lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Estadísticas do blog
Como hoxe non vamos a poder subir xa que estamos nun proceso de almacenar (darvos conta de que estou a escibir en pleno domingo) escaneando unha boa cantidade de fotografías que nos chegaron este venres pasado.

Parte deste material, así como outro que nos foi chegando vía internet, vades a ter ocasión de poder velo durante a semana.

Pero como estaba botando unha ollada polo interior deste blog ocurríuseme recollelos datos estadísticos que temos.

E estes son os resultados:

Temos 87 artigos en portada (88 con este) divididos en 6 categorías. Neles atopamos 184 comentarios.

Donde realmente interesan son na parte dos espacios fotográficos. Contamos con 43 galerías de fotos nos que se almacenan, a día de hoxe, 966 fotografías (está claro que está semana faremos festa coa entrada da cuarta cifra). Pero o importante é a vosa participación sen a cal este blog estaría coxo, coxo, manco e sen vida. 2105 son os comentarios que fixéchedes e que permanecen activos. E iso que non todo o mundo que entra no blog deixa algo escrito, xa que teñen entrado un total de 5803 personas desde catro dos cinco continentes. Só falta por entrar de África.

De fora predomina a presencia de México e Estados Unidos. Dentro de España a presenza, case obvia ainda que hai días que é sobrepasada, de veciños de Vilagarcía, ainda que sabemos a ciencia certa de que moitos se conectan desde lugares con moitas terminais e un só servidor polo que co cómputo xeral estadístico só conta como unha visita. Seguinlle a zaga Pontevedra e Madrid. Logo comprobamos que hai vialgarcianos e vilagarcianas espallados por toda España e todo o mundo.

A todos e todas vos estamos moi agradecidos pola presenza e polo ánimo que nos dades ainda que só sexa coa sensación de que estades ó outro lado desta pantalla. Ainda que estedes calados e observando. Espero que algún día os soltedes e sexades dos que enchan este espacio de comentarios para contar esas microhistorias das que sodes depositarios. Todas e todos temos algo que contar e mostrar ainda que sempre temos a impresión de que non o saberemos facer, que teñamos faltas de ortografía, vergonza ou a idea de ¿a quen lle vai a interesar?. Para esta última direi que a nos, en primeiro lugar, e os demais en segundo, para as demais cuestións o pasamos polo aire. Todos e todas podedes aportar a vosa palliña e xuntos faremos un gran palleiro.

Aquí estamos e gracias por estar vos ahí.

Un abrazo a todo o mundo. Que agosto vos sirva para descansar e alí a donde vaiades lembrar que hai un ordenador para poder botar unha ollada e ver as últimas novedades.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-08-2009 23:34
O principio dunha festa dos recordos

Hoxe, 31 de xullo de 2009, remata a exposición unha década de historias,os 60. Bueno, rematar quizá sexa un término un tanto radical e inexacto. O que fai realmente e mudar de lugar. Durante o mes de agosto vai a estar exposta en diversos escaparates de comercios de Vilagarcía en colaboración co CCA Zona Aberta.

Logo, trala chegada do novo curso, a exposición entrará nos institutos Vilagarciáns comenzando polo de o Carril e servindo de apoio as materias curriculares.

Pero o espíritu dos anos 60 mantense presente. Dentro duns meses esa década de cambeos vai a cumplir medio século da súa estrea e nos vamos a seguir lembrándoa. Sobre todo os que nacimos neses anos e vamos a entrar no medio século ou es que naceron antes e o viviron cunha intensidade propia dun adolescente.

Para iso tivemos unha xuntanza no día de hoxe no Auditorio de Vilagarcía. O fin: preparar unha festa-concerto-revival desa época, reunindo, no posible, aos primeiros grupos que sentiron os novos ventos musicais que estaban chegando desde o mundo anglosaxón, como os Lunik´s, os Ibéricos, os Relámpagos ou os Strike's e por outro lado aquelas veladas creadas o redor da Voz de Arousa con Luis Gómez como executor e no que escoitábamos as voces de Scaloni, Marita ou María Anselma. Non vamos a esquencer o xérmolo desta actividade musical como foi a Tuna Vilagarciana que será, según desexamos, quen abra este espectáculo dos sentidos.

A data que se baralla é para o mes de decembro pero antes hai que desentumecer e darlle calor a algúns dedos e facer que as cordas vocais recobren o entusiasmo daqueles tempos. Ainda que todo o mundo sabe que cincoenta anos no son nada (que febril la mirada, errante en las sombras,...).

O importante neste acto non é a calidade (ainda que os presentes teñen pensado superar con moito o notable alto para tratar de alcanzar o cum laude case sen esforzo) senón ese reencontro emotivo cun tempo, cuns sentimentos, cuns amigos, e as veces con un mesmo e mostralo a unhas xeneracións paralelas e/ou moito mais novas. Poder decir "nos estivemos aquí" e, de feito, estamos. Non é un encontro de vellas "carrozas" é un estoupido de presencia vital. Trasmisión de arte.

Despois de botar unhas risas, que é o que fai falla en tempos de crise, os presentes deixaron patente o seu acto de creación colectiva con esta fotografía nas escaleiras do auditorio.

Tras os primeiros ensaios, previstos para setembro, iremos informando da composición e detalles deste espectáculo creado para o disfrute sonoro e visual dos que viviron eses anos e dos que non pero que desexarían telo feito.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2009 01:59
Atopado tesouro
No pasado mes de abril e co motivo da exposición Xente Nosa, pensábamos exhibir unha película que acabávamos de atopar. Os problemas derivados do formato no que estaba gravada fíxonos acudir a un lugar que nos o poidesen dixitalizar tendo en conta esa particularidade de extraño formato.

Mediante unha colaboración coa Axencia Audivisual Galega, realizouse o telecinado que non puido estar rematado nas datas que precisábamos. De feito entregousenos nesta semana, tres meses despois.

Estábamos nervosos xa que non sabíamos o que podíamos atopar no seu interior. E esta ansiedade acougou tralo primeiro pase particular que fixemos. No seu interior atopamos imaxes, realizadas cámara en man por un afecionado, nos anos que podemos datar nos primeiros trinta do século XX. Alí atopamos entre outras cousas a escuadra inglesa nunha das súas últimas visitas a nosa ría, sendo recibidos a porta do concello polo alcalde Elpidio Villaverde (primeiro alcalde da Segunda República), regatas de snipes, traiñas, gravacións familiares, Cortegada, chegada de trasatlánticos a vila, a praia Compostela, etc. En fin, todo un tesouro que se atopaba oculto nun escuro faiado esperando cunha man amiga o rescatase e que vise de novo a luz. Seguro que hoxe en día moitos destes tesouros ainda seguen agardando a chegada dun rescatador que no lo faga chegar.

O marxen podedes ver algúns dos fotogramas desta serie de películas que fan un total de sesenta minutos mais para o noso/voso arquivo.

En breve poderedes ver estas imaxes en movimento ven a través deste mundo virtual ou no real.

Proximamente daremos conta das imaxes
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-07-2009 14:14
FELICIDADES ARTURO!!
Non é de Vilagarcia. É igual, Arturo Solar, de quen onte falaba o introducir o vídeo das regatas que a música que se escoitaba era composta por el, acaba de ganar na súa sección, precisamente cunha banda sonora dunha película americana onde se incue ese tema, no festival de Música de Cine de Úbeda.

Sen dúbida é un alto prestixio para el que leva anos traballando neste sector (a pesares da súa xuventude xa que ainda non cumpriu os trinta anos) e que realizou dúas bandas sonoras para documentais nosos antes de marchar para Estados Unidos onde esta a vivir e traballar nestes momentos.

Este premio é un notable avance na súa carreira polo prestxio do mesmo.

Segue adiante, campeón!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2009 11:12
O antes e o despois


Abrimos unha nova galería que mais que nos, ahí tedes mais importancia vos. É a resultas dunha idea de Sergio García e el é quen a inaugura.

Trátase de volver a reproducir unha das imaxes que xa coñecemos, ou que temos por casa e sigue sendo inédita, gardando (mais ou menos) a mesma perspectiva, encuadre, posición, etc coa orixinal e poder así facer unha comparativa dun antes e un despois.

Isto gañará moito se á paisaxe en si lle engadimos material humano. Imaxinaros que nunha foto estades de primeira comunión polas rúas vilagarciás nun día do Corpus ou San Roque e agora volvémovos a ver con 30, 40 ou 60 anos. Xa non só varía a paisaxe senón a paisanaxe. E si é o bisneto o que toma a posición do bisavó, estupendo. Boeno, quen di bisavó, di pais, fillos, amigos e demais familia.

Esta galería, xa o decimos, depende de vos xa que vades a ser os creadores desa mitade que lle falla. Se vos inspirades nunha fotografía que xa temos debedes decirnos, no correo que nos enviedes, de cal se trata e se é algunha que tedes AINDA por casa deberedes enviárnosla xunto coa nova. Nos xa nos encargamos de montalas tal como fixemos con esta.

A de Sergio é o exemplo.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-07-2009 19:11
Perdoen polas molestias

Debeu ser demasiado o esforzo realizado para rematala exposición dos 60.

Internet fixo ¡PLUM! e estamos sen el, polo que non podemos contestar nin engadir nada.

Estamos fora de servizo momentaneamente e escribindo este aviso desde o exilio.

Pero enseguida volvemos.

Permañezan atentos/as o aparato.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2009 10:59
inauguración da exposición "Unha década de historias"

¡Por fin!

As oito e media (quizás uns minutos despois) e coa presencia do concelleiro de Cultura, Xosé Castro Ratón, a de Benestar Social e Xuventude, Ana Lorenzo e o presidente da Fundación 10 de Marzo, Manuel Villares, demos inaugurada a exposición unha década de historias, os 60.

Pero o mais importante era a cantidade de personas que estaban alí para acompañarnos neste novo nacemento. E moitos de vos podéchedes reencontrarvos ou recoñecer fisicamene a quen só se coñecía a través dos comentarios deste blog.

Estamos felices e moi contentos pola resposta que tivéchedes coa mostra e esperamos que vos tamén o estedes. Como é lóxico era díficil de poder contemplar a exposición con calma con tanta xente, por iso xa sabedes que agora, e desde o luns ao sábado e hasta o 31 de xullo, poderedes vela de forma mais tranquila no Auditorio. Lembrar que o Auditorio xa ten un horario de verán e abre de nove (9:00) da mañán a dúas (14:00) da tarde e logo de catro (16:00) a dez (22:00) da noite.

Esperamos que disfrutedes dese espazo real ó igual que o facedes neste virtual. E lembrar que estamos no segundo piso dese mesmo Auditorio para o que queirades.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2009 22:17
Unha década de historias


A exposición unha década de historias, os 60, xa está en marcha. O próximo martes, día 30, ás oito e media (20:30) da tarde terá lugar a súa inauguración oficial no Auditorio de Vilagarcía.

A exposición estará composta de 10 paneis cun total dunhas cen fotografías máis un aporte sonoro da época en forma de cancións e locucións e anuncios de radio onde se poden ver máis fotografías nun bucle continuo. Haberá unhas sillas para que a xente esté cómoda mentras contempla o pase.

Arriba deste artigo vai o cartel da exposición para que teñades coñecemento e podades pasala información.

O horario do Auditorio, á marxe do día de inauguración, é de 9 da mañán a 2 da tarde e de 4 a 10. O espazo que ocupa é de toda a planta baixa xa que a nosa vai a ser un complemento da exposición da Fundación 10 de Marzo, que tamén se inaugura ese día, e que trata sobre as mobilizacións estudiantis en Santiago durante o ano 1968.

Esperamos que as disfruten.
Comentarios (9) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2009 11:25
Abrimos OFICINA con Memoria!!!
Estamos que non collemos dentro de nos. Que saltamos de pura alegría. Como uns nenos con zapatos novos...e acharolados.
Xa temos un lugar, aparte deste virtual, donde poder atoparnos: Nunha oficina da Concellería de Cultura. No segundo piso do Auditorio Vilagarcián dentro da propia Concellería.
Alí poderemos vernos de forma tranquila calqueira mañán. Pódense traer fotografías, documentos, ir a preguntar calqueira cousa, enviar material, contactar para que vaiamos a facer unha visita a domicilio para escanear...que xa temos casa!. Pouco amueblada xa que somos recén casados e con poucos posibles, pero con ilusións de ter un servicio que nos poida achegar máis.

E ademáis se nos pode contactar por teléfono, no 986 51 26 00. Vamos, que mais fácil para contactar co Arquivo Social da Memoria, en dúas palabras, im-posible.

Esperámosvos.

E lembrar que o Auditorio é ese edificio que parece unha caixa, despois de atravesala avda da Mariña cara ó muelle e que está onde antes había mar pero, volo prometo, non se vai afundir...é seguro.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2009 10:21
A decepción de Salitre
O luns, 11 de maio, emitiuse na tvg a reportaxe "porto de Vilagarcía de Arousa" dentro do programa "Salitre".

Para aquel que non pudo velo en directo sempre pode seguir este enlace e aceder a el dentro da páxina web da compañia de radio e televisión de Galicia.

A reportaxe, para quen o Arquivo Social da Memoria de Vilagarcía realizou unha serie de traballos como a da búsqueda da maior parte das testemuñas e de material tanto gráfica como audiovisual, tivo unha nota de desprezo hacia nos: nin se nos nomea nos títulos de crédito. Logo se nos pidiu disculpas por elo, si, pero era a segunda trompada que se nos daba co mesmo programa. A primeira fora o desplante realizado polo director do mesmo hacia nos durante os días de gravación.

Non é intención nosa personal a da figuración, de feito os nosos nomes desaparecen tras o o xenérico do Arquivo, pero é unha consideración hacia quen te estivo armando un programa pondo todo o seu tempo a súa disposición. A misión que realizamos foi satisfatoria nese senso, é unha pena aquelas que, trala entrevista, non sairon na montaxe final ou que non foron aproveitadas en todas as súas posibilidades, pero esa simple inclusión nos títulos era máis que suficente recompensa. E que nin a Concellería de Cultura, a donde pertenece o Arquivo, se lle fai mención, e, vendo outros capítulos desa serie, non sucede o mesmo en outros concellos.

Pero que lle vamos a facer, sonche as cousas da farándula.

Eche o que hai!.

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2009 18:54
© by Abertal