O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Rematamos o curso 2015-16
O final do curso achégase e con el o final desta materia para nós. Como proba do noso paso por ela quedan os traballos, os artigos e a lembranza da excursión ao Parlamento.

Esta materia mestura diferentes campos de interese para nós (Ética, Filosofía, Antropoloxía, Dereito, Política, etc.). Gozamos dos diferentes debates que tivemos na aula, que nos aportaron diferentes puntos de vista dun mesmo tema.

É unha materia con moito traballo práctico que mellora as relacións entre os alumnos, a escritura e a habilidade para falar en público. Se estades cursando 1º de Bach, animámosvos a escoller Ética e Filosofía de Dereito no próximo curso. É unha materia interesante e das mais amenas entre todas as de 2º de Bacharelato.


Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 10-05-2016 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Entre touros e cabalos
Cando se lle pregunta a un extranxeiro polo símbolo que mellor representa a España, por normal xeneral, fan referencia aos touros. Bravo, salvaxe, perigoso, forte e violento son os distintos adxectivos que se lle atribúen a este animal na nosa sociedade.
Para algúns é un campión digno, para outros é unha vítima incomprendida. Millóns de opinións, miles de persoas e centos de festas. Só dous bandos. Unha única pregunta: Vivo ou morto?

Anualmente cada segundo martes de setembro en Valladolid, concretamente en Tordesillas, ocorre unha das tradicións máis valoradas e coñecidas do noso país: O Touro da Veiga.



Consiste en liberar ao animal polas rúas do pobo ata chegar a campo aberto. Unha vez alí, touro e lancero disputan unha loita física onde, a maior parte das veces, o hastado morre desangrado por mor dos cortes que lle propinan os alí presentes.
No caso de que este exceda os límites do torneo, será indultado e gozará dunha vida de semental cos da súa especie, ata que morra de vello.
As normas do evento son moi estritas e prohiben calquera tipo de vehículo motorizado. Así que os afeccionados van a pé ou a cabalo.

Para saber a orixe do Touro da Veiga hai que remontarse á época medieval. Algunhas fontes afirman que todo comezou en 1355 a modo de festexo cando naceu Isabel, filla do rei Pedro I.
Xa no ano 1966, Francisco Franco prohibiu o rejoneo do touro (toureo a cabalo) para darlle morte en campo aberto. Pero en 1970 viuse obrigado a autorizalo novamente por presión dos afeccionados. Dende entón seguiu representándose todos os anos ata a actualidade.
A día de hoxe, a lei española recoñece que todos somos iguais e todos temos os mesmos dereitos. Entón pregunto, por que algúns teñen permiso para mutilar e matar animais en público e outros non? Legalmente só existen dúas posibles solucións: ou se prohibe ou se autoriza o maltrato animal en toda España.
Baseándonos nisto, existen posturas a favor e en contra do tema: O Partido Animalista PACMA, que arrasa nas redes sociais, é un proxecto en defensa de todos os animais. Maniféstase dende hai 10 anos en contra do Touro da Veiga con numerosas protestas, manifestacións e chamamentos aos partidos políticos. A súa intención é abolir este "bochornoso espectáculo de crueldade, sufrimento e morte."
A súa campaña deste ano en contra dos malos tratos animais, apoiada por numerosos famosos, chámase: 'EU ROMPO UNHA LANZA POLO TOURO DA VEIGA.'


Segundo os animalistas, as persoas taurinas son seres insensibles, intolerantes, maleducados, irrespetuosos, analfabetos e asasinos.

É posible xeneralizar neste caso?
Considérase taurina a toda aquela persoa que apoia ou goza das festas caracterizadas coa morte do touro, por exemplo o toureo das prazas. Pablo Fermoso de Mendoza, experto na tauromaquia e especialista na arte do toureo a cabalo, é considerado un dos mellores rejoneadores do mundo.E quen mellor que el para explicar que se sente ao xogarse a vida diante dun bovino de 500kg?
(Recomendable ver o vídeo a partir do minuto 9.)
https://www.youtube.com/watch?v=6PQJ6GvGjDY

Se observamos a tauromaquia en profundidade, descubriremos que existen uns "actores secundarios" nos que pouca xente repara: os cabalos. Monturas pesadas e incómodas, espuelas/esporas afiadas, bocados agresivos e daniños para a sensible boca do cabalo (coñecidos como 'bocados vaqueiros'), serretas (instrumentos que se lle colocan no nariz que dificultan a respiración e provocan feridas para obter submisión), ferraduras, continua tensión, medo, etc.





Espora
Serretas








Bocados Vaqueros
Montura Vaquera

O cabalo por natureza ten instinto de presa e en ningún momento vai querer entrar en conflito cun depredador por vontade propia, neste caso, o hastado.
Pero, quen somos nós, os galegos, para criticar e xulgar o trato que se lle dá aos equinos? Xustamente nós, os de Rapas dás Bestas.



Candaoso, Mougás, Sabucedo, Domaio ou San Cibrán. Definitivamente ningunha provincia galega escapa desta tradición. É curioso como un gran público turístico achégase cada ano ás nosas terras para ver centos de cabalos semisalvaxes comprimidos como sardiñas enlatadas nos curros, á espera de ser desparasitados mediante a forza humana.




Tiróns de crines e cola, ataduras en extremidades, dificultade da respiración por acción humana mediante presión, separación de potrillos e nais, enfrontamentos entre mandas,...
De verdade temos o cerebro tan pouco evolucionado como para seguir usando as mesmas técnicas que os nosos devanceiros?
Non era que máis vale maña que forza?
Ás veces chámaselle animal ao ser vivo equivocado.
Touros, cabalos, cans, raposos ou crocodilos; todos eles usados polos caprichos dos seres humanos.
E para terminar, unha reflexión da miña colleita:

Quen busca a paz entre irmáns
nunca a vai atopar,
pois primeiro deben respectar
ao ser que chaman animal.



(Artigo de Uxía Blanco)


Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 03-05-2016 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons