O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Cara o próximo curso...




Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 29-05-2012 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
A moral nietzscheana
Friedrich Nietzsche (1844-1900) filósofo, poeta, músico, filólogo alemán e un dos pensadores modernos máis influentes no século XX. Realizou unha crítica exhaustiva da cultura, a relixión e a filosofía occidental. Destacan obras tales coma Máis alá do ben e do mal (1886) e A xenealoxía da moral (1887).

A moral tradicional é dogmática concede ós valores unha existencia obxectiva e esquece que dependen de nós, considera tamén que son inmutables e teñen valor universal. Nietzsche critica esta concepción da moralidade.
Os valores morais non teñen unha existencia obxectiva, non existe un ámbito no que se atopen coma realidades independentes das persoas. Os valores créanos as persoas, nós os creamos e existen porque os interiorizamos.
Asímesmo, a moral tradicional creu que tódalas leis morais valen para todos os homes e mulleres e se realmente existisen nun mundo verdadeiro e obxectivo poderíamos pensar na súa universalidade, pero este mundo non existe, polo que os valores créanse e por iso cambian ao longo do tempo. Na Xenealoxía da moral analiza a súa orixe e fai unha distinción entre dúas morais: a dos señores e a dos escravos.

- A moral dos señores é aquela na que todo o que é bo é o que eleva ao individuo, todo canto leva a afirmar a vida; bo é o mesmo que nobre, poderoso, fermoso e feliz.

- A moral dos escravos: esta moral é a do rabaño e a mediocridade, unha moral que se basea no instinto de vinganza contra entes superiores. É a moral que perpetuou o cristianismo e asumen as democracias que quere igualar a todas as persoas e glorifica todo aquilo que fai soportable a vida aos débiles. Nesta moral o bo e igual a pobre, feo e enfermo.

Para Nietzsche a moral orixinal foi a dos señores e está na base da cultura occidental, a rebelión dos escravos produciu a inversión dos valores morais. Tanto a Moral como o Dereito naceron para disciplinar á humanidade, certos instintos humanos necesitaban ser reprimidos e castigados, inténtase así facer do home un ser sociable suxeito ás regras, e facelo igual entre os seus iguais. Nietzsche afirma que a fe (relixión) e a autoridade (estado) son as fontes da conciencia, e o dereito é un instrumento punitivo ó servizo dos estados.


Nunca tedes oido falar daquel home tolo que, cunha linterna acesa,
na claridade do mediodía, ía correndo pola praza e berraba: "busco a Deus"?
¿E que precisamente arrincou unha gran gargallada dos que alí estaban reunidos e non crían en Deus?.
É que se perdeu?, dicia un.
Extraviouse coma un neno?, dicía outro, ou é que se agochou?.
Ten medo de nós?. Emigrou?, así berraban rindo uns con outros.
O home tolo saltou no medio deles e tradeounos coas súas miradas. "A onde se foi?" -exclamou-, vóuvolo dicir. Matámolo nós. Vós e eu

(A Gaia ciencia, III, 125)


O pensamento deste autor é actualidade, recentemente o cineasta húngaro Béla Tarr recrea unha fermosa e impecable lección nietzscheana na súa película O cabalo de Turín. Alí, nunha atmosfera triste e misteriosa aparece un monólogo apocalíptico, relacionado directamente co Zaratustra. Tamén a editorial Herder publicou o primeiro manga filosófico adicado a este autor. A lectura deste filósofo segue sendo unha fonte inesgotable de intuicións vitais, subversivas e perigosas.

(Artigo de Sara Da Silva)

Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 15-05-2012 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
As linguas do mundo
A extinción das linguas é un dos graves problemas deste século, ademais parece irreversible. Se a isto lle engadimos o feito de que os falantes non adoitan darse conta de que a súa lingua esta morrendo, parece evidente que temos que encontrar unha solución que impulse a protección da riqueza lingüística mundial, por exemplo salvando ás máis débiles e creando fórmulas que eviten xerarquizacións entre estas. As linguas e culturas son iguais en dignidade aínda que haxa diferenzas nos seus aspectos demográficos, políticos ou económicos. Tal vez valla a pena pensar qué experiencias puido ter alguén que se nega a transmitir a súa propia lingua ou pensar ata que punto foi humillado para que crea que a súa lingua non serve para nada.

Para tentar explicar a situación de conflito entre as linguas hoxe en día é necesario explicar previamente os motivos polos cales unhas desaparecen e outras se expanden dando así lugar a unha situación de desigualdade e conflitividade cada vez maior. Dise que ao redor de dous idiomas se perden cada mes e que soamente o 5% das linguas faladas incluen ao 95% da poboación mundial. Existen 6.800 maneiras de comunicarnos, esta é a cifra das linguas no mundo actualmente e, desgraciadamente, van descendendo. Culturalmente falando estámonos a enfrontar a un perigo da sociedade contemporánea, a globalización.


A globalización é un constante crecemento dos ámbitos culturais, económicos e sociais a grande escala, isto xera unha maior interdependencia dos distintos países do mundo entre eles. O relacionado coas linguas deriva do gran mercado mundial xerado, mercados que precisan establecer redes comerciais con paises lonxanos, isto implica que para contar cunha maior comodidade á hora de comunicarse, negociar e comercializar, se empreguen unhas poucas linguas comúns a todos, como o inglés (no pasado o latín desempeñou unha función similar ó longo da Idade media e máis aló do século XVII) Denominaremos a estas linguas, linguas internacionais.

Podemos facer unha comparación da situación mundial con Galicia e España. O galego, lingua nativa no territorio de Galicia, é desprazada polo castelán, lingua foránea respaldada por un poder político-económico, sendo esta usada en ámbitos sociais máis trascendentais (administración, ámbitos formais, entre clases dominantes) quedando o galego empregado para usos de menor prominencia (ámbitos rurais, domésticos e non formais), converténdose así, nunha lingua minorizada.

Cabe destacar que máis da metade das 6.800 linguas faladas actualmente no mundo están ameazadas , e en aproximadamente 100 anos estímase que o 95% delas estarán en perigo de extinción. Tras coñecer estes reveladores datos e aproximacións vemos necesario o chamamento a tomar medidas urxentes.

Podemos atopar medidas de preservación das linguas nativas en programas de radio, televisión.. buscando a difusión destas. Desde esta perspectiva parecen visibles a creación de espazos de ensinanza, difusión e fortalecemento das linguas minoritarias e minorizadas. Tan importante debería ser a ensinanza de calquera lingua secundaria coma a do francés ou inglés.

O Estado debe comprometerse a garantizar o recoñecemento, protección, promoción e desenvolvemento dos dereitos lingüísticos e evitar, por suposto, a máis mínima discriminación das linguas oficiais en calquera ámbito.

Fai click neste enlace,
entra como convidado na Aula Virtual do noso instituto
e xoga con nós.


(Artigo de Antón Gómez Morado)

Escribe o teu comentario (5) - Categoría: Actualidade - Publicado o 04-05-2012 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons