O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Comeza un novo curso



Despois desta paréntese, de novo na blogosfera con todos vos. Comeza un novo curso e con él novos sonos, novas ilusións... Todo un desafío para os que temos como tarefa transmitir valores, coñecementos, actitudes e procedementos ás novas xeracións de rapaces-as.

Algúns xa vímonos nos primeiros días de Setembro, e dende entón o profesorado do centro e o equipo directivo estamos traballando na organización e planificación do mesmo. Este ano temos algunhas novidades: a entrada en vigor da polémica materia chamada Educación para a Cidadanía, novas asignaturas (Antropoloxía, Ciencias para o mundo Contemporáneo, Tecnoloxías da información e comunicación) e reformas nos espazos do "insti"

Dende aquí enviamos ós que hoxe están nas P.A.A.U. toda a forza e o ánimo do mundo. Confiade nas vosas capacidades porque estades ben preparados.

UNHA APERTA


Escribe o teu comentario (5) - Categoría: Saúdos - Publicado o 17-09-2008 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons