Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Coñecendo outros costumes |
|
Reproducimos de seguido
un texto de Marvin Harris,
antropólogo estadounidense
que desenvolveu o materialismo cultural e autor da obra titulada
Vacas, cerdos, guerras e bruxas.
"O centro mundial do amor aos porcos localízase en Nova Guinea e nas illas Melanesias do sur do Pacífico. Para as tribos horticultoras desta rexión que residen en aldeas, os porcos son animais sagrados que se sacrifican para os antepasados e cómense en ocasións importantes, como vodas e funerais. En moitas tribos débense sacrificar porcos para declarar a guerra e facer a paz. A xente da tribo cre que os seus antepasados defuntos ansían a carne de porco. A fame de carne de porco é tan irresistible entre os vivos e os mortos que de cando en vez organizanse festíns grandiosos e cómense case todos os porcos da tribo dunha soa vez. Durante varios días seguidos, os aldeáns e os seus convidados comen grandes cantidades de carne de porco, vomitando o que non poden dixerir para volver inxerir máis. Cando todo remata, o rabaño de porcos quedou tan mermado que se precisan anos de rigorosa frugalidade para recompoñelo. Así que se conseguiu iso, realizanse os preparativos para unha nova e pantagruelica orxía. E así volve comezar o estraño ciclo causado pola aparente mala administración".
A diversidade de pobos
que habitan o noso planeta
fai que os costumes entre nós
sexan tamén plurais.
E estas son outras.
Podemos facer unha comparanza....
¿Algún comentario ó respecto?
|
|
|
|
Novoneyra, un día na historia dunha lingua |
|
Dende 1963 a Real Academia Galega celebra o 17 de maio o Dia das Letras Galegas. Foi escollida esta data por ser o día en que Rosalía de Castro editou o seu primeiro libro "Cantares Gallegos" (1863).
Este ano o homenaxeado será Uxío Novoneyra, escritor lucense da comarca do Courel do que se cumple dez anos do seu falecemento. A súa obra máis importante titúlase "Os Eidos", que coma case todos os seus traballos están influidos polas atractivas e atraentes paisaxes da serra da comarca. Pertencía ó grupo Brais-Pinto e era galeguista. Por todas estas actividades a RAG decidiu adicarlle as Letras Galegas deste ano.
Poeta polifacético que deixou plasmada a súa sensibilidade na literatura e máis na plástica dos grabados (como o que figura na cabeceira deste artigo). Emilio Cao musicou algúns dos seus poemas e unha mostra dese traballo é "Cain as follas", poema recollido neste video que publicamos de seguido:
(Artigo de Laura, Xavi e Iris)
|
|
|
|
Wind of change (Scorpions) |
|
The word is closing in
did you ever think
that we could be so close, like brothers.
The future´s in the air
I can feel it everywhere
blowing with the wind of change
Take me to the magic of the moment
On a glory night
Where the children of tomorrow dream away
in the wind of change.
|
|
|
|
|
|