lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou José Piñeiro

Hoxe enterrouse a José Piñeiro, Seso, para a súa familia, veciños e amigos.

Seso era fillo de Matilde, a Minanta, e do seu home, un dos Rubios da Torre, traballadores e grandes personas que deixaron boas lembranzas entre os seus veciños.

Seso traballou media vida en muebles Saavedra, era moi coñecido, por medio mundo.

Na fotografía o vemos no bar de Victoria, a Garabana, facéndolle unha homenaxe a un veciño da Torre que chegaba de Asturias.

Tucho Caeiro, Chito, o señor Antonio, José Piñeiro (Seso), Julio, fillo do señor Antonio, Tino, Pino Chorén, Manolo, o Pericoto.... memoria viva da Torre.

Hoxe lembramos como non podía ser doutra maneira a José Piñeiro


fotografía donada pola familia Abad Sabarís
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 07-02-2012 20:32
Paz para Roxelio Diz

Queremos ca foto do noso blogueiro Roxelio Diz expresar o nosos sentimentos, xa fai un ano que nos deixou para sempre ala en Mexico a sua terra de acollida. Pois ben fai uns dias os restos de Roxelio esparcironse pola ria, a sua viuda Lisi, viaxou para cumplir o que Roxelio queria, voltar a o seu Vilaxoan.

Lisi padeceu un viaxe moi corto cheo de emocions, un dia antes de marchar visitou a nosa Tete Fernandez e lle contou as ganas que tiña de atopar a xente do Faiado e claro Tete nos chamou e puxemonos en contacto. Foi moi gratificante falar con Lisi, a o mesmo tempo doloroso, as lembranzas estaban ahi con nos. Nadie escribeu un articulo sobor o Faiado como Roxelio a raiz do festival de musica dos sesenta. Nadie. Como todolos pais cos fillos tamen sabia ser critico. Mais dunha vez tivemos que mandar correos explicando a filosofia do noso blog. Pero logo xenerosamente como El era....pelillos a la mar. Nunca o esquenceremos.
Para Lisi moito cariño e que seguimos en contacto...
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-01-2012 12:27
Na memoria de Joaquín Briones (Choqui)
Deixou de vivir fai unhas horas, loitou como un xabato contra unha enfermedade moi difícil... e perdeu, pero con moita dignidade, con moita valentía.

A Choqui sempre o lembraremos no Liceo facendo pedagoxía do baloncesto, ensinando aos rapaces... Choqui era un enamorado do deporte. O noso sentimento e cariño para Ana a súa dona, para os seus fillos Oscar, Alba, Ana e Jorge, para os seus netos, os seus irmáns Mara, Tere, Urbano, Xoán e Manuel, en definitiva para toda a sua familia, para todos os que lle querian.

Nos vades a permitir que o Faiado faga un pesame especial para súa irmán Tere, blogueira dos principios do Faiado, seguidora incondicional que adoraba a seu irmán Joaquín.

O enterro terá mañán mércores, as catro e media da tarde. A familia recibe no tanatorio de Arousa na sala número 4.
Comentarios (23) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-01-2012 14:04
EN MEMORIA DE BENI

Era un blogueiro que vivía en Canarias, un seguidor do Faiado que nos deixou de repente, sen avisar.

Pero Beni era moito mais que todo isto... Nacera o 7 de decembro do 1968, os seus pais son Benito Veloso e Lourdes Durán, do Carril. Era bisneto de Benito Veloso e María Martínez , A Tecelana. Polo outro lado, de Ramón Pereira e María Vidal, tamén de Alfredo Berride e Manuela Teijeiro...moitas raices, que fan que a morte de Beni sexa sentida no Carril como algo familiar, de todos.

Deixóunos nas mesmas datas que a súa tía Chichi a que Beni nunca esquenceu.

A súa desaparición deixa moitos corazóns destrozados. As súas fillas, Cruz e Soraya, os seus pais Benito e Lourdes, as súas dúas avoas , Margarita e Mercedes a súa neta, Leire, as súas irmáns, Lourdes e Ana, os seus tíos Loli, Finita, Toño, Marisa e Suso, as suas primas e primos como Margarita e Carmen ? A súa dór non ten consolo. Beni...¡Era moito Beni!

O Faiado faise eco da noticia do seu pasamento, cando sepamos do seu enterro tamén o comunicaremos, mentras, encendemos unha vela e expresamos o noso sentimento pola súa desaparición.

ATENCIÓN!


Hoxe, día 9 de Xaneiro, a partires da tardiña, na sala tres do tanatorio de Rubiáns, podemos compartir coa familia Veloso-Duran a súa dór pola morte de Beni.

Mañan as cinco menos cuarto (16:45 h), no Carril, asistiremos o seu enterro.
Comentarios (23) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 04-01-2012 13:36
MORREU LOLA

Lola Ferreirós, viuva de Don Aquilino Iglesias Alvariño, galeguista, poeta, escritor, Mestre, educador de xeracións no colexio León XIII.

Lola tivo o privilexio de compartir a vida con Aquilino. Imos poñer un artigo feito polo noso blogueiro Daniel Garrido fai xa un tempo. O noso homenaxe para sempre a Lola.

NOTAS SOBRE AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO


por Daniel Garrido Castromán

A mediados de año 1933, al haberse marchado, don José Núñez Búa a Buenos Aires, le sustituyó en la dirección del Colegio León XIII el poeta don José Crecente Vega, quien ofrece un puesto de trabajo al igualmente poeta don Aquilino Iglesia Alvariño, que entrará a formar parte del profesorado del Colegio León XIII.
Recién llegado a Villagarcía, entabló gran amistad con mi padre, Jesús Garrido Alvarez, relación que habría de tener gran trascendencia en la vida de ambos amigos, puesto que Lola, la hija del maestro de la escuela del ?Porvenir? de Carril, don Ramón Ferreirós, tenía mucha amistad con mi madre y el día 12 de Abril de 1934, fecha en la que contrajeron matrimonio mis padres, conoció a Aquilino, quien, muy pronto comenzó a cortejarla; cuando mis padres volvieron del viaje de novios, Lola les dijo que había sido citada por Aquilino en el Café Casa Blanca, cita que habría de dar un resultado satisfactorio, según veremos más adelante.
Dada la circunstancia de que don Aquilino, aunque había finalizado los estudios de la carrera eclesiástica, todavía no se encontraba en posesión del correspondiente título de Licenciado en Filosofía y Letras puesto que, en aquella época, los estudios del Seminario no se convalidaban. Al mismo tiempo que trabajaba fue haciendo el Bachillerato de dos en dos cursos; los exámenes los hacía en el Instituto de Noya, del cual era director don Alvaro das Casas, que era jefe de ?Ultreya?, las Juventudes del Partido Galeguista. La licenciatura la hizo sin salir de Villagarcía, ya que tenía dispensa de escolaridad y asistía dos días de la semana a las clases de la Universidad de Santiago.
Por lo tanto, para impartir clases en este Centro, el periodista de Puentecesures, don Raimundo García Domínguez, ?Borobó? le prestó el suyo, por cuya cesión le cobraba cuarenta pesetas mensuales.
En uno de aquellos ?Anacos? que este periodista escribía en ?A Nosa Terra?, de cuyo periódico había sido director Aquilino, recordaba que en una de las ocasiones que visitó Villagarcía para cobrar dicha cantidad, a la hora del aperitivo fue llevado por éste a una confitería próxima al puerto, que era el ?Chalet de la Alameda?, donde hacía una tertulia con los amigos que ?compartían más o menos? sus ideas y aficiones. Esta peña se llamaba la ?Peña Alegría? y de ella formaban parte, además de Aquilino y mi padre, Ramón García Briones, ?el proyectista siempre ilusionado del gran puerto de Arousa?; Manuel Pesqueira, el famoso pintor de Lantaño, que había venido de su aldea ?para escribir una carta y echarla al correo?; el consignatario José ?Cañitas? Buhigas; Gerardo Carregal, el jefe de Correos; D. José Pérez Beltrán, párroco de Bamio; Celestino Noya Rodríguez, que había sido Presidente de la Diputación de Lugo durante la República y, después de haber sido depurado como profesor de Instituto y de haber estado una temporada en la cárcel, pasó a dar clases en el Colegio León XIII; Viñas Cortegoso, Inspector de Escuelas, también depurado, que se ganaba el pan gracias su gran dominio de las Artes Gráficas y habría de fundar, con José María Alvarez Blázquez, la ?Librería Monterrey?, y habría de asesorar en sus primeros pasos a la ?Editorial Galaxia?; Severino González Lazán, impresor castellano que había llegado a Villagarcía y, donde antes había estado la redacción de ?Galicia Nueva?, montó un taller tipográfico, la ?Imprenta Celta?, en la calle Ramón y Cajal, y en la que se editaron sus tres primeros libros: ?Señardá? (1930), ?Corazón ó vento? (1933) y ?Cómaros verdes? (1947); don Florencio, el director del Banco de La Coruña; don José Sirvent, representante de máquinas de escribir; y otros contertulios más.
Me contaron una anécdota: Con motivo de la publicación de ?Cómaros verdes, en el año 1947, unos ?aduladores? fueron a comunicarle a Mohamez Ben Mizian del Kasem , personaje de gran influencia con Franco, tamaño atrevimiento. Parece ser que el personaje les preguntó: ?¿Dice algo contra el Gobierno?...¿Hay alguna ofensa a la Virgen?...¿Hay ofensas contra la religión?...? Al haberle respondido que no, pero que estaba escrito en gallego, dijo: ?Hay que dejar que cada región utilice su lengua vernácula para que se conserve?.
Aquilino, como ya dije anteriormente, será el sucesor de Crecente Vega en la dirección del Colegio. Alvaro Cunqueiro había dicho de Aquilino que era el único escritor clásico en Galicia y que hablara en latín con Joaquín Alvarez Blázquez, que era catedrático de Latín en Madrid. Lo que más impresionaba a los alumnos de era que fuera capaz de traducir al gallego a Horacio. Cuando se enfadaba llamada a los alumnos ?desdichado? o ?necio?y, a continuación, les soltaba una frase recriminatoria: ?¡Tus padres partiéndose el alma, para darte estudios y hacerte un hombre tú, empeñado en ser mal estudiante y peor ciudadano!?. Pero lo malo eran los ?capones? que daba en la cabeza con los nudillos.
Comentario por Daniel Garrido Castromán (25-10-2009 20:08)
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 03-01-2012 13:24
Carmen finou o 5 de Decembro

Outra mala nova no pobo. O día cinco ddeste mes de decembro, morreu Carmiña.

Era Carmen Mouriño Pou, tiña oitenta e sete anos, pero o seu carácter era todo alegría. Casou con Cora,acomodador dos Cines Arosa e Fantasio. Naceron cinco fillos, criados co positivismo e alegría de Carmiña, tamen coa súa bondade.

En Carmiña non cabían os malos feitos, cando a atopabamos sempre lle gustaba falar dos fillos e netos. Queríalles co corazón. Nos sentimos a súa morte, tamén sentimos sabelo tan tarde.

A toda a súa FAMILIA o noso sentido pésame, a Carmiña non a esquenceremos.

A fotografía foi donada por Merchy Cora Mouriño
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 20-12-2011 20:15
Teresa Pando se nos foi

Tiña oitenta anos. Foi locutora de Radio Pontevedra. Na súa xuventude foise, escapouse para Londres, este país quitáballe o aire. Logo traballou nun hospital , nunha farmacia? pero o mais importante foi atopar a John? Teresa chamáballe , Johniño, foi home, compañeiro, amigo e hasta un pouco pai? Coarenta anos xuntos, sen fillos. Cando John desapareceu, Teresa escomenzou o seu ocaso.

Ela era Teresa Pando, a filla do medio de aquel Xuiz extraordinario que foi Don Luis Pando. Teresa será incinerada e velada no Tanatorio de Arousa o martes día 20. A súa irmán Purita chega ese día de Inglaterra. Sempre lembraremos a Teresa, as nosas conversas, entre outras cousas.

Vaise unha defensora dos animais, tiña cans e gatos aos que lles adicaba a súa vida.
Teresa era tia do noso histórico blogueiro Luis Silva, a el, a Katy, a Maite, Jorge e Javier Silva Pando o noso abrazo mais entrañable, A Purita e a sua familia o mesmo. Xa dixemos que Teresa non tivo fillos, pero tivo unos sobriños que a coidaron hasta que pechou os ollos, tiñanlle amor a Teresa e asi o demostraron. Non queremos esquencer a Marta que vivia con Teresa, coidandoa desde fai unhos meses

Debería ser certo que hai un mais alá, gustaríanos que Teresa se atopase con Johniño, coa súa nai Pura, con Patucas, e? co seu Pai, o inesquencible Xuiz Don Luis Pando.
Comentarios (18) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 18-12-2011 12:23
Finou Elisa Méndez


Ela era a Nai do noso AMIGO, e colaborador do Faiado, Jesús (Suso) Méndez. Elisa tiña dous fillos mais, Marisa e Carlos, a eles, as súas noras e xenro, aos seus netos e biznetos o noso respetuoso pésame.

A Jesús o noso abrazo cercano e cariñoso como el se merece.

Aproveitamos a fotografía dos traballadores do banco onde, entre outros esta Jesús Mendez para mostrar o noso respeto pola morte do pai do alcalde de Vilagarcía, Alfredo Fole, tamén traballador en dita entidade bancaria e presente na foto.
Comentarios (7) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-12-2011 21:22
Cesar Lombera deixou de existir

Chegou coa súa familia desde algún lugar do norte do país a finais dos anos cincuenta.

Fundou a fábrica a Atlántica en Vilaxoan en aquel momento cuns salarios moi baixos, pero era unha saida para os que non querían ser emigrantes.

César Lombera tamén foi Presidente da Cámara de Comercio. A os seus fillos o noso pésame.

Na fotografía é o segundo pola dereita.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-11-2011 13:44
Guillermo Güimil, o seu fin

Foi un deportista nato, o Liceo sería de outra maneira sin Guillermo e seu irmán Nelo.

Lembraremolo toda a vida na pista do baloncesto como o que era: un xogador de garra.

A toda a familia do Chalet da Alameda o noso cariño. A Sofi, a súa muller, e aos seus fillos o noso calor, que consigan o consuelo de que o coidaron, xa que, as veces, non pode ser así. Non queremos esquencer a familia Güimil. A Todos, abrazos de parte do Faiado. Por Guillermo, o noso respeto para sempre.


Na fotografía, é o segundo pola esquerda dos agachados.
Comentarios (8) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-11-2011 22:41
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0