lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR

Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)


THE BATTLE OF THE GOOD MEN

Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.

Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.

A VOLTA DOS NOVE

Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015

Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015


DESDE DENTRO DO CORAZÓN

Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013

Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014


O FAIADO DA MEMORIA

Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura


A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM

1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005


ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL
damemoria@gmail.com
 ESPACIOS
 GALERÍA DE FOTOS
 Ir a estas páxinas
 ARQUIVO

Finou Suso Domínguez


O Arosa SC entra nun periodo de duelo, non é para menos, Suso Domínguez faleceu.

Suso foi porteiro do primeiro equipo desde o ano 1962 ao 1969, un gran porteiro.

Natural de Padrón, logo de fichar polo Arosa nunca mais abandonou Vilagarcía.

No seu mundo laboral foi Director do Banco Pastor,no Carril, donde deixou amigos a esgalla, a Suso sempre o lembraremos porque era un cachazo de humanidade, e bos sentimentos.

A súa familia, aos seus amigos e ao Arosa o noso sentimento e pesar.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 29-05-2020 22:23
Comunicado da Asociacion 28 de Agosto de Cangas


ANTONIO NORES SOLIÑO, In memoriam

“Rayo de metal crispado / fulgentemente caído,/ picotea mi costado / y hace en él un triste nido”
( De “El rayo que no cesa” - Miguel Hernández”)

Nesta primavera convulsa que estamos a vivir, o raio que non cesa ven de agostar a saiva das raíces desta árbore referente da arqueoloxía e memoria histórica de Cangas, da nosa comarca e de Galiza.
A trascendencia que desempeña a memoria na constitución da identidade é incuestionable. O psicanalista Castilla del Pino aseveraba “Somos memoria porque temos historia”, “Somos a nosa Memoria”. Cando se perde a memoria, cando se esquece o pasado do que se veu, a identidade dilúese, bórrase e pérdese. Sen memoria non hai identidade.
Antonio Nores Soliño sempre tivo a consciencia inquebrantable do que representa a identidade deste País. Arqueoloxía, Patrimonio material e artístico (Xunta de Montes, Muiño de Fausto, A Mangallona, Capela do Hospital,..), Idioma, República, Levantamento militar do 36,.. conformaron o seu cosmos vital xirando arredor del a súa actividade e pensamento.
Antonio é sinónimo de Memoria. Era e seguirá a ser un soñador, un loitador e un defensor desa identidade. Loitaba, defendía, e...sufría. Cada ameaza a un elemento do noso patrimonio (xacemento, petróglifo, monumento..), cada nova dunha actuación que conlevaba efectos sobre o mesmo, cada neglixencia das distintas administracións ou particulares, provocaba nel unha angustia e un desacougo que lle custaba dixerir. A impaciencia, que ás veces amosaba, era manifestación do seu estado de ánimo e da consciencia de urxencia á hora de tomar decisións de salvagarda do mesmo. Cada hora, cada minuto que se perdera en evitar o dano, era fundamental na súa conservación. Era o seu inmenso amor á memoria, demandando a aplicación da lei na súa defensa.
Mais era tamén un claro impulsor de campañas de promoción, exposicións, recuperación e posta en valor de elementos e construcións da nosa historia, como todas e todos coñecemos.
Nestas última décadas concentrouse fundamentalmente na Memoria Histórica dunha forma exhaustiva e absorbente. Sufría por cada caso de impunidade do franquismo, por esas vagas e tsunamis de corrupción, polos actos de xenocidio, pola falta de dilixencia ou atrancos na eliminación de simboloxía franquista,..
Por ese mesmo interés e implicación, dinamizou e formou parte do movemento asociativo a nivel municipal, comarcal e de país. Investigaba, publicaba, e continuaba pescudando na nosa historia máis recente na procura da verdade, xustiza e reparación.
Déixanos un exemplo que temos que continuar, un legado de publicacións e documentación que temos que ordenar e divulgar. Estamos na obriga de facelo. Organizar unhas xornadas de arqueoloxía e de memoria histórica co seu nome arredor da primavera, do abril republicano e do seu mes de nacemento; da creación dun Fondo Documental de Memoria Histórica na Biblioteca Pública co seu nome, dun acto de posta en valor do seu traballo ao longo da vida,..son deberes a facer.
Posta en valor do patrimonio arqueolóxico e arquitectónico, bases de datos da historia de Cangas da 1ª mitade do S. XX, publicacións, artigos, promoción de actividade e monumentos, ..son as súas grandes aportacións. A eliminación da simboloxía franquista da igrexa do pasado maio 2019 foi unha grande alegría tras moitos anos da súa loita, da loita de todas e todos.
Do seu amplo e variado traballo artístico, fica na praza do Concello unha fermosa lembranza reflectida na peza escultórica do Memorial de Liberdade, obra da que foi promotor e autor.
Moito ánimo e forza para a súa esposa Matilde, o seu fillo Antón, a súa irmá Claudina, e a toda a familia e amizades.

“ Que o libre voo das pombas da paz / erga para sempre a memoria solidaria / das xentes xustas que o deron todo / pola liberdade e a xustiza. / Pombas, pombas, pombas!”
Claudio Rodriguez Fer

Cangas, 28 maio 2020 - AC. MH. 28 Agosto de Cangas
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-05-2020 18:30
Finou Antonio Nores

Natural de Cangas do Morrazo, ciudadano ilustre do pobo de Cangas, Antonio pasou media vida investigando, estudiando, facendo obra en libros e publicacions, a cambio de nada porque sempre saia perdendo cartos.
Entregado a MEMORIA HISTORICA , por vocación e por xustizia, asi o entendia Nores, en realidade hoxe a Memoria perde un aval, unha figura importante a quen desde Vilagarcia imos botar de menos, tamen era un amigo.
O noso sentido pésame a sua Dona e Fillo, a sua familia e amigos
Ate sempre Antonio.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-05-2020 11:57
Finou Jesus Lorenzo Crespo

Persona moi reconocida e apreciada na vila, sobre todo no Carril donde Suso veu a o mundo. Familiarmente sua nai,abos e tios, en definitiva a sua familia, son os Crespo-Rivas e Varela. fundadores da fabrica Malveiras, propiedade da familia.
Suso heredou da xenetica familiar a parte emprendedora empresarialmente falando, foi o fundador e creador da empresa PEPERETES, situada no barrio da Rosa no Carril.
A sua dona Antonia, a os seus fillos, o noso mais sentido pesame.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 16-05-2020 17:37
Hasta sempre Manuel
AROSA BAY é un grupo de voluntarios musicais que a nos particularmente encántanos.

Traémolos hoxe, a ventana do Faiado, para lamentala perda dun dos seus membros,Juan Manuel Gómez Costoya.

Faleceu dias pasados. Era natural de Rubiáns e residía en Vilaxoán.

Sentímolo feito do seu pasamento, tamén polo disgusto e o mal rato que están a pasalos seus compañeiros.

Sempre quedaranos os seus vídeos, como este que mostramos. Manolo era o da esquerda de todo que está a tocala guitarra.

A súa familia o noso mais sentido pésame.



Comentarios (2) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 12-05-2020 17:47
A Memoria de Carmiña Vila

Iniciou a sua ultima viaxe Carmen Vila, sempre a lembraremos no Faiado como unha muller absolutamente entrañable, boa, dulce...marabillosa. Desexarlle a os fillos e resto da familia que sepan xestionar a ausencia de esa Nai. O noso sentimento de pesar polo seu pasamento.
Comentarios (1) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-05-2020 12:23
Finou Lourdes Cambre

O noso sentido pesame a sua familia.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 09-05-2020 12:06
Na Memoria de Milagros

E a nai da miña amiga Loli Dorrio, de Bamio, si e triste perder unha Nai, moito mais triste é que se vaia sin poder estar a o seu caron, que che digan que a o enterro somentes poden ir tres persoas...Loli tera que aprender a xestionar a vida sin sua Nai procurando lembrar todo o bo que tiveron en comun, esquencer os ultimos dias, seguramente que a Mama non sufreu, que é do que se trata. Moitos bicos para toda a familia.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 06-05-2020 13:58
Ata sempre Carmen

Carmiña Buhigas, falleceu, irman de Pilar e Salvador, sobriña criada na casa dos Garcia Reboredo, quedou sin Pai moi nova, en plena guerra polo que se quedaron a vivir cos seus tios na casa do barrio da Prosperidad.
Foi das primeiras persoas que cederon fotos a o Faiado da Memoria, coma sua irman Pilar a que hoxe apretamos nun abrazo virtual.
A Carmen a sua filla compañeira de ese viaxe que facemos a diario no Faiado, decirlle que sentimos os momentos que esta pasando, en definitiva a toda a familia de Carmen Buhigas, noso pesame cheo de sentimento
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 05-05-2020 09:22
Finou Amparin

Filla dos valencianos, afincados no noso pobo fai unha chea de anos, donde se habian adicado a o sector da fruta, primeiro os seus Pais, a continuacion Amparin co seu home Manuel Abalo xestionaron Fruteria La Valenciana na rua Padre Feijoo.
Hoxe despedimos a Amparin, confinados na casa non podemos expresar os sentimentos mais que de forma tecnoloxica, os humanos necesitamos proximidade física que acaba sendo emocional, compartimos a tristeza da perdida de Amparin co seu fillo Manuel, ca sua nora e netos, non esquencemos a sua irman Paquita, amiga do Faiado da Memoria. Vilagarcia perde hoxe unha filla querida da sua comunidade.
Comentarios (0) - Categoría: MEMENTO - Publicado o 28-04-2020 08:28
© by Abertal