O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A Terra, elemento primordial.

O elemento terra, xunto coa auga, lume e aire, é un dos catro elementos das cosmogonias tradicionais en Occidente e está presente en todas as relixións e os seus rituais, na filosofía, alquimia e astroloxía . É considerado pasivo e feminino, como o elemento auga, en relación ao aire e lume, activo e masculino.

Empédocles de Agrigento foi un filósofo grego e demócrata político. Cando perdeu as eleccións foi proscrito e dedicouse á filosofía. El postulou a teoría das catro raíces, que Aristóteles máis tarde chamaría elementos, recollendo a auga de Tales, lume de Heráclito, aire e terra de Anaxímenes e Xenófanes que son mesturados en diferentes entidades no resto da natureza (physis).

Nas cosmogonias antigas o simbolismo da terra e o ceo xogan un papel fundamental. O ceo (activo) para fertilizar a terra (principio pasivo) deu existencia á Natureza. Neste proceso, a terra asume o papel do elemento feminino, receptivo e acolledor: Terra Nai, Señora da Natureza ou Deusa-nai. Para os pobos Neolíticos é a matriz universal.

Outro aspecto do elemento terra está relacionado cos ritos de enterro, no sentido da reintegración no seno da nai. Os Sioux, por exemplo, distinguen dous aspectos nunha simple frase: "A Terra é a súa avoa e nai".

A Terra tamén é un planeta do sistema solar que xira en torno a súa estrela na terceira órbita máis interna. Ela é a máis densa e é un dos oito planetas do Sistema Solar.

(Artigo de Juan Junior Comesaña).




Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 05-05-2013 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons