O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Novidades curso 2016-17
Coa implantación da LOMCE o alumnado de bacharelato ten opción a escoller novas materias optativas. As que oferta o departamento de Filosofía do noso instituto para o novo curso escolar son: Psicoloxía, Ética e Filosofía do dereito e Historia da filosofía, para o nivel de segundo; e Antropoloxía para o nivel de primeiro de bacharelato.



A Filosofía do Dereito xa ten unha longa tradición no noso curriculo. Ofertámola porque todo ordenamento xurídico precisa dunha xustificación, un fundamento, unha lexitimación teórica, o valor da FILOSOFIA DO DEREITO debemos buscalo nos problemas que suscita, onde as preguntas son máis importantes que as respostas e por suposto no seu gran potencial educativo.

Dámoslle a benvida á PSICOLOXÍA, rama do saber cuxa finalidade esencial é tanto a comprensión da propia individualidade como das condutas sociais e a súa interrelación. Desde uns antecedentes históricos moi ligados ao desenvolvemento do saber filosófico, a psicoloxía evolucionou cun cariz, en certo xeito, bifronte. Por unha banda, ten unha indubidable filiación humanística; por outra parte, a súa temática busca regularidades e explicacións científicas.Estas características distintivas, polo seu obxecto de estudo e a súa metodoloxía, fixeron que a psicoloxía poida considerarse unha disciplina moi interesante para o alumnado de segundo de bacharelato, na medida en que lle axudará a coñecerse mellor como individuo e a desenvolverse como persoa e, ao tempo, a afrontar os diversos problemas e retos que a convivencia suscita.



Escribe o teu comentario (23) - Categoría: Saúdos - Publicado o 12-09-2016 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons