lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
5 de Decembro do 2023, martes |
|
.jpg) Subidas en O CASTRO é BAMIO
En portada procesion en VILAXOAN.
Pois nada, a esperar soñando que o Arousa remonta a eliminatoria e deixa a o Valencia ca boca aberta.
Bos dias a VIVILO. |
|
|
|
4 de Decembro do 2023, luns |
|
.jpg) Subidas en SANTA LUCIA é FONTECARMOA.
En portada acto relixioso, duas aboas no momento da comunion.
Escomenzamos unha seman de moita festa, dias de descanso, vivamos como nos parezca, non sei como se portara o tempo metereoloxicamente.
Xa sabedes que PUBLINET elimina a BLOGOTECA a finais de mes, estamos a ver o que se pode facer para non deixar abandoados a nosa xente, para seguir disfrutando das fotografias. Iremos contando.
Bos dias, saude |
|
|
|
PARABÉNS A MILLÓNS |
|

Dolores Delgado e Baltasar Garzón, según os medios de comunicación, casan no día de hoxe. Por se acaso é certo, facemos un brindis colectivo, moi extenso de todas aquelas personas que admiramos a esta parexa.
NON SOMOS POUCOS.
O ano pasado, nunhas xornadas de memoria organizadas pola INICIATIVA CIDADÁ POLA MEMORIA HISTÓRICA de Vilagarcía e o FAIADO DA MEMORIA, participaron, agasalláronnos coa súa presencia, e todos sabemos, vivimos con eles a traca final, no restaurante donde celebramos a xuntanza.
Quedaron prendidos no corazón de todos. Hoxe, no seu día, felicitámolos, merecen ser felices, viven nun mundo complicado, ser personalidade no mundo dos xuristas e ser de esquerdas e moi complicado, si ademais eres muller, INTELIXENTE... o levan fatal.
Aos dous moitas gracias polas súas accións, desde o Ministerio de Justicia e desde o Juzgado número cinco da Audiencia Nacional, en accions de sanealo PAÍS.
Agradecemento para sempre. PARA SEMPRE.
Felicidades a millóns, a chorros, con moitísima admiración, RESPETO e agarimo.
A fotografía é de José Luiz Oubiña.
|
|
|
|
3 de Decembro do 2023, domingo |
|
.jpg) Subidas en TRABANCA A TORRE, VILAXOAN é A VILAGARCIA DE ONTE.
En portada, O Cavadelo, ca sua belleza orixinal, onte, nunha conversacion persoal con un amigo que esta temporada viaxou por estes contornos se queixaba amargamente, dos cambios a peor dos pobos nas mans de alguns e algunhas.Co facil que o temos sin querer lucirnos.
Bos dias, coidado co frio
|
|
|
|
2 de Decembro do 2023, sabado |
|
 Subidas en O Carril é Tascas Centros de Traballo.
En portada bonita fotografia, voda da filla de Miguel Piñeiro, casaba con Kuki Gutierrez, foi unha voda preciosa, tamen era Decembro.
Pois escomenzamos un mes festivo, o mundo e asi, unha chea de carencias que se combaten a golpe de luces e cores. Non imos ser os agoreros de sempre, pero hai moitos problemas nas familias e o consumismo solo e bó pra alguns.
Bos dias feliz Decembro. |
|
|
|
1 de Decembro do 2023, venres |
|
.jpg) Cas subidas en FAMILIA, VILAXOAN é A VILAGARCIA DE ONTE.
En portada, Josefa e Manolo, propietarios do restaurante Chocolate en Vilaxoan, nun momento de descanso tras unha voda no ano 1976. Con eles na fotografia duas traballadoras do restaurante.
Bueno, escomenzamos Decembro, un mes cheo de contrasentidos, pero o caso e vivilo.
Bos dias, coidado co frio. |
|
|
|
30 de Novembro do 2023, xoves |
|
.jpg) Subidas en CENTROS DE TRABALLO, GAUDEAMUS IGITUR é ATOPANDO DETALLES.
En portada, o que na actualidade coñecemos como rua Alejandro Cerecedo cando non habia edificios.
Onte, recibimos a chamada de un dos responsables da BLOGOTECA, nos anunciou o seu peche a finais de Decembro. Alegan perdidas economicas. Non temos nada que decir, supoñemos que seremos quen a levantar cabeza, necesitamos un tempo.
Desde o Febreiro do 2009 a hoxe, levamos subido 16.733 fotografias, con os seus pes de fotos, un traballo importante de moitas horas a nivel personal.
Esperamos ter alternativa, continuar co Faiado da Memoria no dixital, nas ondas da MEMORIA.
Bos dias, vaise Novembro |
|
|
|
29 de Novembro do 2023, mercores |
|
 Subidas en CENTROS DE TRABALLO é VILAXOAN.
En portada, unha primeira comunion, de unha nena que non coñecemos con os seus amigos. A ver si alguén a recoñece.
Hoxe, celebramos as oitocentas fotografias do arquivo de Vilaxoan, faise facil e simple, pero son anos de traballo a diario.
Bos dias, chove, estamos rematando Novembro, saude
|
|
|
|
Xurxo Alonso repite como gañador do VI Certame de poesía Torre de Caldaloba. |
|
 O escritor Xurxo Alonso García, nado en Bos Aires e afincado en Vilagarcía de
Arousa dende neno, repite como gañador do VI Certame de poesía Torre de
Caldaloba, convocado polo Concello de Cospeito e a Asociación Cultural e
Recreativa de San Martiño de Pino, en colaboración con Culturgalia GZ, e que
nesta edición recibiu máis dunha trintena de traballos. “Non deixedes na mesa
leite nin pan” foi a obra escollida polo xurado, que nesta ocasión estivo formado
por Armando Requeixo Cuba, Xosé Otero Canto e Maurizio Polsinelli, e cuxo
gañador verá publicado o seu poemario na prestixiosa editorial “Alvarellos”.
Os expertos valoraron moi positivamente a obra presentada por Xurxo Alonso,
que xa se fixera co máximo galardón na II edición do certame, en 2019,
destacando que o desta convocatoria é un traballo “onde a palabra xorde como
unha fervenza que escorre polo regueiro da ausencia”.
O certame concedía, ademais, un segundo galardón, que recaeu no mestre e
poeta ourensán Paulino Peña Álvarez, que tamén se fixo con este mesmo premio
na primeira convocatoria do certame, que gañara Xesús Rábade Paredes, alá
polo ano 2018.
Esta vez o xurado resaltou do poemario “Vaira e cristal”, o seu verso breve, que
destaca “pola capacidade de entregar ao lector unha memoria aínda intacta de
vivencias pasadas”, grazas en gran medida “á eficacia dunha linguaxe culta e
refinada”, precisan os membros do xurado.
A entrega dos premios desta sexta edición do certame de poesía Torre de
Caldaloba celebrarase o vindeiro sábado, día 2 de decembro, ás 12:00h, no
centro sociocultural municipal de San Martiño de Pino.
Un orgullo no pobo ter un Artista tan completo como Xurxo.
Escritor, poeta, escultor... esa sensibilidade artistica é moi dificil de alcanzar.
Enviamoslle a felicitacion do FAIADO DA MEMORIA, polo seu derradeiro premio
A fotografia é de Gonzalo Salgado para do DIARIO DE AROUSA |
|
|
|
28 de Novembro do 2023, martes |
|
.jpg)
Subidas en FAXILDE, O CARRIL E CORNAZO.
En portada, rua Castelao de Vilagarcia, distinta a como está na actualidade.
Pasaron unha chea de anos.
A ver si podemos ter normalidade na nosa paxina.
Bos dias, moita saude |
|
|
|
|
|
|
|
|