lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano
RELACIÓN DE DONANTES DO PROXECTO
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Luis Carlos Penide
Óptica Jimenez
Tere Briones
Pilar G. Buhigas
Xosé Álvarez Castro
Fran Estévez
Rosana Cuesta
Israel Robles
Flavia Patricio
Los Pepes
César Díaz de la Jara
Mar Barral
Juanjo52
Nito Cambre
Charo Feijoo
Mercedes Paz
Margarita Mosquera
Eduardo Pardo
Carlos Paulos Rey
Lolita Camiño
Juana María Martínez
Marcelino Penide
Xan
José Manuel Casalderrey
Jesús Méndez
Ángeles Silva
Lis Lisarez
Nicolas García Abalo
Paco Salgado
A Despensa
Cándido Castro
Roberto Ocaña
Manuel Abalo
Farmacia Carmela
Luis Paz Pérez
Manolo Camiño
Newport
Luis
Goretti Daponte Vila
Carmen García Rodeja
Anxo Castelo Cuesta
Anónimo
Fernando Salgado
Ramiro Sampedro
Margarita Crespo
julia Santiso Rolán
Frinsa del Noroeste
Tucho Rey
Ricardo
Mary Domínguez
Carmen Villanueva
Bea Comendador
Alfonso H. Castro
Anónimo
Mary González Graña
Enrique León
Anónimo
Pilar Crespo Rivas
Esperanza Alcalde
Eugenio L. de Silanes
Chiruca González
Ramón Bóveda
Carmen Santiso
Casilda Vila
Elena Vila
Pura Padín
SMarbury
Antonio Caeiro (pai)
María del Pilar Alcalde
Dolores Mariño
Isaacifr
Lidia Corujo
Jesús Utrilla
Valeriano Fdez e Olga Feijoo
Sergio Gómez
Pilar Sobrino
Manuel Vázquez
María Dolores García
Todos lembramos a infancia, cando os nosos pais nos levaban aos cochiños, aos caballitos, logo, co tempo as cadenas, de mociñas, a noria, as verbenas, os paseos, os sentimentos... ¡Cantos dias de Santa Rita van alá!. Seguimos sentindo orgullo de pobo, somos un pobo con historia, e con historias pero hai días, como os de hoxe, que o sonido dos gaiteiros e das bombas, nos fan lembrar...
... de que temos unha subida pendente e esta acab de suceder. As 25 novas fotografías que aumentaron o noso fondo fondo virtual están expostas nas seguintes Galerías:
Amigos e Amigas, se non estades por ahí paseando, ou se xa volvíchedes a casa, ou se estades no exterior e estades pensando en como o estarán pasando os da vila, aquí tedes un pouco do voso fogar para reunirvos co tempo.
Bueno, falta menos para chegar ao día doce de Xuño, data tope para o proxecto de Verkami, para colaborar con nós na posta en marcha do documental de Vilagarcia, "Desde Dentro do Corazón". Neste momento rozamos as oitenta personas que xa donaron nel, casi todas os blogueiros e blogueiras do Faiado,
O Antonio non vai dar abasto en poñer os nomes nos creditos finais do documental. Unha vez mais gracias, ¡MOITAS GRACIAS!. Na marxen esquerda podedes ver os nomes das personas e das empresas.
Imos esperar estas últimas datas para ver como se portan o comercio e as empresas do pobo. Xa sabemos da crisis, os do Faiado gozamos dunha fabulosa tarxeta de parados que os caixeiros automáticos rechazan e nos arreglamos como podemos.Soio pedimos a partir de cinco euros. Días pasados o responsable de unha empresa de electricidade de Vilagarcia nos comentou "Para culturetas y comisiones de fiesta...NADA". ¿Os culturetas e as comisións de festas non consumen bombillas?, ¿Vostede non vive de vender bombillas?. Bueno é unha tristeza de País, nos seguimos nas nosas, de facer cultura e coa cultura, festa. Hai que coidar a saude, todo, menos morrer de tristeza que é unha morte moi fea.
Esperemos que os que quedan pensen que o noso documental é unha homenaxe a Vilagarcía, ao seu pasado de esplendor. ¡Ah, e o noso respeto e admiración as comisións de festas que traballan polos seus veciños a cambio de nada. A os blogueiros decirlle que faremos unha subida nas próximas horas e que a anunciaremos neste mesmo post.
E disfrutade das festas de Santa Rita, o pasear, as rosquillas, churros e música polo entorno de Vista Alegre merece a pena.
Podíamos facer o currículum de Tucho, a súa importancia no mundo da banca nun pobo pequeno e con moitas necesidades e sufrimentos. A banca, ou o banco de entón, non era como a de hoxe, chegabas e coñecías a todos e eles a ti.
Tucho era moi servicial, como hoxe, os do Faiado temos moito que agradecerlle, sempre está ao que lle pidamos. Admiramos a súa figura como un marido exemplar, un pai único e un avó reventado e cheo de orgullo.
O 18 de Maio fai noventa anos. E sigue coa súa risa de pillo e a súa vitalidade. Non deixa de pasear co seu amigo Manolo Coello... alegrámonos, o felicitamos e o abrazamos con agarimo.
Hoxe, 17 de maio, é o día das Letras Galegas, e decir: un día importante para Galicia, para os galegos de dentro e de fora.
Galicia é case sinónimo de emigración, porque de Galicia, por emigrar, emigraron: traballadores, intelectuais, enerxía eléctrica e capitais.
Aos da Europa, de ahí o lado, a que comparte moneda con nos, e a da diáspora, Arxentina, Perú, Venezuela, Uruguay, Colombia, Brasil, México, Chile,... A todos eles vai adicada esta subida, co noso abrazo desde Vilagarcía, cheo de desexos positivos para a nosa xente que se foi polo mundo adiante en busca dunha vida mellor.
Por iso a única Galería na que vamos a colocar fotografías é na de SEMPRE EMIGRANTES. E van a ser vintecatro novedades.
A verdade e que estamos felices do conseguido para o noso documental, no Pais e un momento duro, dificil, nos coarenta deberon estar pior pero aquelo xa se esquenceu e iso de rascar o bolsillo para unha pelicula....pensandoo ben estamos quedando sin CULTURA, por falta de cartos, por falta de apoios de subvencions. Todo e tan triste, que si tiramos a toalla pode ser terrible. O que pasa que sin cartos non se fai...¡NADA! Non coñecemos a nadie que faga, que traballe gratis...
O Antonio onte con unha crisis de vertigo hasta as duas da tarde no hospital, as nove da noite sairon rumbo a Bilbao, a grabar a maqueta do Cabo Razo...bueno acabamos de falar e xa estan vindo de volta. Sin gastar en hoteles, pero unha forma un pouco "fuerte" de facer o documental, ou de facer calquer cousa, pero non podemos recurrir a o que non temos.
O documental xa vos dixen que a todos gustara, millor non pensar nos sacrificios, millor nas alegrias. Os soños, as esperanzas e de que todo saia ben. Por eso queremos dar as gracias a xente do blog que maioritariamente danos un pulo para axudar...por eso vai ser unha cooperativa de documental, vai ser de todos, asi o sentimos e temos que pensar que a estrea vai ser unha festa. Desde Dentro do Corazon do Faiado, Gracias, moitas GRACIAS
A Foto e do rodaxe no Gato Negro da parte adicada a o ouro nejro do Carril, Antonio entrevistou ese dia a Moncho "Pasensias" e a Julian Iglesias dous mariñeiros historicos, dous cachos de mariñeiros.
Para nós, os do Faiado Da Memoria, emocionalmente é un momento importante. Tocóunos facer o documental da nosa vila, había que facelo e o facemos vocacionalmente, encantados da vida.
Somos un pouco osados porque xa queda moi pouca xente que nos poidan falar dalgunhas cousas... por exemplo da Escuadra Inglesa. Non falamos de HISTORIA con maiuscula, esa sería moi fácil, tirar de arquivos, hemerotecas... Nos queremos relatos personais, de xente que convivise cos ingleses... bueno... conseguímolo, estamos ledos.
O Ouro nejro do Carril, da Vilagarcia que bañaba o mar, do fundimento do Cabo Razo...
Precisamente o domingo pola noite sae disparado o Antonio a grabar a maqueta do Cabo Razo a Bilbao, como quen di, ahí ao ladiño mesmo. E logo a seguir montando.
Na colecta para o documental imos ben, moi ben, pero nos gustaría que o comercio, as empresas que viven en, e de, Vilagarcía, colaborasen un pouquiño co documental da vila da que eles viven.
Por Orgullo, por dignidade e xustiza.
A os blogueiros...¡GRACIAS¡ Mellor imposible...
Ahí, a vosa esquerda deste monitor podedes ver as personas, comercios e empresas que a día de hoxe, 12 de maio, levan aportando algo a este proxecto. Gustaríanos velo nome de moitísimas mais personas nel. Queda un mes xusto para o remate da campaña.
Pero, ao marxen de toda esta información, de todo este traballo que estamos a realizar, non deixamos de subir, como cada semana, unha nova serie de fotografías. Onte xa fixemos un aviso creando unha carpeta nova para Guillán. Hoxe o facemos nas Galerías de:
Agora a disfrutar. E tamén podedes sair que o tempo fora da casa, en Vilagarcía, é moi agradable. Os que vivan fora pode que sexa doutra maneira. Pero sempre se pode disfrutar.
El era unha persona importante en Vilagarcía porque traballou polo pobo sin levar cartos para a casa, mais ben ao contrario.
Foi Presidente do Liceo e do Arousa, foi concelleiro, empleou parte do seu tempo en loitar por mellorar o pobo.
Desde o Faiado lembramos a Enrique moi novo, aos seus pais, Marcelino e Esclavitude... boa xente, moi boa xente, a Manolo e Maruja, seus irmáns (non coñecimos ao outro)
Enrique merece que vilagarcía non esquenza os esforzos por mellorar, ao pobo, ao Liceo e ao Arosa.
Mañán mércores, as seis da tarde, será o seu enterro no cementerio xeral, previo paso pola igrexa parroquial.
A súa viuva Isabel, o noso pésame e consideración.
Aos seus fillos, José Enrique, Pepa, Javier, Oscar e Pablo, que o sentimos de corazón.
Juan Ramón Abuín Castañeda, do Carril. De pequeno o seu pai emigrou coa familia ao País Vasco, logo de distintos avatares, Juan Ramón chega a Cataluña. Non imos contar a súa vida, o seu único fillo coa súa dona xa nos visitaron en Vilagarcía o ano pasado.
Sentiuse moi feliz cando o localizamos, o seu pai era primo de Moncho, Joaquín, Manuela, Montserrat e María Abuín Pardo.
Juan Ramón tiña 64 anos cando o afundimento do Cabo Razo... ¡E SOBREVIVIU! Bueno non imos contar o documental, xa o veredes...
Só queremos dar as gracias a todos e todas que conformades a lista que aparece a esquerda, e que esperamos que siga crecendo. Tamén recomendar a lectura das cousas que se mandan. ¡POR FAVOR! A cambio das vosas donacións levaredes unhas recompensas. Podedes velo na páxina de Verkami.
Con seis días, entre a páxina de Verkami e a conta que algunhas personas nos piden para realizala súa donación... ¡¡¡SOBREPASAMOS OS MIL EUROS!!!.
Porque hoxe veu a gravar ao Antonio como director do documental "DESDE DENTRO DO CORAZON" o programa da televisión de Galicia, Revista do fin de semana.
Entón acompañáronnos na gravación algúns dos colaboradores que interveñen no documental, desta maneira sentímonos mais arropados... porque o documental somos todos.
Por certo como esto da crisis eche así, para algunhas cousas si e para outras non, facemos un chamamento ao texido comercial e industrial de Vilagarcía, non esquenzades que é sobre o noso pobo... por dignidade de pobo. Na relación de donantes que xa aportaron temos tres tendas ben pequenas, pero sin dúbida con orgullo de pobo.
Ainda é pronto, quedan moitos dias pero o chamamento esta feito.