lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Chegou o dia

Pois hoxe e o dia que na praza de Galicia a empresa Lemond que ali ten instalada unha pantalla xigante proxectaran as imaxenes do Faiado. Sera as sete da tarde e por ser a primeira vez, baixaremos a praza a velas. Logo si queredes os invitamos a un cafeciño quente na casa, esta a o lado non hai que desplazarse. Temos claro que o Faiado e un proxecto de TODOS, polo tanto unidos imos celebrar o dia. Hasta a tarde
Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 15-01-2014 08:41
Mañan millora o tempo

Eso e o que din os entendidos en metereoloxia, enton mañan dia 15, as sete da tarde na Praza de Galicia, xa sabedes que temos unha cita para ver na pantalla que puxeron os de Lemond un traballo do Faiado, que sodes todos. Tamen queremos informar que a partir de mañan comenza unha colaboracion Lemon-Faiado e que todolos dias a determinadas horas, saimos a escena. As vosas fotos iran saindo a medida que pase o tempo, é unha recuperacion en grande, para os que non teñen internet, para os que non coñecen o Faiado. A bonita foto son Mari, Inda Floren e Martin, imaxen donada por Marilin Crespo
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 14-01-2014 08:16
A vida sigue

E xa sabedes que o mercores dia quince escomenza a nosa colaboracion ca empresa LEMOND, esto vai de proxectar fotos do Faiado na pantalla que os de LEMOND teñen na praza de Galicia. O mercores dia quince as sete da tarde se da a saida a os diferentes traballos. Os do Faiado invitamos a todos os que poidan estar con nos no Obelisco, si chove non esquencer o paraguas
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-01-2014 09:08
Arrancamos o dia quince de Xaneiro

Sabedes que na praza de Galicia antiguo Obelisco, existe unha pantalla inmensa da empresa LEMOND, bueno pois o dia quince de Xaneiro dentro de cinco dias escomenzamos unha colaboracion que nos servira para acercar o Faiado, as nosas recuperacions fotograficas a todos e todas. E unha venta aberta para aqueles que non teñan internet na casa, para aqueles que non coñezan os nosos traballos. Todolos dias a mismas horas saimos en pantalla, o dia quince estaremos na praza de Galicia as sete da tarde para saudar e darlle a benvida a o novo traballo ¿Nos acompañades?
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-01-2014 08:23
A Volta dos Nove sera realidade


Hoxe, as oito da mañán rematou a campaña de crowdfunding de A VOLTA DOS NOVE. Como xa sabedes, desde fai días, foi exitosa polo que xa demos gracias a tódalas personas que colaboraron con nos e que figuran neste blog

Agora estamos traballando para telo rematado o antes posible e poder mostralo.

Este espazo quedará aberto xa que será o lugar onde poremos as novas sobre a súa marcha e o lugar onde indicaremos lugar e hora da estrea.

Gracias, unha vez mais, a todos os/as mecenas deste traballo de Memoria.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 07-01-2014 17:28
Para Maria Dolores Mariño

Maria Dolores Mariño esta hoxe de cumpleanos ela e filla de Florita Padin e Pepito Mariño coñecido como Polinario de Vilaxoan que tal dia como hoxe de fai...poucos anos tiveron o millor regalo da sua vida, o nacemento da sua primeira filla, naceu Maria Dolores, ca que nos unimos nun brindis virtual e lle decimos aquelo...·De hoxe nun ano amiga, moitas felicidades e escoita a cancion que poñemos para ti en discos dedicados.


Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 05-01-2014 05:51
Para o noso amigo Manuel

Manuel Guinarte criado en Santa Lucia, seu pai veu para Vilagarcia destinado polo seu traballo, logo a vida foi variando e nos volvimos a atopar en outro lugar que non ben a conto mencionar aqui. Hoxe Manuel esta de cumpleanos e nos sentimonos ledos e o felicitamos con un abrazo virtual e unha interpretacion maravillosa del "Vals de las Olas".
Felicidades Manuel

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-01-2014 09:10
Feliz feliz e feliz cumpleanos

Casi remata o dia e nos esquencemos de felicitar a o noso querido amigo Luis Carlos Penide que hoxe esta de cumpleanos. A Luisa e Marcelino chegoulles o noso colaborador ca loteria porque el efetivamente e unha loteria. Para o ano mais e namentras...SAUDE


Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-12-2013 21:47
Aniversario de Mariví e José Carlos

Hoxe, día vinteun de decembro, faria, de feito fai, trinta e oito anos do casamento de Mariví e José Carlos Dasilva. El é un home marabilloso ao que lle gosta lembrar a súa muller. Tiveron os dous moita sorte en atoparse, en quererse.

Tamén hoxe pode ser un día especial na actualidade de José Carlos. Onte decidiu presentar a súa candidatura a presidencia do Gato Negro, a sociedade emblemática do Carril Quizás a partir de hoxe o rumbo da nave, o timón, o levará José Carlos Dasilva.

José Carlos é unha persona sacrificada, é un privilexio para calquer sociedade, ou causa, contar coa súa xenerosidade. O Faiado da Memoria congratúlase polo feito é facemos un brindis polo Gato Negro, polo Carril e tamén polo aniversario de Mariví e José Carlos.

Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-12-2013 13:59
XOPPEN

Empresa energetica que da luz as empresas necesitadas de un raciocinio no seu recibo. Asesoria enerxetica XOPPEN patrocina o Faiado da Memoria

cálago, 18 B, Vilanova de Arousa - Vilanova de Arousa - CP 36620 - VILANOVA DE AROUSA .

T. 653 816 281


Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-12-2013 08:57
© by Abertal