O clube das ideas
A saúde da nosa democracia
Hoxe en día este fenómeno está moi presente nos medios de comunicación e na sociedade, cousa que é moi preocupante.  Poderiamos definir a corrupción como o comportamento de certos cargos públicos consistente en  recibir unha certa cantidade de cartos (ou agasallos) a cambio de permisos para  obras  ou outras operacións de dubidosa legalidade;  deixando así de lado a veracidade, honestidade e honradez da que deberían dar exemplo.
Reflexionando sobre a moralidade destas conductas, poderíamos afirmar con absoluta certeza, que a corrupción non é de ningunha maneira  un comportamento nin ético, nin moralmente bo. Un dos casos máis soados , foi "O caso Malaya" onde diversos cargos públicos roubaron aproximadamente 500 millóns de euros e branquexaron  outros 671 millóns máis. Nos últimos días , é moi mencionado o caso do home da infanta Cristina , Iñaki Urdangarín . Este home polo que parece desviou fondos dende o Instituto Nóos, unha sociedad sen ánimo de lucro, e dende a Fundación Deporte, Cultura e Integración Social hacia  outras;  diñeiro que lle entregou a administración pública para organizar eventos deportivos e outros servizos (2,3 millóns de euros do Goberno Balear e 3,7 millóns do Goberno e Concello de Valencia).
Na miña opinión, e pode que sexa tamén a de algúns de vos, é unha enorme vergoña que aqueles que non teñen problemas financieiros,  que viven ben  coma familias acomodadas , que levan aos seus fillos a escolas privadas , que o traballo que realizan non é para nada esgotador , que poden celebrar as festas con todo tipo de luxos, etc…; caian tan baixo como para roubar cartos, e aínda por riba dunha asociación que se supón que ten que axudar,  e non engordar a carteira dos que a dirixen. Moita xente de clase media baixa, viven do suor da súa fronte, do traballo diario, de non ir a comer a casa porque non lles dá tempo, de traballar máis de 10 horas seguidas, e con todo dan mostra dunha moralidade intachable.
Que fai neste caso a xustiza?...está  comprobado que non é igual para todos. Os únicos que van ao cárcere son só os pobres, a xente con cartos, emparentada coa nobreza ou con cargos importantes da sociedade, van quedar exentos de castigo. Porque a xustiza en España é unha vergoña, unha chapuza, un invento, onde dominan os máis fortes e os poderosos .
Casos como os mencionados anteriormente pon en perigo a saúde da nosa democracia. Aínda así é preciso manter a esperanza de que nun futuro non moi tardío , a XUSTIZA sexa unha realidade e  non importen nin a clase social nin o cargo público dos individuos  na toma dunha decisión xudicial.
(Artigo de Sara Da Silva)
Tecnoloxías ... Boas ou malas?
BLACKBERRY
Estamos na era tecnolóxica, todas estas innovacións soen facilitarnos a vida, pero en realidade fannos ben? Poñamos un exemplo, a famosa Blackberry; hoxe en día practicamente tódo-los adolescentes e os xa non tan novos teñen este móbil. Tamén é certo que para determinados usos este teléfono é moi útil, como por exemplo para o traballo ou labores relacionadas con el, pero os adolescentes non a utilizan precisamente para eses fins, senón máis como ocio. O famoso Messenger da Blackberry  fai que os alumnos se distraian e non atendan as clases e as explicacións dos mestres. En definitiva, por que non ter un móbil máis sinxelo para facer o básico e imprescindible ou sinxelamente non telo? Porque nos atopamos nun mundo de tecnoloxías e innovacións e todo iso lévanos  a ter o modelo máis avanzado para sentirnos mellor, ir por ahí cun móbil antigo, é unha risa, pero este non chama?, ou non manda mensaxes?
OS REPRODUCTORES MP3,MP4,IPOD
Nós, os adolescentes tendemos a escoitar música moi de seguido, fainos a vida máis entretida, mata o aburrimento, pero é bo escoitala nunha discoteca con moito volume ou polos auriculares? Segúns uns investigadores da universidade de Michigan en EEUU, o uso dun reproductor a alto volume  pode provocar perdas auditivas permanentes, e non só os reproductores, tamén o excesivo volume dos altofalantes das discotecas poden acrecentar esta perda. Xa non só o uso destes aparellos pode producir isto, senón que   un simple despiste na rúa e o feito de non escoitar nada ao teu redor pode producir atropelos ou accidentes, por iso os expertos recomendan  que o volume non supere o da voz para poder oír o que acontece ao teu redor.
SEDENTARISMO
A televisión, o ordenador, os móbiles… Provocan sedentarismo nos adolescentes? Definitivamente non hai unha resposta a esta pregunta que sexa exacta, pero podemos dicir e con seguridade, que moitos rapaces pasan gran parte da súa infancia e a súa adolescencia ben vendo a televisión ou cos móbiles, mandando mensaxes ou falando cos amigos, e  incluso xogando con eles porque hoxe en día as tecnoloxías permiten todo iso. Cómpre tamén mencionar os distintos aparellos como poden ser as videoconsolas,a Wii, a Playstation 2, 3, que en moitos casos distraen aos rapaces das súas funcións escolares.
Para rematar e como estudante e como rapaza que naceu na era tecnolóxica aconsello a todos que practiquen deporte ou vaian ao ximnasio, é dicir que se manteñan activos o máximo posible.
Artigo de Sara Da Silva
Benvida ó novo ano
Idea de: Lucía Cameselle
Letra: Marta Dacosta
Música: Yann Tiersen. Amelie Poulain.
Cando a morte se precipita....
"Cando a morte se precipita sobre o home,
a parte mortal extínguese"
(Platón)
Moitas persoas faleceron neste ano,  algunhas delas moi recoñecidas e queridas por todos nós. Deixáronnos despois dunha longa travesía, algúns completaron o seu ciclo, outros faleceron novos e quedáronlle moitas cousas pendentes. Por iso os alumnos de Ética e Filosofía do dereito de 2º Bacharelato queremos facerlles dende aquí unha pequena homenaxe.
Elisabeth Taylor.Coñecida por Liz taylor,Londres 27-Feb -1932/ Os Ánxeles  23-Mar-2011/ Actriz que desenrolou a  súa carreira en Estados Unidos , sobretodo  nos estudios de Hollywood. Ao longo da súa carreira gañou tres Óscars , cinco Globos de Ouro, tres premios BAFTA británicos e o David de Donatello. Destacou polos seus ollos  dun extrañísimo color violeta e volcouse no activismo de causas humanitarias e na loita contra o sida. Casouse sete veces e faleceu debido a una insufiencia cardíaca.
Ernesto Sábato. Bos Aires 24-Xun-1911/Bos Aires 30-Abr-2011.Foi un escritor, ensaista, físico e pintor arxentino.Escribiu tres novelas e innumerables ensaios . As súas obras máis coñecidas son Sobre heroes e tumbas de (1961) entre os  seus ensaios compre destacar Heterodoxia (1953) e Homes e Engranaxes (1951). Falece na súa casa pouco antes de cumprir os 100 anos debido a unha neumonía derivada dunha bronquite.
Severiano Ballesteros. Pedreña (Cantabria)9-Abr-1957/Pedreña 7- May -2011 foi un famoso golfista español . Entre os seus títulos compre destacar cinco capionatos do mundo Match Play, dous primeiros postos no selectivo torneo Masters de Augusta e tres no Open Británico. Falece na súa casa debido a un túmor cerebral xa detectado no 2008.
Jack Kevorkian. Míchigan 26-Maio-1928/Míchigan 3-Xuñ-2011.Foi una patólogo armenio-estadounidense, coñecido pola aplicación da eutanasia en 130 pacientes . Sentenciado por ditos feitos de 10 a 25 anos de prisión. No 2007 saíu por motivos de  saúde . Fai tres anos deu unha charla na Universidade de Florida onde dixo que o seu obxectivo non era matar aos pacientes senón evitarlles o sufrimento.
Amy Winehouse. Londres  14-sep-1983/Londres  23-Jul-2011.Foi  unha  cantante e compositora xudía, moi coñecida polas súas  mesturas con distintos estilos musicais Soul, Jazz, Rock and Roll e ska. Moi extrovertida, naceu no xeo dunha familia de clase media- baixa, é coñecida aparte de por ser unha gran cantante, polos seus escándalos co alcohol e as drogas. Sacou dous álbums á venta Frank e Back to Black. Colaborou con diversos artistas como por exemplo Quincy Jones  a súa última colaboración foi con Tony Bennett  en Marzo deste mesmo ano.
Heribert Barrera Barcelona 6 –Xul-1917/Barcelona 27-Agos-2011. Foi un político de Catalán . Foi o primeiro presidente de Cataluña  tras o final da ditadura franquista . Foi deputado e durante catro anos presidente do parlamento catalán e no ano 2000 recibiu a Medalla de Honor do Parlamento de Cataluña
Steve Jobs. San Francisco (California ) 24-Feb -1955/ Pau Alto (California) 5-Out-2011. Foi un empresario e magnate do sector informático. Cofundador e presidente executivo de Apple Inc. A súa fortuna ascende a uns 8,3 mil millóns de dólares estadounidenses. O seu falecemento debeuse a metástase dun cancro de páncreas.
Artigo de Sara Da Silva
Cen primaveras con Cunqueiro
Mostrou dende ven pequeño a súa afección pola lectura acudindo a tertulias na botica do seu pai. Estudou o bacharelato en Lugo e matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago pero deixouna para adicarse ao xornalismo. En 1930, comeza a publicar artigos e poemas e, en 1932, publica o seu primeiro libro “Mar ao norde” e inaugurou con “Cantiga nova”  a corrente neotrovadoresca da lingua galega.
Foi membro do Partido Galeguista, apoiando o Estatuto de Galicia do 36, pero sorprendeuno a sublevación aínda que debido a  influencia da súa familia non sufriu represalias. Dende ahí, militou na Falanxe tendo o cargo de xefe da propaganda e prensa comarcal.
A traxectoria literaria de Cunqueiro quebra co estalido da Guerra Civil xa que comeza a traballar como profesor e a publicar en castelán na prensa fascista. Durante algúns anos traballa nalgúns periódicos ata que en 1950 establécese en Vigo, traballando para o Faro de Vigo. En 1963 ingresa na Real Academia Galega.
<embed id=VideoPlayback src=http://video.google.com/googleplayer.swf?docid=-2516692118735669028&hl=es&fs=true style=width:400px;height:326px allowFullScreen=true allowScriptAccess=always type=application/x-shockwave-flash> </embed>
Cunqueiro foi un escritor polifacético e a súa extensa obra literaria abrangue os eidos xornalístico, poetico, narrativo e teatral, sen esquecer os seus traballos de tradución. Foi poeta de xeito vanguardista, neotrobadoresco e culturalista aínda que despois da Guerra Civil adicouse sobre todo á narrativa e ao xornalismo. Da súa obra en galego destaca en poesía "Mar ao norde"e "Herba de aquí ou acolá", en narrativa "Merlín e familia”e no  teatro "O incerto señor Don Hamlet, "Principe de Dinamarca". En lingua castelá destaca a súa narrativa con "Las mocedades de Ulises" ou "Un hombre que se parecía a Orestes" e os seus ensaios e artigos.
Recibiu numerosos premios tanto pola súa obra en castelán como en galego e, incluso, como xornalista. En 1991, adicóuselle o Día das Letras Galegas.
Para saber máis:
- Reseña biográfica  /  Poemas  /  Os mil e un Cunqueiros  /
Artigo de Antón Neira
Os dereitos humanos hoxe.
o aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos,
pero aínda non son unha realidade definitivamente rematada,
nin na súa dimensión teórica nin na práctica.
O recoñecemento universal
da dignidade humana foi resultado dun dificilísimo camiño
que levou miles de anos á humanidade.
Ao recoñecemento  da dignidade humana contribuiron a relixión
(que obriga a practicar a compaixón e axudar ás persoas que máis sofren),
a filosofía (Kant afirmaba que o ser humano era o único que tiña dignidade e non prezo)
e a política (cas reivindicacións dos partidos liberais e os socialistas).
E tí que opinas?
O tesouro de Rande
Foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande, no interior da ría de Vigo no contexto da guerra de sucesión española.
Este econtro enfrentou ás escuadras Anglo-Holandesas e Hispano-Francesas,
os ingleses buscaban as riquezas sacadas de América polos españois.
A batalla concluíu coa victoria dos Anglo-holandeses os cales saquearon Redondela e se levaron varios navios españois dos cales un, cargado de tesouros, encallou nas illas Cíes e afundiuse. O enfrontamento desencadeou varios galeóns  afundidos na ría cos seus cargamentos, mais os expertos arqueólogos aseguran que é moi complicada a sua extracción xa que hai varios metros de fango sobre os galeóns.
Na actualidade foron atopados varios restos da batalla polo arqueólogo Javier Luaces, o cal confirma o descubrimiento de varios galeóns franceses e españois pertencentes á mítica flota da Prata.
O arqueólogo galego programa próximas inmersións para descubrir máis sobre os restos da gran batalla, a lenda de Rande segue viva.
A continuación deixámosvos un video gravado polo seu equipo nunha das súas últimas inmersións.
Artigo de Antón Gómez
O IES Álvaro Cunqueiro contra os recortes
Tivo lugar ás 11:45 da mañá no patio de recreo.
A organización foi levada á cabo por eles mesmos e todo transcorreu con normalidade dando mostras de gran civismo.
Fai click aquí e mira a reportaxe gráfica
O leite e os ovos tamén son asesinato
Aparte disto, as crías das vacas son apartadas da súa nai para que non beban a súa leite, e tras pouco tempo recluídas son sacrificadas para o consumo humano. No caso dos ovos, os pitos machos son asesinados literalmente ó cabo de nacer, ou ben triturándoos vivos ou amontoándoos e morrendo esmagados ou asfixiados, porque non son produtivos nin engordan o suficiente e non son rentables para carne.
Ademáis, nas industrias cárnicas os animais viven  de maneira deplorable e os homes trátanos a golpes con varas de metal. Moitos teñen unha morte moi lenta e dolorosa, mentres os homes lles seguen pegando, acoitelando…
Cabe destacar tamén o maltrato na industria peleteira (zorros, lobos, focas, chinchillas…), fan falla  ata 300 chinchillas, 8 lobos, 20 focas ou 150 zorros para facer UN só abrigo de pel.
E, como non, mencionar a experimentación con animais por parte de industrias farmacéuticas e de cosmética, entre outras.
Se queredes máis información poderedes ver un documental chamado “Earthlings”, pero contén unhas imaxes moi explícitas e fortes non aptas para nenos ou xente moi sensible.
Que podes facer ti?.
A mellor solución cara este problema é recurrir ao vexetarianismo ou o veganismo.
Os vexetarianos poden seguir tomando leite e ovos, pero os veganos non comen nada procedente dun animal: nin leite, nin ovos, nin me. Ademáis non levan roupa de pel ou lá e non acoden aos espectáculos con animais: circos, zoolóxicos, ferias…
Hai moitas conxecturas acerca da alimentación vegana ou vexetariana, pero a maior parte son falsedades. Non hai ningún problema por non comer carne (nin peixe) sempre e cando saibas como alimentarte e coides a túa dieta.
Video "Razóns para facerse vexetariano"
Artigo de Lucía Cameselle
Parque eólico no monte do Galiñeiro
O Galiñeiro é un monte que se atopa no municipio de Gondomar no seu  límite con Vigo e O Porriño. Lugar senlleiro polos seus valores naturais (xeolóxicos, paisaxísticos), culturais (etnográficos, arqueolóxicos) e económicos. Na actualidade non está declarado como parque natural nin está protexido pero pode que cos novos plans que se lle incorporaron as persoas están a cambiar de idea. Estes plans non son tan malos como parecen pero todo ten consecuencias.
O que se quere facer é ubicar un  parque eólico nos seus amplos terreos, instalar grandes muiños de vento para así conseguir enerxías limpas. E é aquí onde xorden os problemas. É recomendable o uso de enerxías limpas para non danar ao planeta se ao mesmo tempo estamos a crear un gran impacto medioambiental? É unha gran contradicción sobre a  cal hai moitos debates e moita polémica.
Tamén temos que ter en conta que é un lugar que é de todos, de xeito que non se debería facer nada sen unha votación do pobo (que é a quen realmente dana).
A pesar das dificultades que atopan, os habitantes das zonas colindantes xunto con algunhas organizacións ecoloxistas están facendo o imposible para que o integren dentro do programa Red Natura 2000 e que xunto co monte Aloia o convertan toda a área nunha reserva natural.
Estades dacordo coa instalación dese parque eólico?
Pensades que é un bo futuro para o monte?
Gustariavos chegar ao monte e encontrarvos con estes xigantes?
Artigo de Yanira López Lorenzo