Pero, ata qué punto é respectado este dereito na actualidade?. As veces os medios de comunicación denuncian casos de torturas e abusos de autoridade por parte de certos gobernos. A tortura é todo acto polo que se infrinxe intencionadamente a unha persoa dores ou sufrimentos graves, sexan físicos ou mentais, co fin de obter dela ou dun terceiro información ou unha confesión, de castigala por un acto que cometera ou que se sospeite que cometera, de intimidar ou coaccionar a esa persoa ou a outras, ou por calquera outra razón baseada nalgún tipo de discriminación. Algúns exemplos desto podería darse nun interrogatorio no que as autoridades excenden o seu poder, maltrato exercido a unha muller, tanto físico como moral ou a un rapaz ao que maltratan na súa infancia...

Un informe de
Amnistía Internacional alerta de que a tortura segue sendo unha práctica habitual en moitos países. Algúns destes fomentan os malos tratos e permiten ás súas forzas de seguridade excederse co emprego da forza. Incluso España, que tamén recibiu denuncias por malos tratos dentro das súas fronteiras, feito que leva sucedendo dende miles de anos, comezando coas torturas propias da Inquisición que eran moito máis crueis (a crucifixión, o desmenbramento por cabalos, o desgarrador de senos...)
Na actualidade, máis de cen países seguen exercendo a súa autoridade mediante prácticas de tortura ou incluso coa pena de morte, en casos extremos.
Pero é este un modo de solucionar a violencia ou só serve para fomentala? Debemos ser conscientes de que no momento no que exercemos un poder sobre unha persoa, estámos responsabilizándonos do que lle ocorra. Deste xeito, ao condenar a alguén a sufrir torturas extremas ou penas de morte estamos sendo responsables dos posibles erros que podan xurdir. Temos que ter en conta que é algo irreversible e que nunca, ou en casos excepcionais unicamente, teremos a certeza de que alguén é culpable, de modo que non hai opción a equivocarse.
Unha persoa pode cometer actos que fagan que non sexa merecedora de ese calificativo pero, o feito de levar a cabo algo tan inhumano como é o de librarlle a alguén do seu propio dereito á vida, é denigrante. Cando un home ou muller comete un crime ou algo polo que mereza ser realmente castigado, a solución debe ser a de condenalo e tratalo do xeito máis rudo posible, ao igual que este fixo anteriormente. Pero a resposta a este tipo de accións non debe ser nunca a da violencia. De ningún modo a decapitación, o aforcamento, inxeccións letais ou armas de fogo van ser a solución para algún tipo de conflito.
Referímonos á meirande parte da nosa sociedade como persoas racionais, cun mínimo de cordura que quizais, en ocasións, esquecemos que posuemos. Resolver un problema creando outro tamén supón unha carencia de lóxica. Nestes casos, o único que faríamos sería sobrepor a nosa vinganza, fronte a cordura.