Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Antropo.....que? |
|

O interese polo coñecemento da especie humana e as súas culturas existíu dende sempre. Herodoto alá polo século V a. C. estudiou e describiu antigas civilizacións, por exemplo as dos escitas e os exipcios, e propuso unha hipótese sobre a lingua orixinal da humanidade.
Viaxeiros, misioneiros e soldados comezaron alá polo século XV a procurar suficiente información antropolóxica sobre vellas tradicións. Así foi como comezou unha nova ciencia: a Antropoloxía.
O termo Antropoloxía deriva de dous termos gregos logos (estudo) e anthropos (ser humano), e significa "o estudo do ser humano".
Os antropólogos ademais de aprender cousas sobre a bioloxía e a evolución da especie humana (Antropoloxía biolóxica), tamén mergúllanse nas costumes, os ritos e as tradicións culturais dos pobos (Antropoloxía cultural).
Este ano incorporamos ó noso blog novos contidos referidos todos eles a esta materia. Pero... ¿coñeces ti algún antropólogo ou antropóloga famosa polos seus estudos?
|
|
|
|
Novidades curso 2009-10 |
|
De novo un ano máis con todos vos na blogosfera. Comenzar un novo curso ten sempre aires de renovación e novidade. O Departamento de Filosofía oferta novas materias optativas para bacharelato que desexamos sexan do voso agrado:
ANTROPOLOXÍA (1º de Bach) esta ciencia estuda as diferencias entre as culturas, as tradicións e os modos de vida dos pobos.
ÉTICA E FILOSOFIA DO DEREITO (2º Bach), o dereito é unha das grandes creacións da intelixencia humana. As leis xustas fannos libres a todos.
FILOSOFIA DA CIENCIA (2º de Bach), os últimos avances da ciencia facilitados pola tecnoloxía crearon unha expectativa esaxerada do poder da mesma.
O noso desexo é manter vivo este espazo e para iso precisamos dun grupo de rapaces creativos interesados en facelo realidade, verémonos en Antropoloxía ou Ética e Filosofía do dereito , se fora esa vosa elección.
|
|
|
|
|
|