lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

A Data especial foi onte

Non sei en trece anos cantas traballos de tipo expositivo levamos...¡Unha chea¡ Somos unha asociacion de traballo, moi movida, o que queria decir é que IMAXES PARA DESPOIS DE UNHA PANDEMIA, foi algo distinto. Aquelas primeiras datas de confinamento, pillaronos nunha situacion nova, fea, ibas a ventá e non se veia a nadie, sobor de todo non se escoitaba a nadie. Silencio, soedade, tristeza...pois levounos a buscar algo que facer, encher as horas dos dias que todos eran iguais, que a pesadilla non fixese moito daño as nosas vidas. Pois saiu, o que saiu, o que se inaugurou onte. As fotografias son innovadoras, teñen un codigo, fai falla o telefono movil, se fotografia o codigo da foto mediante unha aplicacion do telefono e....¡ZAS¡ Aparece a historia da foto. Non ten complicacion. Si a ten chamades por telefono a Antonio e se resolve no momento.
Agora tendes que vela, visitala, porqué é a realidade da Vilagarcia da decada dos sesenta, tamen dos setenta. Agregado as fotos temos un traballo audiovisual con fotografias de xente de aqueles tempos. Esperamosvos.
Bos dias, saude
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 06-06-2020 07:37
IMAXES PARA DESPOIS DE UNHA PANDEMIA

Maña, Venres
Inauguracion da EXPOSICION IMAXES PARA DESPOIS DE UNHA PANDEMIA.
E o primeiro acto no mundo da cultura mais ou menos normal en Vilagarcia.. Temos un aforo restrinxido, tamen imos utilizar o sentido comun, primeiro, todos con mascarilla, segundo manter as distancias, a Exposicion vai estar un tempo na sede do Faiado da Memoria.nOS Sentimos que temos que escomenzar a reanudar a nosa vida normal, a que disfrutabamos antes de esta cousa que nos tocou vivir. Imos tamen a racionalizar que non hai novos contaxios na nosa zona.
Para nos tamen ten un valor emocional importante, foi creada no confinamento, no primeiro confinamento das nosas vidas.
Venres, as oito da tarde. Bos dias, Saude

Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 04-06-2020 08:39
Vitoria está de cumpreanos.


Ela e filla de Clementina e Enrique, familia toda nacida en Santa María de Oia, lugar de Chavella.
Cando visitamos a zona sempre pensó en Sorolla, no ilustre pintor Joaquín Sorolla, quen visitou Vilagarcía no ano quince prendado pola súa beleza paisaxística. Segura estou de que o pintor quedaría impresionado das vistas de Chavella, o Atlántico sempre, mostrando moitísima forza, rompendo contra as rochas de Oia. A paisaxe emociona.
Bueno, pois ali naceu e se criou Vitoria xunto cos seus irmáns, Antonio, Delmar, Manolo, Tina e Joaquín. Criáronse en plena natureza, a mesma que se conserva no día de hoxe.
Transcurriu a vida e tres irmáns sairon do pobo a traballar en outros pobos, caso de Antonio Manolo e Delmar. Tina, Joaquín e Vitoria quedaron en Oia.
Vitoria casou con Manuel, “Kinto”, e naceron dous fillos, Pili e Lolo.
Eu, Margarita, síntome moi orgullosa de estar integrada na familia Caeiro de Oia. Merece a pena, son unha boa xente, uns cachos de seres humanos. Cando imos sentimos que nos queren, sentimos como nos, que os queremos.
A Vitoria decímoslle que pase un feliz cumpreanos, celebrarémolo nuns días, xuntos, mentras unha boa aperta e moitos bicos
Vitoria é tia de Antonio, irmán do seu Pai.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-06-2020 21:07
Creada no confinamento



Estade tranquilos, ver a nosa Exposicion, non implica baixar a garda, mascarilla por favor.

Estaremos na porta para botar unha man e contar a xente, temos un cupo que hay que respetar, pero por favor pensade que a creamos para disfrutala desde o primeiro momento.

O venres, día cinco de Xuño, ás oito da tarde, esperámosvos en Ravella 27.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-06-2020 08:19
O Venres no Faiado da Memoria


Estade tranquilos, ver a nosa Exposicion, non implica baixar a garda, mascarilla por favor.

Estaremos na porta para botar unha man e contar a xente, temos un cupo que hay que respetar, pero por favor pensade que a creamos para disfrutala desde o primeiro momento.

O venres, día cinco de Xuño, ás oito da tarde, esperámosvos en Ravella 27.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-06-2020 07:59
Goya Saavedra de cumple


Naceu no Escorial, seu Pai estaba destinado ali en aquel tempo. Goya e como un regalo, un regalo para a xente que a coñece, alegre, sempre disposta a botar unha man, adicar o seu tempo a o que faga falta.Un privilexio de vida. O seu traballo, a sua profesión, o maxisterio a ensinanza a fixo entrar en contacto ca xenerosidade, ca solidaridade, os seus útiles de traballo as letras, traballar cos nenos en calquer lugar. Pedagoga sempre, ¡Eso lo escribiste muy bien¡….ou a o revés.
Bueno sempre è bonito cumprir anos, hoxe para Goya millons de felicidades, moita saude amiga, un bico


Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-06-2020 07:49
Moitos parabens a Mary Patiño

É moi dificil facer un acto no Faiado da Memoria e non contar ca presencia de Mary Patiño, tamen da sua familia sobor de todo de Elma a sua cuñada, polo tanto hai que imaxinarse a deuda que temos con eles. Hoxe Mari cumpre arredor de vintecinco anos e nos queremos que sexa feliz, que teña un bo vran e que siga sendo unha parte importante no noso entorno.
Unha aperta, moitas felicidades.

Comentarios (2) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 02-06-2020 07:38
Rematando Maio

Hoxe é o dia trinta, penultimo dia de un mes precioso que este ano vivimos de forma distinta...¡E que tan distinta¡ Pero estamos eiqui para contalo, o facemos de forma que o sol, a luz o sair a rua nos sirve pra conclusionar que o cotidiano é o millor que nos pode pasar, benvido Xuño, bo dia saude para todos
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 30-05-2020 13:18
Pura, lembramoste

Pura Fernandez no dia de hoxe cumpriria mais de cen anos.
Pura, filla de Eduardo Fernandez, exportador de madeira a Inglaterra, home importante no pobo, foi concelleiro nunha época nada fácil, viudo da sua primeira muller quedou con catorce fillos, Pura unha das mais novas.
Muller innovadora, chamaba a atención a sua forma de ser,totalmente vanguardista, estou a falar de Pura con setenta anos, vital, simpática, lembro unha ocasión nas festas de Santa Rita que xunto a sua boa amiga Carmucha Comendador, quixeron celebrar a festa subindose a un coche eléctrico…o problema chegou cando hubo que sair do cochito.
Unha privilexiada ainda despois de vinte anos fallecida a sua familia sigue a lembrar o dia do seu cumpleanos, os do Faiado da Memoria nos sumamos porque a Memoria de Pura Fernandez merece a pena, perdemos un crack que realmente tiña gañado nacer en outra época.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 27-05-2020 08:20
Estamos de festa

Por vez primeira na vida e unha festa distinta, pero imos celebralo porque non podemos perder o norte, as tradiccions, a memoria.E certo que vivimos un momento especial, non podemos xuntarnos o perigo sigue estando con nos. Pero non esquenzamos a os nosos que vivian este dia como unha festa, xunto cas de Agosto o dia importante donde se reunian as familias e os amigos. Bo dia, moita saude a divertirse.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-05-2020 08:32
© by Abertal