O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A historia das Illas Cies
Na antiguedade foron chamadas Siccae. Dende moi antigo os homes visitaron e habitaron as Illas Cíes. Encontráronse nelas restos arqueolóxicos que datan a presenza humana sobre o 3500 a. C., se ben os restos do primeiro asentamento humano do que tense constancia é un castro de comezos da Idade de Ferro; tamén tense constancia dun asentamento que data da Idade de Bronce (entre o 500 e o 100 a. C.); é un castro situado nas ladeiras do monte Faro.


A Prehistoria das illas está suxeita aos problemas da súa condición insular. Porén, a aparición de restos de útiles atopados, nos permite pensar que o home visitounas dende moi antigo. Non é moi segura a presenza do home durante o Paleolítico, xa que os restos atopados deste periodo nas illas non son costeiros. De todas maneiras foron atopados nas Cíes unha serie de ferramentass líticas complexas de encadrar cronolóxicamente.

Nos momentos finais da Idade de Bronce surxe un novo tipo de poboamento que co seu desenvolvemento dará lugar á cultura máis característica do Noroeste Peninsular:os Castros, poboados nas áreas altas dalgúns montes, aos que dotábase de defensas para protexer pequenos recintos onde instalábanse as cabanas; os seus poboadores dipoñían de utensilios de pedra e dunha cerámica tosca de grosas paredes.
Ó largo do camiño que discorre dende as ruinas do mosteiro na Illa de Faro, pódense atopar abundantes anacos cerámicos deste período. Como expoñente da cultura castreña nas Cíes, atopamos o poboado de "As Hortas". Exténdese pola ladeira que sube dende o pequeno Faro do Principe, ao Faro principal.

No ano 138 a.C., as tribus galaicas toman contacto coas forzas romanas. Hacia o ano 90 A.C., Publio Craso emprende una expedición a Galicia para recoñecer as illas do estaño (as Casitérides), e no ano 60 a.C. Julio Cesar comeza sua campaña guerreira, obrigando aos indíxenas Lusos a baixar do monte Herminio. Os herminios abandonaron as terras altas que separaban a conca do Doiro  e o Miño, dirixíndose a Galicia, chegaron ata á actual Baiona e navegaron ata as Cíes. Ao chegar, César cos seus homes á costa e ver a distancia á que estaban as Cíes, construíron balsas e algúnhas dornas para atracarnas Cíes. Unha vez nelas e ante a abrupta costa da illa Sur, tiveron que atracar na praia de Rodas onde tras unha dura batalla derrotaron ós herminios. Os romanos tiveron que estregarse a fondo para conseguir doblegalos, ata que todo o noroeste penínsular quedou baixo o seu dominio.

Ainda que as invasións suevas foron coñecidas nestas augas, non quedan restos desa época. No século VI, coa proliferación de ordes relixiosas da Idade Media, instaláronse nas Cíes os conventos-eremitorios: San Martiño na Illa Sur e San Estevo na Illa do Medio, sobre cuxas ruinas construíronse o actual Centro de Interpretación, onde aún pódese observar un dos sepulcros antropomorfos que se atoparon alí.
As comunidades relixiosas que a pesar dos ataques normandos instaláronse nestas illas mantiñan un réximen feudal coa poboación, que abandonou o arquipélago a mediados do século XVI, debido á inseguridade que provocaban os ataques piratas de turcos, tunecinos e ingleses. Entre eles atopábase Francis Drake, que ensañouse coa Ría de Vigo e asolou as Cíes.
Por todo iso, este arquipélago foi obxecto de varios planes de fortificación no século XIX, que deron como resultado un almacén de artilería no 1810 no antigo mosteiro de San Estevo, e un Cuartel de Carabineiros e un cárcere próximos á praia da Nosa Señora. Estas instalacións proporcionaron unha maior confianza que promovió a repoboación e a instalación de novas actividades.

Sobre o 1840 instaláronse dúas fábricas de salazón: unha onde ubícase o actual Restaurante de Rodas e outra na Illa Sur.
Desta época data tamén o Faro de Cíes (1852) e unha taberna nas proximidades do Lago, que fora utilizado como viveiro de langostas. A competencia das conserveiras da costa próxima motivó o declive das salazoneiras e no 1900 quedaron reducidas a almacens.

As Cíes mantiveron unha pequena poboación, orixinaria na súa maioría de Cangas, que foi decaendo ata mediados do século XX. A medida que avanzaba o despobamento crecía o interese turístico das clases acomodadas, e a partir dos anos 50 comezou o turismo masivo e fíxose necesaria a protección dos valores naturais deste arquipélago, declarado Parque Natural no 1980.

(Artigo de Goran Alonso Abreu)


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 08-03-2013 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons