lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Entra Marzo

Un mes tremendamente movido no FAIADO DA MEMORIA, proxeccions en Vigo, Nigran, Oia, San Sadurniño, actos de presentacions de libros na nosa sede do Faiado, en fin presentanse datas moi movidas neste mes, estade alerta, Bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-03-2020 08:26
Sentida e marabillosa Exposicion

De Jorge Moreno onte inaugurouse
no Museo do Pobo Galego a exposición ‘As pequenas cousas’, impulsada pola iniciativa Mapas de Memoria, que poderá verse por primeira vez en Galicia no marco da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). A exposición componse de obxectos, documentos, cartas e fotografías de persoas perseguidas e represaliadas polo franquismo.
Esta mostra,creada por Jorge Moreno, incorpora grazas a coordinación técnica de persoal do Museo do Pobo Galego novas achegas procedentes das familias de presos e fusilados galegos, para o que conta coa colaboración de particulares e entidades como O Faiado da Memoria entre outras, levounos onte a sua inauguracion.
Asi remata Febreiro.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-03-2020 08:30
As Pequenas Cousas

O sábado inaugúrase a exposición AS PEQUENAS COUSAS no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela. E alí estamos os de O Faiado Da Memoria colaborando, como non ía a ser menos.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 28-02-2020 07:35
Un bo dia

Xa sabedes que me gosta cumplir anos, hoxe é o meu dia, non contedes conmigo pra nada mais que pasalo ben, gracias porque xa vin por ahi algunhas felicitacions, este ano pasado tivo de todo, e bo, fun tia aboa de Fiz e Daniela que son feitisimos, netos de meu irman, biznetos dos meus Pais, a saude moito millor, e hasta levamos un premio que espero non sexa o ultimo no festival de CURTAS, co documental EU TAMEN NECESITO AMAR. A verdade e un cacho de documental, o merece.
Bos dias, moitas gracias por todo.
Comentarios (152) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-02-2020 08:37
Traballos do Faiado da Memoria

Para a xente de Santiago e contorna que desexen adquirir algún dos nosos libros que acabamos de presentar:
O XOGO DO PAU, sobre o antigo xogo e que agora se está a recuperarar,
A CANTIGA DESHONESTA, un novo traballo etnográfico de Carlos Rey sobre as cantigas populares galego-portuguesas e
HISTORIAS DUN TEMPO VIVIDO, 12 relatos sobre un neno nunha vila media galega nos anos 50 do século XX,
xa os poden conseguir na LIBRARÍA GALLAECIA na céntrica rúa de Ramón Cabanillas, 8 da capital galega.

Os que sodes, ou pasades por Vilagarcía, sempre as poderedes conseguir no local de O Faiado en Ravella 27 ou na LIBRARÍA FOLLAS NOVAS, na avda. Rodrigo de Mendoza, 12 (onde o aparcamento de Fexdega) ou na LIBRARÍA NOBEL de Edelmiro Trillo, 19.
Moitas gracias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-02-2020 22:05
Agradecese a Paco Salgado

Pois encantados da vida na cuestión da presentación onte da obra de Jose Manuel Casalderrey HISTORIAS DE UN TEMPO VIVIDO. Presentou o acto Antonio Caeiro e logo xa de unha forma mais intensa recolleu a palabra Paco Salgado, amigo de Jose Manuel, casado con Koki Petinal, a familia de Koki vecinos dos Casalderrey na Praza de Ravella.
No acto de onte estiveron moitos amigos do Casalderrey, amigos que disfrutaron co que ali se contou, tamen é certo que nos chamaron moitisimas persoas interesadas que onte non podían estar presentes, bueno esto era unha ilusión do Faiado da Memoria en forma de homenaxe hacia un vilagarcian non nacido aquí pero que leva o noso pobo no corazón. Gracias a todos, bos dias
Comentarios (1) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 21-02-2020 08:25
No Faiado

Este xoves, 20 de febreiro, teremos a presentación no noso local do terceiro libro que editamos neste ano: HISTORIAS DUN TEMPO VIVIDO.
Só hai un número moi limitado de exemplares e todos colocaranse a venda no día da presentación. Outros poucos estarán nas librerías NOBEL e FOLLAS NOVAS de Vilagarcía.
Contamos con vós o xoves.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 18-02-2020 21:14
O Xoves vemonos

Non se vos ocurra faltar a cita do proximo xoves dia vinte as oito da tarde.
As memorias de José Manuel Casalderrey, un vilagarciano emigrado no Brasil, son exe en torno o cual discurre o libro “Historias dun tempo vivido”, editado por O Faiado da Memoria. en nas que confluyen relatos e fotografías que ilustran as vivencias de este vilagarciano na diáspora. Un exemplo das historias que viviron na rua en lugares emblemáticos do pobo . A maioría dos relatos teñen como protagonistas a José Casalderrey “e ao seu amigo Aurelio Álvarez, co que pasaba moitísimo tempo”.
Aunque a obra xira arredor das vivencias de Casalderrey, tamen hay aportaciones de fotografías do pasado de Vilagarcía
En total son 12 relatos y un total de 144 fotos. Tamen, aparece, unha semblanza de Paco Salgado e outras curiosidades da capital arousana e da sua historia.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-02-2020 08:39
Avanzando Febreiro

A ver si se vai recolocando e deixa de portarse cruelmente, neste mes no Faiado temos bastante actividade, estamos axudando a organizacion amiga da memoria INICIATIVA CIDADAN POLA MEMORIA HISTORICA DE VILAGARCIA a xestionar o xantar do proximo sabado dia quince no churrasco de Rubians, xa sabedes que é co fin de crear un novo espacio que marque os lugares da represion franquista, da represion da dictadura de Franco e de aquela panda de salvaxes.
Por outro lado o dia vinte, xoves presentaremos o libro editado por nos que conta as vivencias de dous mozos, ou nenos, Casalderrey e Aurelio, HISTORIAS DE UN TEMPO VIVIDO, presentará a persoa que fixo o prologo, Paco Salgado e explicara o nacemento da obra Antonio Caeiro.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 10-02-2020 09:27
Xoves dia seis PALABRA DE PATRIOTAS

Libro escrito por Salvador Soutullo, baixo unha perspectiva e nun entorno nacionalista, na obra aparecen Ana Ponton, Beiras, Bautista Alvarez, Paco Ridriguez, Camilo Nogueira...o mais relevante como deciamos do Nacionalismo Galego.Desde logo nada seria igual en Galicia sin estas persoas.
Non deixedes pasar a ocasion no Faiado estara Salvador Soutullo e presentaran o acto Xose Castro Raton e Xose Lois Leiros.
Non esquencer, xoves dia seis as vinte horas, oito da tarde.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-02-2020 09:37
© by Abertal