Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CRÚZATE CON NÓS |
|
O Dia das Letras Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas destacadas pola súa creación literaria ou pola defensa da lingua galega.
Este ano está dedicado ó poeta XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLAZQUEZ
¡¡Anímate!! xoga con nós e resolve este crucigrama.
1.- Grupo político no que militou Xosé María Álvarez Blázquez na súa xuventude.
2.- Lugar onde faleceu o poeta.
3.- Lugar de nacemento do poeta homenaxeado neste ano.
4.- Nome dun dos académicos que xunto a Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo solicitou á Real Academia Galega en 1963 a celebración do Día das Letras Galegas (o seu apelido é Fernández del Riego).
5.- Estilo no que se inscribe a poesía deste autor.
6.- Nome dunha das primeiras editoriais en galego da que foi cofundador xunto a Luís Viñas.
7.- Nome da escritora á que adicouse a 1ª edición do Día das letras Galegas.
8.- Xénero literario ó que pertence a súa obra Roseira do teu mencer.
9.- Afición á que adicou o autor gran parte do seu tempo.
10.- Nome dun poeta ó que adicouse en 1998 xunto a Martín Códax e Xohán de Cangas o Día das Letras Galegas. Todos eles famosos polas súas cantigas.
|
|
|
|
Un gran estreno ..... |
|
O pasado día 4 de abril recibimos no insti a visita de Rubén, Tamara e Roberto, protagonistas da película Pradolongo, que se estreou o mesmo día nas salas de cine da cidade de Vigo, aínda que fora estreada días antes noutras cidades galegas.
É unha historia en forma de drama querendo alentar á xente xove para que loiten polo que lles gusta. O filme foi grabado en Valdeorras, fala de amor, amizade, os principios dos xoves....
Mirando cara atrás e á vegada cara adiante podemos falar de que é a segunda película que ten éxito dende "Sempre Xonxa".
|
|
|
|
|
|
Vela aqui un exemplo do que podemos facer coas nosas mans: mostrar diversos sentimentos, debuxar, escribir un poema, tocar instrumentos, falar coa linguaxe de signos.....
E como se observa neste video tamén podemos representar animais.
|
|
|
|
|
|