O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

#FilosofíaSI
“Je pense, donc je suis”, deixou escrito René Descartes no seu célebre Discours de la méthode. Unha formulación filosófica con antecedentes expresada no “cogito ergo sum” (penso, logo son). Ese pensamento é unha materia pendente na Galiza desde que a LOMCE lle restou presenza á Filosofía no currículo escolar.
Tras as últimas modificacións no sistema educativo introducidas pola LOMCE, a Filosofía queda relegada á categoría de materia optativa en segundo de bacharelato. Esta modificación do plan de estudos entrou en vigor o setembro pasado. Pois ben, o pasado 30 de agosto, un grupo de profesoras e profesores presentaron una iniciativa lexislativa popular (ILP) abalada por 8200 firmas no Parlamento galego para pedir que a Historia da Filosofía sexa considerada materia troncal no segundo curso de bacharelato, como vén acontecendo noutras comunidades como Cataluña e Aragón.
Esta iniciativa de carácter apartidista foi promovida por un grupo de profesoras e profesores en colaboración cos membros da Facultade de Filosofía de Santiago. Non se trata dunha cuestión de postos de traballos ou horas de docencia senón de algo que vai moito máis alá: o que está en risco é a saúde dunha sociedade que elimina a filosofía do seu sistema educativo. A filosofía non é un contido máis senón que afecta a toda dimensión formativa existencial vital de cada cidadán.
Na época que vivimos, do utilitarismo, do pensamento único, del todo vale, a xente se pregunta: “¿Filosofía, para qué?” …. “Aprender a filosofar axuda as xentes – e sería a primeira tarefa- a recuperar o pulso da reflexión, facendo un alto no camiño para chegar a saberse a si mesmos e apropiarse dos seus mellores posibilidades vitais, que é, a fin de contas, no que consiste a liberdade” (Adela Cortina, “La filosofía en la escuela”; El País).



Que importancia ten a filosofía a día de hoxe?, isto é como se preguntásemos: necesitamos pensar?, a filosofía dá ferramentas que axudan a ter criterio propio e isto é fundamental vendo o complexa que é a realidade, contribúe á educación de mozos e mozas. Educar non é só preparar empregados, senón ante todo cidadáns e ata persoas plena e consciente humanas, porque educar é cultivar a humanidade e non só preparar para triunfar no mercado laboral. E é tamén a verdadeira función da filosofía, por iso a súa reivindicación nunca debe abandonarse, así nolo recorda Fernando Sabater. Nun mundo tan complexo é cando máis necesitamos cuestionar os feitos, debatelos, ensino non só ten que servir para achegar destrezas e competencias, senón que debe contribuir "a amoblar a cabeza da xente". A Filosofía "forma" e "non só informa" aos estudantes, ao mesmo tempo que lles dá referencias para enfrontarse a un mundo cada vez máis difícil porque é cambiante. A ensinanza debe adecuar súa folla de ruta as cambiantes necesidades da sociedade, pero sería un erro lamentable –quizais irreparable– prescindir de disciplinas que, como a Filosofía, permiten coñecer a historia do pensamento e preparan aos alumnos para que reflexionen sobre o que acontece; materias que inculcan valores imprescindibles para construir unha sociedade máis xusta, solidaria e tolerante; en definitiva, una sociedade mellor.

Esta iniciativa desenvolvida durante os últimos meses continuará con outra en internet. A partir do vindeiro 16 de setembro tras o comezo do novo curso, a campaña Chía pola filosofía! anima a profesores e alumnos a publicar en twitter e inundar as redes con sentenzas e frases de filósofos acompañadas do cancelo #FilosofiaSi.

PARTICIPA CON NÓS !!



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Filosofía - Publicado o 13-09-2017 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons