O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

De súbdito á cidadán.



"Cidadán é aquela persoa que forma parte dunha cidade, na medida que participa do poder soberano (doutro xeito, só sería un súbdito) e está sometido ó mesmo (pola contra sería un rei). Poden existir cidades sen democracia. Pero non cidades sen cidadáns".

Comte Sponville; Diccionario Filosófico.



Acadar a condición de cidadán/á levou moito tempo. O desenvolvemento deste concepto é parello á conquista da igualdade e das liberdades individuais, aínda así non é unha conquista xeneralizada na maioría dos estados.

A diferenza máis importante entre unha persoa que acadou a categoría de cidadán doutra que non a ten é a súa participación no poder da "polis". O cidadán non é súbdito de ninguén, só das leis. Ainda que a democracia representativa non teña a forza orixinaria da democracia directa, na actualidade, a pesar de ser defectuosa, é o sistema de goberno máis vantaxoso.

A sociedade civil ten nas súas mans unhas posibilidades de expresión, actuación e compromiso que deben ser aproveitadas, pois ser cidadán polo feito de pagar impostos e ir unha vez cada catro anos a votar a uns representantes como fixemos o pasado 22 de maio, é un exercicio democrático pobre e insuficiente. Xunto ó civismo pasivo cabería un civismo activo: un civismo de participación e de compromiso, de acción, como amosan as concentracións celebradas neste mes de maio en moitas cidades do noso país.





DEMOCRACIA REAL, XA!


(Artigo publicado polo Clube das ideas)

Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 27-05-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Indignez Vous!!
O mundo que temos hoxe,
pese á riqueza e á abundancia existentes
é un planeta moito máis inxusto cada día. Hessel sinala como causas deste deterioro a ditadura dos mercados e a ausencia de regulación dos sistemas de financiamento que eliminaron os valores éticos máis xenuinos.



O 20 de outubro de 1917, nace en Berlín Stéphane Hessel autor do libro Indignez vous. Sete anos despois a súa familia estableceuse en París. Con nacionalidade francesa desde 1937 foi un dos primeiros seguidores de Charles De Gaulle. Sendo membro da Resistencia francesa, foi capturado pola Xestapo en 1944 e deportado a Buchenwald para ser executado alí, con todo dous días antes conseguiu escapar ao destino cambiando a súa identidade pola dun defunto.

Anos despois, ingresou nas Nacións Unidas sendo un dos redactores da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Declárase partidario da insurrección pacífica, contra os medios de comunicación dependentes do diñeiro e do poder por fomentar nos cidadáns o consumo, o rexeitamento á humildade, á cultura e á competencia entre uns e outros.


A edición castelá do seu manifesto está prologada por José Luís Sampedro, escritor e economista habituado a lanzar os seus dardos contra o capitalismo e o omnisciente poder do diñeiro.

Hessel dirixe este escrito especialmente á xuventude á que anima a levantarse e mobilizarse contra a situación actual. Aínda que no seu manifesto fai unha análise moi escura da situación económica e política mundial, lanza unha mensaxe de esperanza cara á xuventude, a quen considera depositaria dunha gran capacidade de mobilización e resistencia ante o poder.
En Indignez vous! Hessel anima os lectores precisamente a iso, a enfadarse, indignarse e ofrece unha similitude entre a situación actual e a ocupación nazi de Francia. Daquela, a indignación foi ou motor que animou a toda unha xeración a loitar contra a ocupación do seu país.

Enlaces de interese:
Democracia real, Ya.
facebook.com
Buscade e atoparedes,
collede a remuda,
indignádevos!


(Artigo de Yago Casal)
Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Actualidade - Publicado o 11-05-2011 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Crúzate con nós.
Horizontais

7. Público ao que vai dirixida a obra de Lois Pereiro.
8. Pola súa estética e temática, pódese dicir que este autor converteuse nun autor de...
9. A súa obra ademais de vangardista, é...
10. O día das Letras Galegas converteráo nun autor...

Verticais

1. Causa da súa morte.
2. Nome da revista na que participou.
3. Enfermidade que causou a súa morte.
4. Xénero literario que cultivou por excelencia.
5. Comunidade onde comezou a súa traxectoria literaria.
6. Xunto con Lois Pereiro, apelido doutro dos autores máis homenaxeados no Día das Letras Galegas.
8. Século ao que pertence a súa produción literaria.
9. Número de poemarios que publicou en vida.

(Artigo de Carla Iglesias e Patricia Veiga)
Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Crúzate con nós. - Publicado o 09-05-2011 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Apagha a lus
Ímosvos presentar APAGHA A LUS, isto é, unha revista feita exclusivamente por alumnos do centro, e na que participan algúns mestres tanto na redacción coma nos artigos, xa sexan en forma de entrevista, narrativa ou artigos de opinión.

Funny Pictures


Inclúe temas relacionados coa adolescencia, ese duro período polo que todos temos que pasar. Outros son de carácter educativo e de actualidade: música, críticas, redes sociais, deportes, amores adolescentes, etc. A meirande parte dos artigos publicados son orixinais e cun compoñente crítico moi interesante, mostra opinións moi variadas e de grande interese xuvenil.

Conta cun apartado especial para o nivel de 2º de Bacharelato, neste caso as notas medias de corte da selectividade para poder acceder á Universidade, clasificadas por carreiras, aínda que tamén inclúe os Graos para aquelas persoas que non están interesadas en facer unha diplomatura ou licenciatura.

Contén unha serie de historias e relatos para entreter as vosas mentes, para facer voar esa imaxinación que todos algún día tivemos pero que deixamos atrás para afrontar aquel gran paso do crecemento e da maduración, xa que a imaxinación é considerada como cousa de nenos. Pois eles, como persoas adultas xa, xogan a facer voar a vosa imaxinación, a facervos rir coas súas historias e anécdotas e sobretodo facervos pasar un bo anaco lendo e aprendendo con eles.
Aínda que parece non ser unha revista de todo libre, pois ao pasar por unha selección moitos artigos quedan atrás, coma o artigo "O profesor máis atractivo do instituto", no que os enquisados eran os alumnos, pois.... foi censurado. Alguén considerou que era mellor non incluílo. pero.... non estamos acaso nun país libre no que a libre expresión é sinal de identidade da nosa democracia?.


Parabéns a tod@s aqueles compañeir@s que a fixeron posible!!


Se queredes opinar sobre o seu contido,
enviade un comentario.



(Artigo de O Clube das ideas)

Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 02-05-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons