lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Marita, moitos parabens

Maria Rita de la Torre Boveda, naceu fai hoxe...uns pouquiños anos en Vilaxoan, criouse na rua Pablo Picasso, Sobradelo, foi unha nena feliz a que nos coñecemos de calcetins, pasado o tempo, namorouse casou e desenrolou a sua vida no pobo irman de Marin. A Marita gustalle o Faiado, donante, colaboradora e amiga querida. Hoxe esta de cumpleanos, a lembranza dos seus Pais das suas raices acentuase nesta data. Amiga moitas felicidades, moitos bicos


Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-05-2019 09:25
O venres en Cambados

O noso Artista Xurxo Alonso, o premiado Xurxo, que tanto lle da a escultura, literatura, poesia e a sua marabilla de pintura, e un artista completo, como poucos.
Ben, pois o proximo venres as vinte horas (Oito da tarde) no Pazo de Torrado, en Cambados comenza Xurxo a sua nova Exposicion EN LUZ ESCRITA.
Nadie deberia perder a vision da obra a expoñer desde o vintecatro de Maio hasta o sete de Xullo.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 22-05-2019 07:18
Estamos en festas

Como media vida nestas datas Vilagarcia celebra a Santa Rita con bo tempo e alegria, a os que estades fora un saudo cheo de cariño e a os que estades eiqui as ruas invitan a pasear e disfrutar do tempo e das atraccions. Bos dias
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 19-05-2019 08:07
Dia das nosas Letras

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén poetisa Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).[1]

Para conmemorar o primeiro Día das letras galegas (DLG) publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada
wilkipedia
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 17-05-2019 08:25
Parabens Marite

Hoxe temos a Marite Montesinos, a nosa Marite de cumpleanos. Non creades que esta enfadada co Faiado, ¡Non¡….o que pasa e….que esta collendo forzas para a transición que a fixemos vivir ca casa vella, ca casa nova é outras veletadas, Marite é moi estable e non lle gustan os vaivens. A ver si a convencemos para que volte a sua casa, que se lle quere moito e se lle bota de menos. Mentras tanto, parabens, feliz cumpleanos, esta a chegar Tomiño que sempre levanta o animo. Bos días Saude querida Marite
Comentarios (4) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 13-05-2019 08:05
Con Pepa Carlos, Leli e Carlos

Onte sabado pola tarde tivemos na sede do Faiado da Memoria varias visitas, para ver a exposicion TEMPOS DE GRISES, que como xa sabedes trata da historia de este Pais, desde mediados dos anos setenta hasta o mesmo tempo dos oitenta.
Entre visita e visita, unha moi especial, os nosos Pepa e Luis Carlos, viñeron acompañados duns amigos da Coruña, Leli e Carlos, a medida que avanzaba a visita enteramonos que os había casado Moncho Valcarcel o cura das Encrobas, unha foto de Moncho forma parte da nosa exposición.foto que serviu para retratarnos no dia de onte. GRACIAS a os catro por vir un sábado de Maio a ver o noso traballo.
Reseña de Wilkipedia sobre Moncho o cura.
Ramón Valcarce Vega, coñecido tamén coma o cura das Encrobas, nado na Coruña o 5 de setembro de 1935 e falecido na mesma cidade o 1 de febreiro de 1993, foi un crego e político galego.
Terceiro de oito irmáns (catro nenos e catro nenas), formouse na escola dos Xesuítas de Vigo e no Instituto Masculino de Ensinanza Media da Coruña e matriculouse por libre en Dereito na Universidade de Compostela. Porén máis tarde decidiu estudar teoloxía e o pai tentouno convencer de ir a Roma. El optou por comezar nun nivel máis humilde e en 1963 ingresa no seminario de Santiago de Compostela e recibe as primeiras ordes.

Porén será expulsado por mor duns escritos e o arcebispo Quiroga Palacios suxírelle que continúe na Coruña, por libre, os seus estudos eclesiásticos e convídao a realizar labor pastoral na igrexa de San Xosé e na Colexiata. Na igrexa de San Xosé permanece ás ordes do párroco Xosé Lamas e na Colexiata ás do abade Manuel Espiña. Ó ano seguinte (1964), co cambio de autoridade e baixo a titoría de Manuel Espiña, volve novamente a Compostela e é ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1969.

Moncho Valcarce establécese como crego nas parroquias de Sésamo e Sueiro en marzo de 1971, no seu primeiro destino como sacerdote. Fala galego, non emprega o vestiario tradicional dos cregos e calza a boina. Tamén se nega a cobrar a paga de sacerdote e as taxas polos servizos relixiosos. Datan dese tempo os seus primeiros enfrontamentos coa autoridade eclesiástica e a súa cada vez maior implicación co movemento antifranquista. O Partido Comunista instala unha imprenta na casa reitoral, que se converte nun punto de encontro de pluralidade para distintos colectivos de distintas ideoloxías.

Detencións e participación política
A Ramón Valcarce detéñeno en Betanzos en setembro de 1974 nunha adega propiedade dun antigo garda civil cando asistía a unha xuntanza. Bota tres días no cuartel e lévano ó cárcere da Coruña. Mentres permanece encadeado, os seus fregueses fan folga de misas, e cando o liberan organízanelle unha festa de recepción. A partir de aí decide implicarse nas estruturas políticas, e particularmente nas nacionalistas. Participa na creación de Fouce, a revista das Comisións Labregas e o 21 de marzo de 1977 é xa formalmente militante da AN-PG (Asemblea Nacional- Popular Galega).

Pero Moncho Valcarce fíxose coñecido particularmente pola súa participación no conflito das Encrobas. Nas Encrobas, e grazas a un decreto asinado en 1972 polo xeneral Franco, a empresa Lignitos de Meirama quería acceder ás terras dos campesiños titulares en troca do que estes consideraban baixas indemnizacións. No transcurso das manifestacións e enfrontamentos coa garda civil, Moncho Valcarce é detido o 15 de febreiro de 1977.

Faleceu de cancro na Coruña aos 57 anos de idade. No seu libro Revolucionario e místico/Diario íntimo da doenza final (Encrucillada, 1994) reflicte os pensamentos deses últimos anos
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 12-05-2019 18:53
Na nosa Exposicion....volvese a vivir

Se lembra unhas datas con moitisima importancia na vida do Pais, eramos unha sociedade que non podia falar, que non podia desenrolarse con liberdade, criamonos no sometemento e na mentira como todas as dictaduras. A Transicion veu a poñer as cousas no seu sitio a facernos seres humans normais, europeos dos anos setenta. No FAIADO DA MEMORIA lembramos aqueles tempos, estades todos invitados, portas abertas, sin coste, Plaza de Ravella 27-1. Esperamosvos, un pracer, bos dias.
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 11-05-2019 08:24
O Faiado recorre los últimos años del franquismo y la transición con unas jornadas Una exposición con fotografías, documentos y simbólicos objetos inaugura mañana el intenso programa

El 3 de marzo de 1976, seis obreros fallecían en Victoria como consecuencia de la carga policial contra las movilizaciones de la huelga en contra del decreto de topes salariales. Aquellos hechos estaban muy presentes en la izquierda revolucionaria cuando un año después, el 9 de mayo de 1977, el ministro de Gobernación cuando se produjo el trágico suceso, Manuel Fraga Iribarne, acudía a dar un mitin a Vilagarcía como candidato ya de Alianza Popular.


No tuvo un discurso tranquilo y varios de los jóvenes que irrumpieron en el acto resultaron heridos. Uno de ellos era Pepe Somoza, hoy en Venezuela, y a él le dedica O Faiado da Memoria la exposición que recorre los últimos años del franquismo y la transición y que se inaugura, precisamente, mañana, cuando se cumplen 42 años de aquel mitin.
“Tempos (de) grises” es una muestra con amplios fondos documentales, fotográficos pero también audiovisuales y sonoros. Manu Guinarte, uno de los colaboradores, aporta por ejemplo un casete en directo de un concierto de Bibiano en 1976, en apoyo a la liberación de Santiago Álvarez.


El que fue fundador del Partido Comunista Galego también aparece en una fotografía en la apoteósica manifestación que hubo en Vilagarcía en favor del estatuto de Autonomía. El fondo local, con las imágenes de los luchadores antifranquistas que protagonizaron también buena parte de la acción política en los primeros años de democracia, es uno de los tesoros de la exposición, en la que también se hace un recorrido nacional y autonómico, con imágenes, entre otros, de Demi Álvarez.

Curiosidades como una bola de las que utilizaban los “grises” también se puede encontrar en una muestra con archivos de las fundaciones Tilve, Bautista Álvarez y Diez de Marzo; con documentos sobre partidos y sindicatos pero también con un amplio espacio para movimientos de encuentro, como la Asamblea Democrática de Arousa, con Constantino Méndez como primer presidente, o las primeras asociaciones vecinales. Revistas y carteles completan una muestra que irá renovándose para reflejar diversas etapas.

Ciclo de charlas
La exposición da el pistoletazo de salida a un amplio programa que se extenderá hasta bien entrado el verano y que incluye proyección de documentales y un ciclo de charlas. Rafael Pillado, Sari Alabau, Xosé Manuel Beiras, Paco Rodríguez o Bernardo Maiz, entre otros, pasarán por O Faiado..

CRONICA NO DIARIO DE AROUSA
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 08-05-2019 08:09
Parabens para Candido Castro

Que ainda que esta no seu retiro soleado de Benidor esta de cumpleanos, e cando veña non lle imos perdoar os pasteis, e unha boa dosis de risas pra superar o longo inverno que acabamos de vivir. Bo dia Candido, un bico a Goya e unha aperta moi forte para ti.
Comentarios (7) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 03-05-2019 08:48
E chegou Maio

Hoxe é primeiro de maio, un día importante por varias razóns.
En primeiro lugar porque con el comenza o mes de maio e todos e todas sabedes que o noso aniversario é 8 días despois (11 xa) e o vamos a celebrar da forma que se merece e mais cando neste ano se cumplen 40 das primeiras eleccións municipais.

En segundo porque é un día de manifestacións obreiras, que tamén inclue os parados, que o feito de estar sen traballo non quita de que un non sexa obreiro.

E por último, e non menos importante, porque tamén é o día dos maios e no Faiado da Memoria o temos moi presente e para elo temos un libro dixital subido a estantería de internet e que ti podes coller cando queiras, é gratis e activa enerxicamente a memoria. Aquí tédelo enlace para poder collelo:
Comentarios (0) - Categoría: AS NOSAS E AS VOSAS COUSAS - Publicado o 01-05-2019 13:19
© by Abertal