lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe Festival Primavera do Cine, 2014
Non sabemos que esta pasando que ultimamente nos enteramos moi tarde da morte de xente moi coñecida. Jose Luis Diz Encisa, fillo de un dos Nachos, sobriño de Verino e Manolo finou no dia de onte.Hoxe foi soterrado no Carril. ¡Canto sentimos non enterarnos¡Jose Luis traballou moitos anos como tecnico no Aeroporto da Bacolla, xa fai un tempo que se xubilou. Moi amigo da miña familia.A sua muller, fillos e resto da familia unha aperta chea de respeto e sentimento a figura de Jose Luis.
Cando por idade non lle tocaba finou Sebastian, fillo de Fita Tubio e Secundino Martinez, Cunino para todos nos. E terriblemente triste falar de alguen que se vai a os cincuenta anos, despedilo no millor da sua vida, Sebastian estaba casado con Natalia Sanmartin neta do tintorero en Santa Lucia. Para Natalia, para os seus fillos, para Cunino, para toda a familia o noso sentido pésame polo pasamento de Sebastian.
Fernando Miramontes do Ferrol finou no dia de onte e deberíamos gardar luto todos porque se foi un ser especial. Non somos todos iguais, por suposto que non, a min non deixa de sorprenderme aquela xente que ocupa lugares importantes e que nunca anteriormente deu un paso para defender calquer tipo de loita, sanidade cultura….Fernando Miramontes no ano 1972, sufreu torturas,persecución, carcere, era membro do PC, obreiro destacado ser human solidario, ser human especial, ser human que nunca mirou para outro lado, claro que para eso tamen había que sacrificar a familia que vivía as torturas e a carcere de Fernando con moitisima angustia.
Sentimos a sua norte, porque sabemos da sua loita, dos seus sacrificios, das ingratitudes sufridas logo, na época das vacas gordas, outros levaron os premios que non merecían. Os Fernandos retiraronse, era o momento de disfrutar dos seus seres queridos.
Fernando Miramontes nos fixo o honor de pasar a ultima etapa da sua vida en Faxilde, na casa da sua única filla Loli, mestra no colexio de Vilaxoan, Loli mamou os valores dos seus Pais, dende o Faiado da Memoria mandamoslle unha aperta chea de mensaxes, un de eles que foi unha privilexiada por nacer de un Pai asi, como o que ela tivo. A nosa aperta se fai extensiva a toda a familia,con moitisimo cariño, noso recoñecemento e admiracion
Acabamos de enterarnos fai un momentiño da morte de Luis Otero Pacheco, fillo de Lino, neto de Rosa a de Chaves. Cuso que asi era coñecido foi enterrado hoxe no Carril, e non queremos pasar sin mandarlle o noso respeto a sua compañeira, a sua nai e irmans, a os seus tios Marisa, Jose Luis, Carolas e Luisa, en definitiva a toda a sua familia e amigos. Familia moi especial para nos, para os do Faiado, sempre colaboraron ca nosa asociación en todo o que se presentaba. Unha aperta chea de recoñecemento nesta mala hora
A sua familia, fillos netos, a todos os seus seres queridos unha aperta co corazon, perderon un ser moi importante, bó e solidario. O noso cariño para sempre.
Fundadora do comercio de Sagra en Conde Vallellano, comercio de moito exito que os que somos do pobo lembramos, familia moi coñecida, nora de Lourido da panaderia Lourido.
A sua familia, home fillos en definitiva a todos os que sentiron o pasamento de Maria o noso sentido pesame e respeto.
Moi coñecida no pobo, foi profesora de Ximnasia no Colexio Filipense, moi relacionada ca Seccion Femenina, Ana logo de todo esto se trasladou a vivir a Barcelona, non fai moito que retornou a o seu pobo a Vilagarcia.
A o seu home, a os seus irmans e resto da familia noso sentido pesame.
Onte finou na Cruña, Valeriano Fernandez Lago, fillo de aquel matrimonio tan querido no Carril, os do estanco, Segunda e Valeriano un bo policia, foi comisario en Vilagarcia.
Valeriano e irman de Miguel é Pepe Fernandez canónigo lectoral na Catedral de Santiago con numerosos nomeamentos e cargos no mundo relixioso de Compostela, por suposto como toda a sua familia moi queridos no Carril, lugar de infancia e xuventude.
Valeriano casou con Olga Feijoo no ano mil novecentos sesenta e sete, tiveron tres fillos, que hoxe lamentan a perda de Valeriano, un abó enamorado dos netos a os que sin dubida o dia de hoxe quedara grabado nos seus corazons.
Os do Faiado perdemos un amigo, Valeriano gustaba do noso traballo, nos chamaba de vez en cando pra falar do que veia. Sentimos como merece a ultima viaxe do noso amigo e a Olga, os fillos netos e irmans o noso sentido pesame
Lita Sanchez, do Carril, cando pensamos en ela sempre nos quedamos conque foi unha muller adiantada a o seu tempo, gobernaba un racú como nadie, cando habia regatas de botes no Carril, nas festas do San Fidel, Lita levaba o timon e daba as ordes pertinentes a suas compañeiras de bote. Viveu tanto no mar como na terra. A O fAIADO DA mEMORIA nos deixou un testimonio moi importante, a sua vida contada por ela mesma. Ela, Verino e Manolo os Nachos, Xine cuñado de Lita, Abelenda e Julian, Manolo Eiras, unha xeneracion das que non quedan, mariñeiros sorteando o mar dos que nos sentimos enchidos de orgullo. Hoxe foise Lita, pero sempre estara no noso pensamento.
O noso sentido pesame a sua familia, e longa vida a sua Memoria.