepe Fresco el carrizo, Carlos Suárez (abaixo) José García (el Randa), Tucho Crespo, Luis Hierro, Berete e o Tete (Moncho Ares). A foto va camiño dos cincoenta e cinco anos.
Esto e para contaros que imos indo ben, que o documental vai a ir o suficientemente preparado, e que nos van levar unha chea de tempo leer os titulos de credito, que por suposto seran os titulos da SOLIDARIDADE. |
|
|
|
FALTAN DOCE DÍAS |
|
 Poñemos unha foto de Pepita Durán e dos seus sobriños, Dieguito e Luisa.
Pepita era unha muller que tivo que loitar coa vida pero o fixo a ritmo de humor, xa podían caer chuzos de punta e estallar crises e o que viñera... Pepita non perdia o "cine da última", como se lle chamaba a derradeira función cinematográfica do día.
Nós imos facer como ela... faltan doce días e 335 eurillos. ¡Eso non é nada ímolo conseguir!
E hasta nos vai sobrar para empezar co libro de Vilagarcia.... GRACIAS a TODOS E TODAS os que colaborades.
E hasta aos que non, porque non poden, non se enteraron ou non queren. |
|
|
|
Faltan trece dias |
|

Para rematar esta campaña. Faltan tamén, para conseguir a cantidade pedida, cerca de catrocentos euros. Nun pobo como Vilagarcía non está nada mal que cen familias che avalen con cartos e te apoien publicamente. O público do Faiado soe ser dunha certa idade, non o teñen facil co do internet, isto lles chega un tanto tarde, pero fan esforzos imposibles para non ir detrás, senón ao lado, por iso, moitos, non o teñen fácil co de Verkami... optan por solucións mais acordes coa súa experiencia e din aquilo de "dame un número de conta que o ingreso no banco". Pero o fan e buscan unha solución para apoiar esta iniciativa do Faiado. Por iso lles decimos que moitas gracias e como aquel programa de radio de Alberto Oliveras... ¡¡¡USTEDES, SON FORMIDABLES!!! |
|
|
|
A QUINCE DIAS DO REMATE |
|
 Fai un tempo fixemos unha visita a o propietario de unha imprenta e non sei cantas cousas mais que por certo utiliza moito Vilagarcia pero non e de aqui, non e do pobo. Nos ibamos...¡ilusos¡para que nos adiantara uns exemplares dun libro de fotografias, dito libro fai mais de un ano que esta preparado para sair....empezou aquel home a decir que tivo que facer un ERE debido a crisis, que a crisis en boa parte era debida a que os traballadores habian tirado moito da tarxeta bancaria....Abraiados saimos da conferencia economica.
Ese libro sigue preparado para sair. O decimos por si a empresa local ten a ben botar unha man |
|
|
|
FALTAN DEZASEIS DIAS |
|
 Xa falta menos...a ver como se presenta a seman, en canto a mediana empresa, a que tamen pedimos un pequeno esforzo, todo vaia pola cultura de Vilagarcia polo seu pasado e polo seu presente, esto faise de forma normal desde fai unha chea de tempo en outros lugares e considerado de forma normal. Eiqui comprase un documental, como quen vai a Mercadona, a polo pan. Imos ben estade tranquilos, xa o explicaremos dando as contas craras cando esto remate. E non dudar, temos un libro precioso que si nos pasamos en recaudacion nos vendria de perlas para a imprenta. Mañan e outro dia, feliz fin de semana.
Ah, por certo, a subida desta semana está dous pisos mais abaixo. É o problema de por tantas cousas dunha soa vez. |
|
|
|
FALTAN DEZASETE DÍAS |
|
 Porque estábame a trabucar e daba un día de mais, a nosa petición remata o día doce de Xuño que é un bonito día a piques de celebrar a entrada do verán.
A foto, miradea ben, por ahí entraba a Escuadra Inglesa, por ahí foise o Cabo Razo dereito a traxedia, por ahí chegou ao Carril, o ouro nejro que tan positivo foi para tantas familias, ese era o mar que chegaba a beira das nosas casas, nunha relación de amor que tivemos e que as cabezas pensantes (os que só pensan neles mesmos)romperon para sempre.
De todo eso trata o documental de Antonio Caeiro... do mar, de Vilagarcía.
Ás nosas donantes de onte, Esther Dasilva, Marite Montesinos e Margarita Coello, mil agradecementos do mais sincero.
Este sistema de micro financiación xa é vello en outras latitudes, aquí imos con retraso, só estades anticipando os cartos para recibir o noso traballo. GRACIAS. Casi chegamos as cen familias... non esta mal.
As superaremos de aqui a o doce de xuño... pero só coa vosa axuda.
Para aqueles que non lembren a páxina de Verkami lla lembramos nos: http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9402 e para aqueles que lle teñan pánico ou descoñezan o intercambio de diñeiro a través de internet lembrar que hai unha conta aberta para elo. Gracias de novo. |
|
|
|
|
|
|
|
|