Sinto a necesidade de transmitirvos estas reflexións que vou facer, pois non poden quedar só na miña conciencia, ten que ser compartidas coa intención de facer entre todos unha reflexión mais amplia.
As sociedades actuais ao meu parecer están moi mal estructuradas, os intereses persoais e o diñeiro xogan un protagonismo esaxerado, e os valores èticos e filosóficos quedan esquecidos. Estou seguro que moita xente sería capaz de cometer atrocidades por unha recompensa económica sen palpebrar. A necesidade é algo malo, pero é peor o exceso de
ambición e a avaricia.
Estamos nuns anos de crise, pero lonxe de preocuparnos pola economía, por que non nos preocupamos polo noso futuro? Por que non nos preocupamos das novas xeracións?.
Ultimamente, estou a ver, que moitos mozos xa nacen sen valores,e, se nacen con eles, os deixan a un lado enseguida, pois asumiron que os cartos é o mais importante, o que implica que o diñeiro convértese nunha especie de medidor social. A min paréceme moi triste que nos estemos a preocupar da cor dos partidos que nos vaian gobernar e non dos valores que defenden. Pois as novas xeracións poden ser educadas tanto se gobernan os azuis,os laranxas, os verdes ou os amarelos.
Tamen hai que falar que na miña vida vin que a
hipocresía e a falsedade chegara a un punto no que todo o que vemos ou deixamos de ver na política ou noutros ámbitos do mundo, é hipocresía pura, tanto no ámbito local, coma no autonómico, o estatal e hasta o mundial. Persoalmente, teño medo dos mandatarios que están a gobernar no mundo, pois, desgraciadamente, nesta sociedade somos uns monicreques que bailan ao seu son.
A modo de reflexión persoal, cheguei á conclusión de que vivimos nun mundo de apariencias, non buscamos ensinar a nosa realidade, seno ensinar o que temos, as nosas posesións, a nosa felicidade, creando unha irrealidade na que, se non andamos con ollo podemos quedar afundidos nela.
Non quero dicir que os cartos non sexan importantes, tampouco quero dicir que nunca houbese hipocresía, pero ultimamente está chegando a un nivel no que a bondade e a boa vontade vese mermada polos
contravalores que nos fan comportarnos coma aves carroñeiras.
Esta visión da sociedade pode parecer moi pesimista, pero, lonxe de ser só una das miñas visions negativistas do mundo, é a realidade, e, sinceramente, espero que algún día esta situación poida revertirse e a sociedade poda mellorar.