O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Ética e Filosofía do dereito
Moitos mozos pensan que non poden facer nada por mellorar a sociedade e as condicións de vida do mundo en que vivimos. Que podo facer eu para acabar coa fame, as guerras, o cambio climático...? Vemos os problemas con distancia e as veces con impotencia. Pasamos da política.

É certo, as sociedades contemporáneas son complexas. A diversidade cultural e ideolóxica que as conforma precisa dunha formación de súa cidadanía que lle permita afrontar os retos dese pluralismo en contínua transformación.

No barrio, no instituto, nas cidades en que vivimos hai decenas de problemas. Aínda moitos non podemos votar nin presentarnos a unhas eleccións, pero podemos debater con outros sobre posibles solucións, idear proxectos que melloren a vida de todos. É preciso desenvolver a nosa dimensión cidadá cara o compromiso social.

Iso é o que este ano intentaremos facer dende esta materia chamada ÉTICA E FILOSOFIA DO DEREITO


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 22-09-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Preparándonos cara o novo curso

Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-09-2010 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons