Todo pasa e todo queda
pero o noso é pasar
pasar facendo camiños
camiños sobre o mar
Machado, Campos de Castilla
Neste curso que xa está a rematar, @s alumn@s de Antropoloxía de 1º de Bacharelato, fomos os encargados de elaborar os artigos do blog. Dende o comezo tíñamos una meta moi importante, chegar ó nivel dos antigos redactores. Non sabemos se o conseguimos ou non. Iso queda ó voso criterio.
Animámosvos a escoller esta materia optativa de ANTROPOLOXÍA para o ano que ven. Nela apréndese moito sobre a orixe da humanidade, coñécense outras culturas e outros modos de vivir e pensar.
Agora deixámosvos cunhas secuencias que recollen algúns momentos do noso trabajo no taller de informática.
Imaxes: O Clube das ideas
Música: O bruxo da montaña. Milladoiro
Agora que xa estamos na recta final,
despedímonos de todos os que nos acompañástedes
cun agarimoso SAÚDO.