O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Entre o sí e o non (by Laura Molinos)
Neste mundo de hoxe ás veces deixamos a nosa individualidade e mundo interior para centrármonos no exterior e na colectividade. ENTRE O SÍ E O NON reflicte un sentimento como de perda de nós mesmos, de perda da nosa personalidade, dos nosos pensamentos e sentimentos.

Este poema fainos reflexionar sobre quen son eu con respecto ao resto,
e sobretodo quen son eu no fondo para poder facer o mellor para min,
o que de verdade desexo.




(fai clik ó comenzo e deixa que as diapositivas pasen soas)


Idea de Laura Molinos
Letra: Xosé Luís Franco Grande
Música: W. A. Mozart. Piano concerto nº21-Andante


Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Creacións nosas - Publicado o 23-04-2011 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Cen días despois...
Os locais están mais limpos, os médicos afirman que haberá este ano 2000 infartos de miocardio menos, algunhas comunidades autónomas financian xa os tratamentos de deshabituación ó tabaco. A nova lei antitabaco prohibe fumar en todo sitio pechado que vaia ser compartido. Hai excepcións en dous sentidos: espazos cubertos nos que se vai a poder fumar, e outros abertos nos que non.

-¿¿En qué espazos pechados públicos se pode fumar?

1. Só nas habitacións, hostais e establecementos. Nos sitios onde haxa habitacións para fumadores, só se poder fumar nelas: nin en corredores, nin en ascensores, nin en vestíbulos.
2. Nos establecementos psiquiátricos e nas prisións poderánse habilitar zonas para fumar.
3. Nos lugares soó para maiores, como casinos ou salas de festa tampouco, porque hai persoal traballando en neles.
4. Se está nunha empresa, non, porque é un lugar de traballo.
5. Nas festas privadas, como bodas ou bautizos se se fan nun local público non se pode fumar, entre outras causas porque hai personal traballando nel.
6. Nos sitios ao aire libre que estén dentro do recinto dun centro educativo ou sanitario, á entrada dos centros sanitarios e os parques marcados como zonas infantiles.
7. Nas praias pódese (aínda co cívico sexa no, deixalas colillas na arena).
8. Nos estadios e prazas de toros pódese fumar nas zonas ó descubierto, pero non nas partes pechadas.
9. Os aeroportos: só se poderá encender un pitillo nos sitios ó aire libre.

-¿¿Sen excepcións?
Non. Hai unha que serve tamén para espazos ao aire libre públicos: os parques infantís

-¿¿E qué pasa nos espacios ao aire libre dos medios de transporte?
A ley fai unha distinción. En xeral, non se pode fumar, salvo nas cubertas dos barcos. En cambio, se se trata do piso de arriba dun autobús turístico, por exemplo, non se pode fumar, porque é un medio de transporte urbano.

-¿¿Qué lle pasa ó que fuma nun sitio prohibido?
Fumar onde está prohibido considerase unha falta leve. Se se fai de forma aislada, a multa será de ata 30€. Se a conduta se repite tres veces,será unha falta grave, e a multa estará entre os 601 e os 100.000€.

-¿¿E se o xefe ou o dono do bar deixa que se fume?
Tamén ten multas, porque se considera unha falta grave. A multa vai dende 601 a 100.000€.

-¿¿Fumar será máis caro en 2011?
Sí. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou os novos precios: Ducados Rubio custa 3,45€; Desert Gold, 3,30 e Pall Mall New Orleans, 3,40.

-¿¿Qué podo facer se entro nun bar ou discoteca e hai xente fumando?
O responsable de que se cumpra a lei é o dono do local, polo que o primeiro que hai que facer é falar có responsable. Se este non actúa, recharase unha folla de reclamacións e pór unha denuncia na Consellería correspondente; tamén se pode denunciar á Policía Municipal.

(Artigo de Laura González e Iris Piedrahita)


Escribe o teu comentario (6) - Categoría: Actualidade - Publicado o 10-04-2011 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
As miñas memorias de aula
Moitos son os recordos da nosa vida escolar, a maioría deles son bos e outros non tanto, aínda así eses recordos menos agradables rematan converténdose en anécdotas das que aprendemos e melloramos. Éramos uns nenos que non tiñan ningunha preocupación pola vida, e aos que soamente lles interesaba ser felices e pasalo ben.

Lembro o meu primeiro día no colexio, no que era novo e non coñecía a ninguén. Eu era un rapaz moi tímido e o cal lle custaba abrirse á xente. Pero pouco a pouco funme comunicando cos compañeiros sobre todo grazas aos nosos pasatempos nos recreos, nos que estableciamos amizade a través do fútbol, dos tazos de “Pokemon” e cantidade de xogos máis.

Ao longo da nosa vida escolar tivemos moitos profesores, uns mellores e outros peores. Entre os mellores lémbrome por exemplo de Marcos, meu profesor de Educación Física, co que faciamos multitude de deportes e tarefas moi interesantes. Ademais das clases que impartía como profesor tamén me axudaba moito fora do seu horario laboral. En canto aos peores, recordo a Dona Beatriz, unha señora que me deu clase en 5º e 6º de primaria, era moi seria e sempre nos regañaba aos nenos, as nenas tratábanas mellor.

Despois comezou a etapa adolescente no instituto e con todo o que iso leva. Xente mais maior, malas compañas...que queiras ou non sempre inflúen, as veces para ben e outras para mal e tes que tomar decisións coas que vas collendo experiencia e madurez. Os exames, eran unha tortura xa que me poñía moi nervioso e o día anterior o pasaba moi mal ata tal punto de non poder durmir ben pola noite aínda que despois de facelo sentía un gran alivio e satisfación, e unha sensación de liberdade inmensa.


(Artigo de Iago Castillo e Marcos Sarmiento)


Escribe o teu comentario (26) - Categoría: Ensinanza - Publicado o 03-04-2011 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons