lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

NON É UNHA BROMA CONSEGUIR CEN FAMILIAS

O aval de cen familias, cartos que deron para colaborar co noso documental, documental no que levamos traballando unha chea de tempo e sen recursos económicos... ¿QUEN TRABALLA SEN COBRAR?.

Facemos cultura, lembramos as vidas anteriores do noso pobo, pobo que tivo varias vidas... ¿Sabedes de que temos ganas?: DE REMATAR.

Faise bastante feo esto de ter que pedir axuda, esto non hai corpo que o aguante.

GRACIAS A TODOS E TODAS, de corazón.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2012 18:29
FALTAN OITO DÍAS


Casi estamos na última semán.

Onte me decía unha amiga por telefono: "Si los amigos que teneis en el Facebook dan cinco euros cada uno pues ya estaba"... E sobraba,pero bueno, en realidade moitos dos que entran no noso facebook son "amigos" con moitas comillas, os facemos felices vendo fotos e nada mais. E están no seu perfecto dereito. Pero a hora da verdade...

Bueno xa sabedes e luns, entramos nunha nova semán. Derradeira e definitiva para a nosa campaña. Ou agora ou nunca.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2012 09:19
DENTRO DE NOVE DIAS REMATAMOS


Por suposto, con éxito, porque faltan douscentos e pico de euros. Non nos cabe ningunha dubida de que imos chegar. Sobre todo porque sabemos da xente que nos chama pedindo o número de conta. Non hai fallo... chegaremos.

Os donantes estarán no remate dos creditos do documental... sera bonito, o día de mañán, que os biznetos vexan aos seus bisavós colaborando co primeiro documental en homenaxe a Vilagarcía. É o noso pobo, un orgullo de pobo. Lembrade que os donantes tamen terán o documental sen pagar un euro mais.

Coa foto queremos homenaxear a amistade, a boa veciñanza, a lealtade, a bondade. Así nos sentimos os do Faiado coa familia Penide-Pérez. AMIGOS desde as nosas infancias. Como dí a canción, AMIGOS PARA SEMPRE...
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2012 09:48
FALTAN DEZ DIAS


Foto da Illa de Cortegada no 1907, triste ano para os seus propietarios, colonos que lles obrigaron a cederlle a illa ao rey daquela, o Alfonso XIII, quen por certo, nunca se ocupou nin dos veciños nin de Cortegada. Salvo cando foi de vendela e cobraren os seus herdeiros.

Bueno, logo da parrafada, decir que só nos quedan dez días para poder facer a donación para o noso documental "Desde Dentro do Corazon".

Nos está chamando moita xente que queren donar, xente a que nós lles quedamos moi agradecidos, nos tempos que corren só o Faiado pode ter xente tan xenerosa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2012 17:49
FALTAN ONCE DIAS

Entramos en Xuño, son as sete da maña do dia primeiro e esta a caer unha fina tormenta sobre Vilagarcia
O Carril. 21 de xuño de 1957 Carril 2- Bamio 2. Equipo do Carril: O Pirulero, Ricardo Lijó, Moncho Iglesias (Pelones), Manuel Bóveda, Felix, Pablo Obelleira, Pepe Abuín, Pepe Fresco el carrizo, Carlos Suárez (abaixo) José García (el Randa), Tucho Crespo, Luis Hierro, Berete e o Tete (Moncho Ares). A foto va camiño dos cincoenta e cinco anos.

Esto e para contaros que imos indo ben, que o documental vai a ir o suficientemente preparado, e que nos van levar unha chea de tempo leer os titulos de credito, que por suposto seran os titulos da SOLIDARIDADE.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-06-2012 07:33
FALTAN DOCE DÍAS

Poñemos unha foto de Pepita Durán e dos seus sobriños, Dieguito e Luisa.

Pepita era unha muller que tivo que loitar coa vida pero o fixo a ritmo de humor, xa podían caer chuzos de punta e estallar crises e o que viñera... Pepita non perdia o "cine da última", como se lle chamaba a derradeira función cinematográfica do día.

Nós imos facer como ela... faltan doce días e 335 eurillos. ¡Eso non é nada ímolo conseguir!

E hasta nos vai sobrar para empezar co libro de Vilagarcia.... GRACIAS a TODOS E TODAS os que colaborades.

E hasta aos que non, porque non poden, non se enteraron ou non queren.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2012 08:30
Faltan trece dias


Para rematar esta campaña. Faltan tamén, para conseguir a cantidade pedida, cerca de catrocentos euros. Nun pobo como Vilagarcía non está nada mal que cen familias che avalen con cartos e te apoien publicamente. O público do Faiado soe ser dunha certa idade, non o teñen facil co do internet, isto lles chega un tanto tarde, pero fan esforzos imposibles para non ir detrás, senón ao lado, por iso, moitos, non o teñen fácil co de Verkami... optan por solucións mais acordes coa súa experiencia e din aquilo de "dame un número de conta que o ingreso no banco". Pero o fan e buscan unha solución para apoiar esta iniciativa do Faiado. Por iso lles decimos que moitas gracias e como aquel programa de radio de Alberto Oliveras... ¡¡¡USTEDES, SON FORMIDABLES!!!
Comentarios (13) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2012 08:01
A QUINCE DIAS DO REMATE

Fai un tempo fixemos unha visita a o propietario de unha imprenta e non sei cantas cousas mais que por certo utiliza moito Vilagarcia pero non e de aqui, non e do pobo. Nos ibamos...¡ilusos¡para que nos adiantara uns exemplares dun libro de fotografias, dito libro fai mais de un ano que esta preparado para sair....empezou aquel home a decir que tivo que facer un ERE debido a crisis, que a crisis en boa parte era debida a que os traballadores habian tirado moito da tarxeta bancaria....Abraiados saimos da conferencia economica.

Ese libro sigue preparado para sair. O decimos por si a empresa local ten a ben botar unha man
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2012 08:44
FALTAN DEZASEIS DIAS

Xa falta menos...a ver como se presenta a seman, en canto a mediana empresa, a que tamen pedimos un pequeno esforzo, todo vaia pola cultura de Vilagarcia polo seu pasado e polo seu presente, esto faise de forma normal desde fai unha chea de tempo en outros lugares e considerado de forma normal. Eiqui comprase un documental, como quen vai a Mercadona, a polo pan. Imos ben estade tranquilos, xa o explicaremos dando as contas craras cando esto remate. E non dudar, temos un libro precioso que si nos pasamos en recaudacion nos vendria de perlas para a imprenta. Mañan e outro dia, feliz fin de semana.

Ah, por certo, a subida desta semana está dous pisos mais abaixo. É o problema de por tantas cousas dunha soa vez.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-05-2012 11:18
FALTAN DEZASETE DÍAS

Porque estábame a trabucar e daba un día de mais, a nosa petición remata o día doce de Xuño que é un bonito día a piques de celebrar a entrada do verán.

A foto, miradea ben, por ahí entraba a Escuadra Inglesa, por ahí foise o Cabo Razo dereito a traxedia, por ahí chegou ao Carril, o ouro nejro que tan positivo foi para tantas familias, ese era o mar que chegaba a beira das nosas casas, nunha relación de amor que tivemos e que as cabezas pensantes (os que só pensan neles mesmos)romperon para sempre.

De todo eso trata o documental de Antonio Caeiro... do mar, de Vilagarcía.

Ás nosas donantes de onte, Esther Dasilva, Marite Montesinos e Margarita Coello, mil agradecementos do mais sincero.

Este sistema de micro financiación xa é vello en outras latitudes, aquí imos con retraso, só estades anticipando os cartos para recibir o noso traballo. GRACIAS. Casi chegamos as cen familias... non esta mal.

As superaremos de aqui a o doce de xuño... pero só coa vosa axuda.

Para aqueles que non lembren a páxina de Verkami lla lembramos nos: http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9402 e para aqueles que lle teñan pánico ou descoñezan o intercambio de diñeiro a través de internet lembrar que hai unha conta aberta para elo. Gracias de novo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2012 08:44
© by Abertal