lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Morreu Domingo

Finou Domingo Sánchez Guisande, xefe do servicio de nefroloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Compostela. Formou parte da vida do Carril, tiña unha casa na subida da igrexa.

Domingo fai anos adicaba as súas vacacións e fins de semana a estar cos amigos do Carril. Lembramos a súa amizade co desaparecido Juan Antonio Dios. Casou coa vilagarciana Ana Rubianes. A ela e a os seus fillos expresámoslle o noso pésame pola morte de Domingo que no momento do seu pasamento so tiña sesenta e catro anos.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 31-07-2012 20:05
Finou Herminio

A verdade que foi un privilexio haber coñecido a Herminio Barreiro, D Herminio de Sisan, pero moi andariego por Vilagarcia, afiliado a UGT nos principios dos trinta cando estallou a sublevacion Herminio que xa estaba casado viveu un autentico calvario.

Na actualidade tiña cento catro anos, fai como seis se lle fixo un homenaxe tan merecido como tardio, pero os seres humans somos asi de ingratos.

A Conchita e Jacinto seus fillos, o noso respeto e cariño, o noso pesame mais sinxelo
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-07-2012 21:00
FINOU JORGE OTERO BERRIDE

Xa a estas horas estan celebrando o seu enterro. Finou con cincuenta e sete anos, non hai dereito a que un se teña que ir tan pronto, era fillo de Xefa Berride e Tucho Otero. Os Berride teñen lazos familiares ca xente do Faiado, son netos de Manuela Teijeiro, como Jorge, e de Rosa Teijeiro outros Berrides que estan no Carril, Valencia...etc etc. Sentimos a Jorge porque nos levabamos ben con el, porque era un bo rapaz e porque non tiña edade para morrer. Sentimos non habernos enterado antes, houberamos cumplido co rito human da despedida. SENTIMOLO. A todos os que lle querian a Jorge, o noso sentimento de respeto.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-07-2012 19:04
Foise Jose Eduardo

Soterrarono onte no cementerio noso, nas Canudas. Jose Eduardo Rubianes Rodriguez, era fillo de Pepe Rubianes e Carmen Rodriguez, das de Pampin, Jose Eduardo era primo do noso blogueiro Paco Salgado. Soio tiña coarenta e seis anos, non tiña idade para morrer, pero a morte e consecuencia da vida, e esta ben como ben. A os seus fillos Eduardo, Ivan e Iria o noso respeto e cariño pola morte do seu pai, a sua nai Carmen, as suas irmans Rita e M Jose un abrazo de calor, sentimos moito que naide nos contara a sua desaparicion, pero moito mais a propia perdida.


donada por anonimo
Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 14-06-2012 17:41
Era Jesus Bouzada


El era Jesús Bouzada, proiecionista do cine Fantasio, todos nós, vilagarciáns, debémoslle momentos únicos do cine, daquelas películas cheas de rombos e recomendacións. Mandounos a foto Luis Paz, e aproveitamos para darlle o pésame a súa familia.
Comentarios (3) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 10-06-2012 19:54
Morreu Cesar Morales


Era vilagarciano residente en Madrid, e tamen era blogueiro do Faiado. Gracias a Luis Silva temos unha foto de fai uns meses realizada na comida que celebran todos os anos os ex-alumnos do Calvo Sotelo.

A derradeira foto de Cesar, que so tiña sesenta e seis anos. O sentimos, o sentimos de verdade, pola súa dona, pola súa nai, pola súa irmán, polos seus amigos.

Mandámoslle un abrazo a Luis e a Piluca que está realmente afectada. O sentimos sobre todo por Cesar, que ainda lle quedaba moita vida por diante.

Cesar era un optimista. Que a boa terra lle de cobillo.
Comentarios (6) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-06-2012 23:31
Finou Guillermo Porto

O pasado dezanove de maio desapareceu das nosas vidas Guillermo Porto, un home vital e xoven. Guillermo só tiña 74 anos. O admirábamos, Guillermo viveu unha historia de amor envidiable coa súa dona Alicia, que finou fai uns anos. Dende aquela data Guillermo non deixou ningún día da súa vida acudir o cementerio... o sentia e o vivía de tal maneira.

Desde o respeto mais profundo, mandámoslle o noso sentimento de cariño a Alicia e Guillermo, aos seus catro netos, a Luis e Angela e a Teresa, a súa irmán.

Sentimos ternos enterado tan tarde, tamén sentimos non ter unha foto de Guillermo.
Comentarios (9) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 30-05-2012 07:46
Finou Noemi Fernandez

Estaba casada con un neto de Jose Ramos Cea, aquel Jose que encheu os barcos da Transmediterranea de xentes do Carril porque Jose era inspector da compañia. Noemi casara con un neto e finou a mediados de este Maio. Jose Ramos e Josefa Ramos eran irmans nacidos en Cortegada e logo expulsados...Josefa era avoa de Margarita do Faiado.
A todos os Ramos residentes en Barcelona, sobor de todo os fillos de Noemi, un abrazo compartido con forza e cariño.


donada por Pilar Verdaguer
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 27-05-2012 10:48
Deixounos Enrique Jiménez


El era unha persona importante en Vilagarcía porque traballou polo pobo sin levar cartos para a casa, mais ben ao contrario.

Foi Presidente do Liceo e do Arousa, foi concelleiro, empleou parte do seu tempo en loitar por mellorar o pobo.

Desde o Faiado lembramos a Enrique moi novo, aos seus pais, Marcelino e Esclavitude... boa xente, moi boa xente, a Manolo e Maruja, seus irmáns (non coñecimos ao outro)

Enrique merece que vilagarcía non esquenza os esforzos por mellorar, ao pobo, ao Liceo e ao Arosa.

Mañán mércores, as seis da tarde, será o seu enterro no cementerio xeral, previo paso pola igrexa parroquial.

A súa viuva Isabel, o noso pésame e consideración.
Aos seus fillos, José Enrique, Pepa, Javier, Oscar e Pablo, que o sentimos de corazón.
Comentarios (4) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 08-05-2012 23:47
Faleceu Canabal

Era o home de Josefita Durán, a nosa colaboradora e blogueira. Fai uns días puxemos no blog unha foto dela comentando a súa tristeza pola morte da sua mellor amiga, Mercedes López. Hoxe Josefita non o pode crer, estiveron de mozos nove anos e casados... toda unha vida, como di a canción.

Atopamonos agora pola mañán co correo dun familiar de Josefita, onde só nos comunicaba o feito, polo tanto non temos información da hora do enterro de Canabal, como era coñecido. Cando o sepamos, si da tempo, o poremos no blog.

Aos fillos e a Josefita o noso pésame e respeto pola morte da persona que foi un bo pai e un bo home.

A hora do enterro sera as cinco e media da tarde.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 02-05-2012 08:55
© by Abertal