O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A Revoluçao dos Cravos
Un día coma hoxe, no país veciño produciuse un levantamento militar denominado Revolución dos Caraveis (Revoluçao dos Cravos, en portugés)

O levantamento conducido por oficiais intermedios da xerarquía militar foi inmediatamente apoiado polo pobo, que saíu á rúa e repartiu caraveis ós soldados e estes puxéronos nos canóns das súas armas.

Ás 0.20 daquel 25 de abril, no programa Límite de Radio Renascença emitiuse a canción Grândola, Vila morena -que estaba prohibida polo réxime-, era a última sinal para dar comezo ao movemento revolucionario que derrotaría a ditadura.



De que ano estamos a falar?

Como se chamaba o dictador que foi derrocado?

Quen foi o compositor de Grândola, Vila morena?)

Que réxime político tíñamos daquela en España?

Coñeces outras revolucións que puxeran fin a rexímenes dictatoriais?

Que papel xogan as revolucións sociais na historia?



(Artigo de O clube das ideas)

Escribe o teu comentario (4) - Categoría: Actualidade - Publicado o 25-04-2015 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Selectividade 2015
Noso actual sistema educativo establece que poderán acceder ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do sistema universitario de Galicia as persoas que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

Ter superada a proba de acceso á universidade (PAU), para aqueles que se atopen en posesión do título de bacharelato ou equivalente; ou segundo normativas anteriores, os que estén en posesión de calquera dos títulos e certificados que se indican a continuación: título de bacharelato/ Certificado superado acreditativo de ter o curso de orientación universitaria / Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario/ Calquer outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente ao título de bacharelato.

As notas de corte varían segundo o número de prazas e as solicitudes, sendo distintas dependendo do grao, a universidade e o ano. Por este motivo, é imposible saber cal serán as notas de corte para o curso 2015-16, aínda que é posible realizar unha estimación mirando as notas de corte de anos anteriores. Por iso, reunimos algúns datos que che poden interesar: para o presente curso, a nota de corte máis alta rexistrouse no dobre grao en Matemáticas-Física da Universidade Complutense de Madrid (UCM) con 13,04 puntos. A carreira máis solicitada en España en conxunto foi Medicina, que, que adoita rexistrar notas de cortes altas en todo o país. A nota de corte máis alta de Medicina rexistrouse na Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) e a máis baixa na Universidade Lleida (UdL).

Na actualidade a Selectividade divídese en dúas fases:

.Fase Xeral: Obrigatoria para todos os alumnos. Componse de 4 exames.
.Fase Específica: Opcional. Componse dun máximo de 4 exames.

O primeiro exame consiste nun comentario dun texto, relacionado con contidos da materia de Lingua Castelá e Literatura. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que o estudante deberá elixir unha.

O segundo exame é Historia da Filosofía ou Historia de España, á elección do alumno, (nalgunhas comunidades autónomas existen outras alternativos como Ciencias para o Mundo Contemporáneo e Filosofía e Cidadanía ).

O terceiro exame é de Lingua Estranxeira, xeralmente Inglés, que ten como obxectivo avaliar a comprensión e expresión oral e escrita. Se o prefire, o alumno tamén ten a opción de escoller outros idiomas como francés, alemán, italiano, etc.

O cuarto exame corresponde a unha materia de modalidade de segundo de bacharelato elixida polo alumno.

Unha das decisións máis importantes que has de tomar cando se trata da Selectividade consiste en seleccionar as materias ás que te vas presentar durante as probas de acceso á universidade. Así mesmo, recomendámosche que empeces por formularche algunhas destas preguntas:


Interésame a materia?

Encaixa coas miñas ambicións futuras?

Teño posibilidades de obter unha nota alta na materia?



Se a túa resposta a estas 3 preguntas é positiva, saberás que estás a tomar a decisión axeitada.



Horarios das probas de acceso a universade

Así, o día 10 de xuño os alumnos examinaranse de 09.30 a 11.00 horas de Castelán e de 11.45 a 13.15 de Historia da Filosofía/Historia de España.
Pola tarde, terán lugar as probas de Lingua Galega e Literatura de 16:00 a 17:30. Finalmente, de 18:15 a 19:45 Lingua Estranxeira.

O 11 de xuño os alumnos examinaranse de 9:00 a 10:30 Matemáticas II/Grego II/Técnicas de Expresión Gráfico-Plástica. De 11:15 a 12:45 Ciencias da Terra e Ambientais/Literatura Universal/Deseño. De 13:30 a 15:00 Química/Latín/Debuxo Artístico. Pola tarde, 16:30 a 18:00 Bioloxía/Historia da Arte. De 18:45 a 20:15 Electrotécnia/Matemáticas Aplicadas as Ciencias Sociais/Artes Escénicas.

O día 12 de xuño os alumnos examinaranse de 9:00 a 10:30 Física/Xeografía/Análise Musical. De 11:15 a 12:45 Tecnoloxía Industrial/Economía da Empresa. De 13:30 a 15:00 Debuxo Técnico/Historia da Música e da Danza.

Para máis información: http://ciug.cesga.es/


(Artigo de Saleta Vidal)

Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 14-04-2015 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons